Hairspray (filme de 2007)
| Hairspray | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Cor
| |||||
|
Formato de imaxe
| |||||
| Autoría | |||||
|
Creador/a
| |||||
|
Director/a
| |||||
|
Compositor/a
| |||||
|
Guionista
| |||||
|
Director/a fotografía
| |||||
|
Editor/a de cine
| |||||
| Temática | |||||
|
Ambientado en
| |||||
|
Baseado en
| |||||
|
Personaxes
Amber Von Tussle (pt)
Link Larkin (en) Wilbur Turnblad (en) Edna Turnblad (en) Corny Collins (en) Seaweed (en) Penny Pingleton (en) Tracy Turnblad (en) | |||||
| Publicación | |||||
|
Data de publicación
| |||||
|
País de orixe
| |||||
|
Produtor/a
| |||||
|
Compañía produtora
| |||||
|
Distribuidor/a
| |||||
|
Recadación
| |||||
|
Formato de distribución
| |||||
|
Puntuación da crítica
81/100 Metacritic (30 de agosto de 2025)
92% Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2024) 7.8/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) | |||||
| Dimensións | |||||
|
Duración
| |||||
| Localizacións | |||||
|
Colección
| |||||
|
Localización rodaxe
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Hairspray é un filme musical romántico de 2007 dirixido por Adam Shankman e baseado no musical de Broadway de 2002 do mesmo título, que á súa vez estaba baseado no filme de John Waters do mesmo título de 1988.
O guión adaptouno Leslie Dixon, recollendo elementos tanto do da película de Walters como do realizado para o musical por Thomas Meehan e Mark O'Donnell. Hairspray incorpora cancións do musical de Broadway escritas por Marc Shaiman e Scott Wittman, así como catro novas composicións de Shaiman/Wittman non presentes no musical.
Estreada con éxito de crítica, Hairspray foi tamén un éxito comercial, logrou o récord de vendas na semana da estrea dun filme musical,[1] que mantivo ata xullo de 2008 ao superalo Mamma Mia![2] e en outubro High School Musical 3: Senior Year.[3] Hairspray converteuse no sétimo filme musical con maior recadación na historia do cinema norteamericano.[2].
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia decorre en Baltimore nos anos 60. Unha moza, Tracy (Nikki Blonsky), soña con bailar no espectáculo de Corny Collins, un programa de baile da televisión local e consegue a súa arela grazas a unha das estrelas do espectáculo, Link (Zac Efron) converténdose nunha estrela, e utilizando a súa fama para falar en nome da causa na que cre, a integración racial, para o que conta coa axuda de súa nai Edna (John Travolta), e seu pai Wilbur (Christopher Walken), a súa mellor amiga Penny Pingleton (Amanda Bynes), a DJ afroamericana, Motormouth Maybelle (Queen Latifah), e mais os fillos de Motormouth, Seaweed (Elijah Kelley) e Little Inés (Taylor Parks). Mais con todo Tracy gaña a rivalidade da anterior estrela do programa, Amber Von Tussle (Brittany Snow), e súa nai, (Michelle Pfeiffer), unha muller manipuladora e racista. A rivalidade é máxima cando Amber e Tracy loitan polo título de Miss Teenage Hairspray 1962.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gray, Brandon (23 de xullo de 2007). Box Office Mojo, ed. "Chuck & Larry Can't Stop Hairspray Sheen". Consultado o 26 de agosto de 2007.
- ↑ 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Musical Movies". Consultado o 2007-08-26.
- ↑ "High School Musical" breaks record. Reuters