HILAT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HILAT / P83-1
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualFóra de servizo[1][2]
Data de lanzamento27 de xuño de 1983[1][3][4][5]
Foguete portadorScout G1[1][2]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea, rampla 5[1][6]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre a altas latitudes.[1][6]
NSSDC ID1983-063A
Masa248,3 kg[1][2][6]
Datos orbitais
Semieixo maior7152 km[3]
Inclinación82,0 graos[3]
Apoapse811,1 km[3]
Periapse751,0 km[3]

HILAT (acrónimo de High Latitude Research Satellite), tamén coñecido como P83-1, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 27 de xuño de 1983 mediante un foguete Scout G1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][6]

Características[editar | editar a fonte]

HILAT era un satélite Transit modificado para facer experimentos relacionados coa ionosfera a altas latitudes. Os obxectivos de HILAT eran obter máis datos sobre as irregularidades da intensidade de ionosfera e a súa forma tridimensional, probar diferentes hipóteses sobre o desenvolvemento, o transporte e o decaemento das irregularidades, estudar o papel das inestabilidades convectivas a altas latitudes e estudar as diversas influencias na ionosfera a altas latitudes, como a precipitación de partículas e o acoplamento entre a ionosfera e a magnetosfera.[1][2]

O satélite estabilizábase nos tres eixos mediante o sistema de gradente gravitatorio grazas a unha pértega e ademais mediante un volante de inercia. A inclinación orbital foi elixida para facer pases sobre o meridiano xeomagnético nas zonas de recepción de datos. A órbita precesionaba 24 horas nuns seis meses, polo que podíanse facer observacións diúrnas e nocturnas durante toda unha estación.[1][2]

Dos instrumentos que levaba a bordo, a sonda Langmuir deixou de funcionar nada máis chegar o satélite a órbita, e a cámara auroral perdeuse o 23 de xullo de 1983. O resto de instrumentos funcionaron ata o 5 de xuño de 1989, en que HILAT deixou de funcionar tras o fallo do sistema de enerxía.[3][4][6]

OS experimentos de HILAT foron continuados polo satélite Polar Bear.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (27 de marzo de 2013). "HILAT" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "HILAT (P83-1)" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HILAT" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Information Furnished in Conformity with the Convention on Registration of Objects Launched into Outer Space" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (84-04858): 6. 5 de marzo de 1984. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de abril de 2013. 
  5. Claude Lafleur (2010). "HILAT" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "HILAT" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]