Hagadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hagadá de Pessach, século XIV

Hagadá (do hebreo הגדה, "narración"), é o texto utilizado para os servizos da noite de Pessach, contendo a lectura da historia da liberación do pobo de Israel de Exipto conforme esta descrito no Éxodo.

Por celebrar esta liberación, o Pessach é a máis importante das festas xudías, e cada xudeu ten por mandato narrar ás futuras xeracións estes feitos. A Hagadá contén a narración desta liberación, as oracións, cánticos e proverbios xudeus que acompañan a esta festividade. En realidade, non existe un só texto de Hagadá: as diversas ramas do xudaísmo teñen as súas variantes, conforme á orientación do rabino específico de cada sinagoga. Tamén corporacións e institucións poden ter o seu texto particular de Hagadá.