HMS Marlborough (1912)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HMS Marlborough

O HMS Marlborough
Historial
Estaleiro Devonport Dockyard
Posta en grella 25 de xaneiro de 1912
Botado 24 de outubro de 1912
Asignado xuño de 1914
Baixa 1932
Destino vendido para o despedazamento o 27 de xuño de 1932
Características xerais
Eslora 189,8 m
Manga 27,4 m
Calado 10 m

O HMS Marlborough foi un acoirazado da clase Iron Duke da Royal Navy en servizo de 1912 a 1932.

A orde da súa construción data de 1911. O seu nome recibiuno en honra de Johan Churchill (1º duque de Marlborough), quen xa dera nome a outros cinco navíos militares británicos. Construíuse nos estaleiros de Devonport, a súa botadura foi o 24 de outubro de 1912. Durante a primeira guerra mundial participou na batalla de Xutlandia do 31 de maio de 1916 e foi alcanzado por un torpedo, o cal ocasionou dous mortos e dous feridos na tripulación.

En 1919 recibiu orde de rescatar á emperatriz rusa, Dagmar de Dinamarca, e a outros membros da familia imperial rusa superviventes refuxiados en Crimea.