H. R. Giger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
H. R. Giger
HR Giger 2012.jpg
Nome completoHans Rudolf Giger
Nacemento5 de febreiro de 1940
Lugar de nacementoCoira
Falecemento12 de maio de 2014
Lugar de falecementoZürich
NacionalidadeSuíza
Alma máterZurich University of the Arts
Ocupaciónpintor, escultor, arquitecto, ilustrador, deseñador gráfico, deseñador, director de cinema e cineasta
PremiosÓscar ós mellores efectos visuais, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame e Inkpot Award
Na rede
http://www.hrgiger.com
IMDB: nm0317592 Allocine: 83321 Rottentomatoes: celebrity/hr_giger Allmovie: p91497
Facebook: 45890610688 Musicbrainz: aa13b36e-43a9-44e2-8d23-fb348bce3512 Discogs: 475478 Find a Grave: 129725467 Editar o valor em Wikidata
Hans Ruedi Giger-signature.svg
editar datos en Wikidata ]
H.R. Giger na Tattoo Convention de Berlín (1990)

Hans Ruedi Giger, tamén chamado Hans Rudolf Giger, nado o 5 de febreiro de 1940 en Chur, Suíza e finado o 12 de maio de 2014 en Zúric foi un artista gráfico e escultor, que foi amigo persoal de Timothy Leary.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1966 comezou a traballar como deseñador de interiores. A partir de 1968 Giger dedicouse exclusivamente á arte e os seus primeiros pósters foron publicados cara a 1969. Durante esa época mantivo unha relación con Li Tobler, coa que gravaría varias curtas. O suicidio da súa amada en 1975 marcou para sempre a obra de Giger.

Coñecido entre o gran público por deseñar e desenvolver xunto a Carlo Rambaldi a criatura e algúns escenarios da película Alien, o oitavo pasaxeiro de Ridley Scott (1979, baseándose nas súas propias obras anteriores, como "Necronomicon V") pola que lle concederon en 1980 o Óscar aos mellores efectos visuais.

Tamén participou na parte estética doutras películas, como Species. Especies asasinas (Roger Donaldson, 1995) sendo os seus traballos usados nas portadas de moitos libros e discos. Así mesmo, realizou traballos para videoxogos como Dark Seed, unha aventura gráfica de ambientación lovecraftiana. Posteriormente prestouse voluntario como deseñador de Alien 3, xa que James Cameron, reusou do seu traballo para Aliens. Tamén participou no deseño ao lado escuro de Poltergeist II, quedando bastante desilusionado do tratamento que lle deron na película aos seus deseños.

Existe un museo dedicado a H. R. Giger na cidade de Gruyères, en Friburgo, Suíza.

Estilo[editar | editar a fonte]

Giger utilizou maiormente o aerógrafo creando imaxes surrealistas e paisaxes de pesadelo. Destaca tamén a súa mestura de representacións de corpos humanos mesturados con máquinas, descritas por el como Biomechanical. Estas imaxes conteñen un alto grao de fetichismo á vez que engade simboloxía sexual un tanto subliminar. Na súa obra podemos atopar a influencia de artistas como Erns Fuchs, Jean Cocteau e Salvador Dalí.

Participación[editar | editar a fonte]

Participación en películas[editar | editar a fonte]

Guitarra Giger

Participación en portadas de discos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ben Beaumont-Thomas. "Sci-fi surrealist HR Giger, creator of Alien visions, dies in fall | Film". theguardian.com. Consultado o 2-8-2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]