Hadrián VII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hadrian the Seventh»)

Hadrián VII
Título orixinalHadrian the Seventh
Autor/aFrederick Rolfe
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialGalicia Irmás Cartoné
Data de pub. 1904
Galicia 2014
FormatoTapas duras
Páxinas424
ISBNISBN 978-84-942570-1-8 (gl)
TraduciónCelia Recarey
editar datos en Wikidata ]

Hadrián VII[1] (en inglés: Hadrian the Seventh) é unha novela de 1904 escrita por Frederick Rolfe, quen a escribiu baixo o pseudónimo "Baron Corvo".[2] A obra máis coñecida de Rolfe, esta novela desenvólvese a partir dun artigo que escribiu no conclave para elixir o sucesor do papa León XIII. O limiar introdúcenos a George Arthur Rose (un dobre transparente do propio Rolfe): un candidato fracasado de sacerdote que renegou da súa vocación por mor das maquinacións da arquitectura eclesiástica da Igrexa católica, e que agora vive só co seu gato amarelo.

Foi traducida ó galego por Celia Recarey[3] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2014.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Hadrián VII. Traducido por Celia Recarey (1ª ed.). Santiago de Compostela: Irmás Cartoné. 2014. ISBN 978-84-942570-1-8 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Symons, A J A (1993). The Quest for Corvo. Quartet. p. 304. ISBN 978-0704301979. 
  3. Irmás Cartoné (ed.). "Hadrián VII, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 11 de abril de 2019.