Semidúplex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Half duplex»)

Denomíname semidúplex —en inglés half-duplex— a un modo de envío de información que é bidirecional pero non simultáneo. Isto ten moito que ver por exemplo coas radios, que utilizan este método de comunicación para intercambiar mensaxes, xa que cando se fala por radio o que se fai é mandar unha mensaxe e logo mediante un sinal indícaselle á outra persoa que xa finalizou a transmisión. As dúas persoas non poden transmitir á vez, senón que unha envía mensaxes até indicar que finalizou e a outra persoa xa pode pasar a transmitir. Este proceso coñecémolo ben pola famosa frase de "corto e cambio".

Diferenza entre unha comunicación half-dúplex e outra full-dúplex.

Transmisión semidúplex (topoloxía lóxica Broadcast, estándar Ethernet, tecnoloxía 10Base5)[editar | editar a fonte]

A utilización do semidúplex remóntase ao ano 1980. Estamos ante o primeiro medio utilizado para as interconexións a longa distancia. De aquí xurdiron grupos como o formado por Digital, Intel e Xexox, coñecido coma DIX, que foi o primeiro en implementar Ethernet en base ao estándar IEEE 802.3 orixinal, publicado ese mesmo ano. Pero foi máis tarde cando IEEE estendeu a especificación 802.3 a tres novas comisións coñecidas como 802.3u (Fast Ethernet), 802.3z (Gigabit Ethernet transmitido en fibra óptica) e 802.3ab (Gigabit Ethernet en UTP).

Nesta primeira fase empregouse unha arquitectura que constaba dunha topoloxía tipo bus cun parámetro de temporización que era similar a 10base2 e 10baseT.

A especificación do cable recorrente ao mesmo termo indica a velocidade 10 (Mbps) BASE (banda base ou banda larga) e 5 (500 m para varios dominios de colisión, ou lonxitude máxima do cable). Queda explícito que se utiliza 500 m de cable coaxial groso para o dominio de colisión.

A amplitude da frecuencia no cable coaxial era moi extensa, permitindo percorrer esta distancia, mais isto traía como consecuencia que a largura de banda "do cable" fose menor. Porén, isto non supuña ningunha desvantaxe tomando como feito as prestacións dos computadores da época.

No método de transmisión semidúplex dous PCs non poden transmitir ao mesmo tempo. As tecnoloxías 10base5, 10base2 e 10baseT son compatibles coas tecnoloxías actuais e autonegociables no modo duplo (full duplex) con estas, especialmente 10baseT (par trenzado categoría 3), determinado polo remprazo a switches. Foi este cambio tecnolóxico o que favoreceu que o manexo de tramas se fixera máis rápido.

A temporización está limitada pola lonxitude do cable e o retardo de propagación (que é o tempo que tarda o sinal en percorrer o medio), o retardo dos repetidores, o retardo dos transceptores e entre estacións. Isto tradúcese na suma de delay que hoxe en día se rexe pola regra 5-4-3.

Hoxe en día, o retardo de propagación (medido en Db) forma parte das dez probas que un cable trenzado de cobre debe ter para ser empregado en LANs (full Ethernet, onde os 8 cables transmiten).

Todas as redes baseadas en Ethernet son propensas a ter colisións (non así Token Ring, dedicado a topoloxía tipo anel), agás que se configuren en modo duplo e se poida transmitir e recibir simultaneamente (multiplexación UTP). En modo duplo non existen colisións.

Dezaseis veces é o límite de intentos de colisión para unha trama danada en 100baseTX, aumentando a súa voltaxe e comunicando aos demais medios da colisión, "escoitando e logo transmitindo", rexenerándose a transmisión nunha orde sen prioridades.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]