Hail to the King é o sexto álbum de estudio da banda americana Avenged Sevenfold, este foi producido por Mike Elizondo. É o primeiro álbum co seu novo batería Arin Ilejay, que se uniu á banda no 2011 para tocar nos concertos e no 2013 xa é recoñecido como membro oficial. Este tamén é o primeiro álbum sen ningunha participación do antigo membro The Rev.
A finais do 2012 a banda declara que comeza a traballar nun novo álbum que será publicado no 2013, este comeza a súa gravación na primeira metade do 2013. En xuño do 2013 anuncian que o sexto álbum de estudio sería publicado o 27 de agosto de 2013, co nome "Hail to the King"[1]. Segundo declaracións da banda, querían facer un álbum de metal clásico, cun son que recorda a bandas coma Black Sabbath ou Led Zeppelin[2].
Todas as letras das cancións foron escritas por M. Shadows agás St. James que foi escrita por Synyster Gates. St James é unha canción que se pode atopar na versión "deluxe" do álbum e é a única do álbum dedicada a The Rev. No álbum a banda transmite unha mensaxe coa canción, relacionándoa coa canción "So Far Away" do álbum Nightmare, esta é a seguinte:
"St. James" é a luz da escuridade de "So Far Away". "St. James" é a celebración do corazón e cor de Jimmy 'The Rev' Sullivan e debe ser escoitada coa túa bebida favorita!