Hacrobios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hacrobio»)
O cocolitóforo Gephyrocapsa oceanica é un membro de Hacrobia.

Os hacrobios ou Hacrobia é un grupo de organismos que agrupa ás haptófitas e ás criptomónadas (ou criptófitas), que se considera monofilético.[1][2] Os Hacrobia formaban parte de Chromalveolata. Os Hacrobia non están incluídos no supergrupo SAR. Para denominar ao grupo formado polas haptófitas e as criptomónadas propuxéronse varios nomes, o máis usado é Hacrobia (derivado de "ha-" que se refire ás haptófitas, "-cr-" que se refire ás criptomónadas, e "-bia" que significa vida);[1] outra denominación é CCTH (das iniciais de Cryptophyta, Centrohelida, Telonemia e Haptophyta);[3] e outro é "Eukaryomonadae".[4]

Aínda que o grupo se presentou como monofilético, actualmente (ano 2012), non está claro se o grupo é realmente monofilético ou non, e os resultados dos estudos filoxenéticos "dependen a miúdo da selección dos taxons e do conxunto de datos de xenes" estudados.[3] Dous estudos do ano 2012 deron lugar a resultados opostos.[3][5]

Compoñentes do grupo[editar | editar a fonte]

No pasado, as heterocontas, haptófitas, e criptomónadas (ou Cryptophyta) foron nalgunhas clasificacións agrupadas xuntas no grupo das cromistas.[6] Aínda que despois as heterocontas foron separadas, as Cryptophyta e Haptophyta considéranse nalgúns estudos como moi emparentadas [7][8] (e ás veces faise referencia a elas simplemente como o grupo "Cryptophyta+Haptophyta").[9] En 2009 unha publicación suxeriu que Telonemia e os centrohélidos poderían formar un clado coas criptófitas e as haptófitas.[10] As picobilifitas poden pertencer a este grupo, pero como son aínda pouco coñecidas non se pode ter a seguridade.[1]

Como dixemos, en 2012 non está claro que Hacrobia sexa realmente un grupo monofilético [3]. Varios estudos recentes tiraron a conclusión que Haptophyta e Cryptophyta non forman un grupo monofilético.[11] Haptophyta é un grupo irmán do supergrupo SAR, e Cryptophyta agrúpase con Archaeplastida (plantas en senso amplo).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Okamoto, Noriko; Chantangsi, Chitchai; Horák, Aleš; Leander, Brian S.; Keeling, Patrick J. (Setembro de 2009). "Molecular Phylogeny and Description of the Novel Katablepharid Roombia truncata gen. et sp. nov., and Establishment of the Hacrobia Taxon nov". PLOS ONE 4 (9): –7080. ISSN 1932-6203. doi:10.1371/journal.pone.0007080. Consultado o 14 de febreiro de 2017. "A monofilia deste grupo está apoiada por varios diferentes conxuntos de datos moleculares e filoxenéticos e unha transferencia lateral de xenes compartida; por tanto, establecemos formalmente este clado diverso como 'Hacrobia'" (Orixinal: "The monophyly of this group is supported by several different molecular phylogenetic datasets and one shared lateral gene transfer; therefore, we formally establish this diverse clade as the 'Hacrobia.'") 
  2. Sakaguchi M, Takishita K, Matsumoto T, Hashimoto T, Inagaki Y (2009). "Tracing back EFL gene evolution in the cryptomonads-haptophytes assemblage: separate origins of EFL genes in haptophytes, photosynthetic cryptomonads, and goniomonads". Gene 441 (1-2): 126–31. PMID 18585873. doi:10.1016/j.gene.2008.05.010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Zhao, Sen; Burki, Fabien; Bråte, Jon; Keeling, Patrick J.; Klaveness, Dag; Shalchian-Tabrizi, Kamran (2012). "Collodictyon—An Ancient Lineage in the Tree of Eukaryotes". Molecular Biology and Evolution. PMC 3351787. PMID 22319147. doi:10.1093/molbev/mss001. 
  4. "EUKARYOMONADAE". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 2010-07-19. 
  5. 5,0 5,1 Burki, F.; Okamoto, N.; Pombert, J.F. & Keeling, P.J. (2012). "The evolutionary history of haptophytes and cryptophytes: phylogenomic evidence for separate origins". Proc. Biol. Sci. doi:10.1098/rspb.2011.2301. 
  6. Csurös M, Rogozin IB, Koonin EV (2008). "Extremely intron-rich genes in the alveolate ancestors inferred with a flexible maximum-likelihood approach". Mol. Biol. Evol. 25 (5): 903–11. PMID 18296415. doi:10.1093/molbev/msn039. 
  7. Rice DW, Palmer JD (2006). "An exceptional horizontal gene transfer in plastids: gene replacement by a distant bacterial paralog and evidence that haptophyte and cryptophyte plastids are sisters". BMC Biol. 4: 31. PMC 1570145. PMID 16956407. doi:10.1186/1741-7007-4-31. 
  8. Aharon Oren, R. Thane Papke (1 July 2010). Horizon Scientific Press, ed. Molecular Phylogeny of Microorganisms. pp. 190–. ISBN 978-1-904455-67-7. Consultado o 21 January 2011. 
  9. Reeb VC, Peglar MT, Yoon HS; et al. (2009). "Interrelationships of chromalveolates within a broadly sampled tree of photosynthetic protists". Mol. Phylogenet. Evol. 53 (1): 202–11. PMID 19398025. doi:10.1016/j.ympev.2009.04.012. 
  10. Burki, F; Inagaki, Y; Bråte, J; Archibald, J.; Keeling, P.; Cavalier-Smith, T; Sakaguchi, M; Hashimoto, T; Horak, A; Kumar, S; Klaveness, D; Jakobsen, K.S; Pawlowski, J; Shalchian-Tabrizi, K (2009). "Large-scale phylogenomic analyses reveal that two enigmatic protist lineages, Telonemia and Centroheliozoa, are related to photosynthetic chromalveolates.". Genome Biology and Evolution 1: 231–8. PMC 2817417. PMID 20333193. doi:10.1093/gbe/evp022. Arquivado dende o orixinal (Free full text) o 10 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  11. Baurain, Denis; Brinkmann, Henner; Petersen, Jörn; Rodríguez-Ezpeleta, Naiara; Stechmann, Alexandra; Demoulin, Vincent; Roger, Andrew J.; Burger, Gertraud; Lang, B. Franz & Philippe, Hervé (2010). "Phylogenomic Evidence for Separate Acquisition of Plastids in Cryptophytes, Haptophytes, and Stramenopiles". Molecular Biology and Evolution 27 (7): 1698–1709. doi:10.1093/molbev/msq059. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]