HD 189733 b

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tamaño comparativo de HD 189733 b (dereita) con Xúpiter (esquerda).

HD 189733 b é un planeta extrasolar que se atopa a 63 anos luz do Sistema Solar na constelación de Vulpecula. O planeta foi descuberto orbitando a estrela HD 189733 A o 5 de outubro de 2005, cando astrónomos de Francia observaron to planeta transitando a través da superficie da estrela.[1] Cunha masa un 13% maior que a de Xúpiter, HD 189733 b orbita a súa estrela unha vez cada 2,2 días cunha velocidade orbital de 152,5 km/s, o que o converte nun Xúpiter quente con poucas perspectivas de vida extraterrestre. Sendo o máis achegado Xúpiter quente á Terra, HD 189733 b é obxecto dunha extensa investigación atmosférica. HD 189733 foi o primeiro planeta extrasolar para o cal se creou un mapa termal,[2] en ser detectado con polarimetría, en ter a súa cor xeral determinada (azul profundo),[2][3] en ter o tránsito detectado polo espectro dos raios X e en ter detectado dióxido de carbono na súa atmosfera.

En xullo de 2014, a NASA anunciou que atopara atmosferas moi secas en tres planetas extrasolares (HD 189733b, HD 209458b, WASP-12b) orbitando estrelas semellantes ó Sol.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bouchy, F.; et al. (2005). "ELODIE metallicity-biased search for transiting Hot Jupiters II. A very hot Jupiter transiting the bright K star HD 189733". Astronomy and Astrophysics 444: L15–L19. Bibcode:2005A&A...444L..15B. arXiv:astro-ph/0510119. doi:10.1051/0004-6361:200500201. 
  2. 2,0 2,1 Berdyugina, S.V.; Berdyugin, A.V.; Fluri, D.M.; Piirola, V. (2011). "Polarized reflected light from the exoplanet HD189733b: First multicolor observations and confirmation of detection". Astrophysical Journal Letters 726 (1): L6–L9. Bibcode:2011ApJ...728L...6B. arXiv:1101.0059. doi:10.1088/2041-8205/728/1/L6. 
  3. Kramer, Miriam (11 de xullo de 2013). Space.com, ed. "Strange Blue World: Alien Planet's True Color Revealed, a First". TechMediaNetwork. Consultado o 11 de xullo 2013. 
  4. Harrington, J.D.; Villard, Ray (24 de xullo de 2014). NASA, ed. "RELEASE 14-197 - Hubble Finds Three Surprisingly Dry Exoplanets". Consultado o 25 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]