Hayk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Haik»)
Selo onde se ve a Hayk sobre a constelación de Orión.

Hayk (en armenio: Հայկ), tamén coñecido como Hayk Nahapet (Հայկ Նահապետ, Hayk o Xefe tribal) é o lendario patriarca e fundador da nación armenia. A súa historia nárrase na Historia de Armenia atribuída ao historiador Movses Khorenatsi (410 ao 490 d.C.).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do patriarca, Hayk (Հայկ), non é exactamente homófono co nome de Armenia, Hayk’ (Հայք). Con todo, ambos son normalmente asociados coa partícula hay- coa que se autodenominan os armenios (հայ hay) en armenio clásico.

Movses Khorenatsi[editar | editar a fonte]

Segundo o relato de Movses Khorenatsi, Hayk, fillo de Torgoma, é pai de Armaneak mentres vive en Babilonia, pero logo de que o arrogante titán Bel proclamásese rei, Hayk emigra á rexión de Ararat onde se asenta cun grupo dunhas 300 persoas, funda unha vila que bautiza co nome de Haikashen.

No camiño funda tamén outro poboado que deixa a cargo do seu neto Kadmos. Bel envía un dos seus fillos para que o comine a regresar, pero el négase. Bel decide entón marchar contra el ao mando dunha gran forza militar, pero Kadmos prevén a Haik deste movemento. Haik organiza o seu exército ás beiras do lago Van e a arenga dicindo que eles deben vencer e matar a Bel, ou morrer no intento, antes que converterse nos seus escravos.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Movses Khorenatsi indica que a xenealoxía de Haik é:[1]

  • Japheth
  • Gomer
  • Tiras
  • Togarmah

e os seus descendentes

  • Armaneak
  • Aramais
  • Gegham
  • Harma
  • Aram
  • Ara Keghetzi

Vitoria sobre Bel[editar | editar a fonte]

Haik descobre ás tropas de Bel nun paso na montaña (que Movses Khorenatsi sitúa en Dastakert),,[2] comandadas polo propio Bel en persoa. Durante o transcurso da batalla de Dyutsaznamart, preto de Julamerk, ao sueste do lago Van, que tivo lugar o 11 de agosto de 2492 a. C. Hayk mata a Bel mediante un certeiro frechazo, e o seu exército é derrotado. Haik constrúe o castelo de Haikaberd no sitio no que tivo lugarla batalla e establece o pobo de Haikashen na provincia armenia de Taron (hoxe Turquía).

Á rexión onde se desenvolveu a batalla noméaa Haik (Armenia), e ao sitio da batalla, Hayoc’ Jor (Հայոց Ձոր: desfiladeiro dos armenios). Á montaña onde Bel e as súas tropas foron vencidos, Haik a chama Gerezmank. Hayk mandou embalsamar o corpo de Bel e ordenou trasladásello a Hark para ser enterrado nun punto elevado, á vista da súa esposa e fillos.

Mitoloxía comparativa[editar | editar a fonte]

O personaxe matado pola frecha de Haik é coñecido como Bel ou Nimrod. Hayk é tamén o nome da constelación de Orión na tradución armenia da Biblia hebrea. Der Movsessian cre que Haik foi unha "persoa histórica" que logo foi deificada e adorada como Deus Armenicus. Este punto de vista é apoiado por Matikian (mekhitarista de Viena), conecta a Haik con Hay, a autodenominación do pobo armenio, e apoia a súa aseveración nos nomes de Asiria (Assur), Atenas (Atenea) e Roma (Rómulo), cada unha nomeada en honra á súa deidade-heroe particular.

Sostén que Hayk era o deus principal dos armenios, tal como Indra é o da India védica. Igualmente, así como Hayk fuxiu de Babilonia por mor de Bel, a quen logo deu morte, Zeus escapou das montañas do Cáucaso, para regresar logo a Sicilia e disparar fatais frechas contra os seus adversarios titánicos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Movses Khorenatsi: Historia de Armenia 1, 5 (Vehi.net/Istoriya/Armenia)
  2. Razmik Panossian: The Armenians: From Kings and Priests to Merchants and Commissars (páx. 106). Columbia University Press, 2006. ISBN 978-0-231-13926-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]