Handley Page Hampden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Handley Page Hampden
Handley Page Hampden ExCC 1942.jpg
Hampden I
Tipobombardeiro medio
FabricanteHandley Page
Canadian Associated Aircraft
Deseñado porGustav Lachmann
Primeiro voo21 de xuño de 1936
Introducido1938
Retirado1943
Principais usuariosRoyal Air Force
Real Forza Aérea do Canadá
Aviación Naval Soviética
Real Forza Aérea de Australia
Produción1936 - 1941
Unidades construídas1 430
Handley Page Hampden

O Handley Page Hampden foi un bombardeiro bimotor medio británico da Segunda Guerra Mundial. Orixinouse por un requirimento de 1932 e voou por primeira vez o 21 de xuño de 1936. Entrou en servizo a finais de 1938 e operou de día entre 1939 e 1940, formando o groso dos bombardeos diarios sobre Europa, xunto co Whitley e o Wellington, pero debido á enorme cantidade de baixas quedaría relegado a misións nocturnas a partir de entón. Sería retirado do servizo no comando de bombardeiros a finais de 1942. Era coñecido como a "maleta voante" debido ao estreito espazo para os seus tripulantes.

Deseño e desonvelvemento[editar | editar a fonte]

Handley Page deseñou o Hampden coas mesmas especificacións que o Vickers Wellington (Air Ministry Specification B.9/32) para un bombardeiro diario bimotor. Un prototipo do HP.52 foi pedido e realizou o seu voo de estrea o 21 de xuño de 1936. O primeiro lote de produción de 180 Mk I Hampdens foi fabricado segundo a "Specification 30/36", voando o seu primeiro exemplar o 4 de maio de 1938.

O Mk I tiña unha tripulación de catro persoas: piloto, navegante/bombardeiro, operador de radio e artilleiro traseiro. Concibido como un cazabombardeiro rápido e manobrable, o Hampden tiña unha metralladora fixa de 7.7 mm Vickers K na fuselaxe dianteira. Para evitar o peso de torretas, o Hampden tiña un nariz curvado de plexiglás cunha Vikers K manual, e outras sinxelsa na parte traseira superior do avión e na parte baixa da fuselaxe. A configuración era semellante á introducida nesa época nos bombardeiros medios da Luftwaffe, entre os que destacaba o Dornier Do 17. As metralladoras demostraron ser inaxeitadas para a defensa, polo que en 1940 as armas sinxelas foron substituídas por Vickers K dobres.

O Hampden usaba un deseño de pel tensada reforzada cunha mestura de seccións dobradas e extruídas coa á tendo un único longueiro. A construción realizouse con seccións prefabricadas que despois se unían. A fuselaxe estaba dividida en tres grandes seccións (frontal, central e traseira); a central e a traseira estaban así mesmo divididas noutras dúas. Con este sistema era máis doado equipar as distintas partes por separado, mellor que facelo unha vez o avión estivese montado. De xeito semellante, a á estaban compostas por tres grandes pezas.

Fabricaríanse un total de 1.430 Hampdens: 500 por Handley Page, 770 por English Electric e, durante os ano 1940 e 1941, 160 no Canadá polo consorcio Canadian Associated Aircraft (aínda que algúns foron retidos no Canadá, 84 foron enviados por mar ao Reino Unido).