Habikino (羽曳野市, はびきのし, Habikino-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado no centro-leste da prefectura, na zona sur da provincia histórica de Kawachi, no centro da rexión de Kinki, e no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 26,44km² de superficie, unha poboación de 117.670 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 4.450 hab./km².