HaiYang 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «HY-1C»)

Haiyang 1 (significando Océano 1) ou HY-1, é unha serie de satélites de observación terrestre chineses.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites HY-1 usan o bus CAST968B, teñen unha masa duns 360 kg e están deseñados para facer observacións oceánicas e costeiras co fin de medir a concentración de clorofila, a temperatura superficial, a matería orgánica en disolución e a contaminación. Estabilízanse nos tres eixos e teñen forma de caixa, cun par de paneis solares a cada lado. Entre os instrumentos de a bordo contan cunha cámara en cor para observar o océano en dez bandas espectrais e outra cámara CCD de catro bandas. Os satélites HY-1 son lanzados mediante foguetes CZ-4B ou CZ-2C desde o Centro de Lanzamento de Taiyuan.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
HY 1A 15 de maio de 2002 CZ-4B Éxito
HY 1B 11 de abril de 2007 CZ-2C Éxito
HY 1C 7 de setembro de 2018 CZ-2C Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "HY-1" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HY 1A, 1B, 1C, 1D" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]