Hồ Xuân Hương

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Hồ Xuân Hương representada nunha obra de Nguyễn Hữu Tiến

Hồ Xuân Hương (Chữ nho: 胡春香), nada en 1772 e finada en 1822, foi unha poetisa vietnamita do final da dinastía Lê.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se sabe con certeza moito da súa vida. Durante moito tempo pensouse que era a filla máis nova dun letrado de nome Hồ Phi Diễn (1703/1704-1786), que viviu no lugar de Quỳnh Đôi, na provincia de Nghệ Anpero a familia marchou a Hanoi pouco despois do seu nacemento e ali pasou a súa infancia.

Non obstante, investigacións máis recentes, realizadas por Trần Thanh Mai, naceu en Quỳnh Đôi e o seu pai sería tamén un letrado pero de nome ;Hồ Sĩ Danh (1706-1783).[1]

Fose quen fose seu pai viviu en Hanoi[2], converténdose nunha celebridade local, coñecida polos seus poemas, sutís e cheos de espírito. Parece que casou dúas veces, primeiro como esposa de segundo rango, ou (concubina), do rexidor de Vinh–tường, quen morreu ao pouco, e logo doutro notable local, o xefe de cantón, Tổng Cóc que faleceu seis meses despois do seu matrimonio.

Pasou o resto da súa vida nunha pequena casa preto do lago do Oeste en Hanoi, recibindo visitas, en moitas ocasións de poetas, cos que realizaba xustas poéticas.

Obra[editar | editar a fonte]

Durante a súa vida e despois da súa morte, os seus poemas transmitíronse por vía oral ou recollidos por amigos, o que orixinou moitas variantes. A primeira colección realizouse a primeiros do século XX. Atribúenselle uns sesenta poemas en nôm (lingua popular, o vietnamita). En 1964 descubriuse unha unha colección de poemas con 24 composicións en chinés e 28 en chữ nho, que total ou parcialmente sería da man de Hồ Xuân Hương. A súa poesía amosa unha muller independente de espírito e rebelde que ía contra as normas morais e éticas do confucionismo para as mulleres,[3] con poemas irreverentes e cheos de dobre sentido mais eruditos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Trần Thanh Mai Revue Văn học, no 10, 1964.
  2. Phong, Đông (2008). Des poètes de ma terre lointaine. París: Publibook. p. 11. 
  3. Tan, Jonathan (2016). "A Daughter's Filiality, A Courtesan's Moral. Propriety and a Wife's Conjugal Love: Rethinking Confucian Ethics for Women in the Tale of Kiu (Truy n Kiu).". En Jānis Tālivaldis Ozoliņš. Religion and Culture in Dialogue: East and West Perspectives. Springer. p. 139.