HFX Wanderers Football Club
| HLF Wanderers | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Halifax Wanderers Football Club | ||
| Fundación | 5 de maio de 2018 | ||
| Estadio | Wanderers Grounds Halifax, Nova Escocia | ||
| Capacidade | 7500 | ||
| Propietario | Sports & Entertainment Atlantic | ||
| Presidente | Derek Martin | ||
| Na rede | |||
| http://hfxwanderersfc.canpl.ca/ | |||
| |||
O HFX Wanderers Football Club é un equipo de fútbol de Canadá con sede en Halifax, Nova Escocia. Foi fundado no ano 2018 e xoga os seus partidos locais no Wanderers Grounds. Compite na Canadian Premier League desde o ano 2019.
Historia
[editar | editar a fonte]En decembro do ano 2016, Derek Martin mantivo conversacións cos directivos da futura Canadian Premier League para valorar a posibilidade de contar cun equipo en Halifax. En marzo de 2017, propuxo a idea dun novo estadio ás autoridades municipais da cidade, contando coa aprobación da construción tres meses despois.
O 5 de maio de 2018, a Asociación Canadense de Fútbol aceptou a creación do HFX Wanderers FC como equipo profesional. Máis tarde, o 25 de maio de 2018, aprobouse o ingreso do club á Canadian Premier League, como un membro máis do novo torneo.[1]
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta azul mariño, pantalón azul mariño e medias azuis mariño.
- Uniforme alternativo: Camiseta celeste, pantalón branco e medias celestes.
Estadio
[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Wanderers Grounds.
O equipo xoga os seus partidos locais no Wanderers Grounds, que conta cunha capacidade para 7.500 espectadores. Este estadio tamén se usa para encontros de béisbol, rugby e críquet, entre outros.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "HFX Wanderers Football Club Joins Canadian Premier League". canpl.ca (en inglés). 25 de mayo de 2018. Consultado o 27 de noviembre de 2018.
Enlaces externos
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HFX Wanderers Football Club |
| [[Ficheiro:|40x40px|none|link=]] | A Galipedia ten un portal sobre: Nueva Escocia |
- Sitio web oficial Arquivado 29 de abril de 2025 en Wayback Machine. (en inglés)