Härjedalen
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Jämtland | ||||
| Capital | Sveg (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 10.117 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca linguas saamis | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 11.859,91 km² | ||||
| Bañado por | Ljusnan (pt) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1974 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Härjedalen Municipality, Sweden (en) | Lennart Olsson (en) Q133505174 Gunilla Zetterström-Bäcke (2012–2016) Anders Häggkvist (2016–2021) Lars-Gunnar Nordlander (2021–) | ||||
| Sitio web | herjedalen.se | ||||
Härjedalen (Herjedaelien tjïelte en saami meridional) é un municipio sueco (kommun) do condado de Jämtland.[1] A súa capital é a localidade de Sveg. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 10 175 habitantes.[2]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Hede (unha parte), Lillhärdal, Linsell, Sveg, Tännäs, Vemdalen, Ytterhogdal, Älvros e Överhogdal. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome.
No ano 1895unha parte do concello rural de Hede separouse para formar o concello rural de Storsjö (no presente parte do municipio de Berg) e no ano 1925 separouse o de Ängersjö do municipio de Ytterhogdal.
A localidade municipal de Svegsmon estableceuse o 31 de decembro de 1908 no concello rural de Sveg, disolvéndose a finais de 1936 cando se formou o köping de Sveg.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos na zona: o concello rural de Hede (mediante a fusión dos antigos municipios rurais de Hede e Vemdalen), o de Hogdal (a partir dos de Ytterhogdal, Ängersjö e Överhogdal) e o de Sveg (de Linsell, Sveg e Älvros), mentres que os municipios de Lillhärdal e Tännäs e o köping de Svegquedaron sen cambios. Porén, en 1967 o concello rural de Sveg integrouse no köping de Sveg.
Coa reforma municipal de 1971 creáronse os municipios de Hede, Hogdal, Lillhärdal, Tännäs e Sveg a partir dos correspondentes concellos rurais e do köping de Svegs. O municipio de Härjedalen naceu en 1974 tras a fusión de todos eses concellos.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Härjedalen atópase no sur do condado de Jämtland e limita ao norte co municipio de Berg, tamén en Jämtland, ao nordés co de Ånge, no condado de Västernorrland, ao leste co de Ljusdal, no condado de Gävleborg, e ao sur cos de Mora e Älvdalen no condado de Dalarna. No oeste o concello fai fronteira con Noruega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-06.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
