Saltar ao contido

Hamaca (móbel)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Varias hamacas.

Unha hamaca[1] é un móbel de piscina, terraza, xardín, praia ou cuberta de barco, formado por unha estrutura lixeira e encartábel de ripas de madeira ou ben de tubos de aluminio, e, na súa versión máis moderna e arestora máis habitual, por láminas de plástico branco ou doutra cor, pensado para que unha persoa se poida recostar ou ben sentar para relaxarse. O respaldo tamén pode ser feito dunha soa peza de tea.

Variedades

[editar | editar a fonte]
  • Hamaca con rodas traseiras para facilitar o desprazamento.
  • Hamaca con bandexa auxiliar para colocar vasos ou pratos.
  • Hamaca encartábel para ver a vista ou para tomar unha sesta.
  • Hamaca gravidade cero, que achegan sensación de ingravidez e adóitanse utilizar tanto en ambientes interiores como de exteriores.
  • Hamaca con parasol, moi utilizada para a praia ou piscina durante o verán.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hamaca.