Saltar ao contido

Hábitat mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata dun tipo especial de ambiente dentro do ecosistema mariño. Para o concepto máis amplo con todas as interaccións e características do ambiente mariño ver Ecosistema mariño.
Os arrecifes de coral proporcionan hábitats mariños para as esponxas tubulares, que á súa vez constitúen un hábitat para peixes.

Un hábitat mariño é un hábitat que mantén vida mariña. A vida mariña depende dun xeito ou outro da auga salgada e do mar. Un hábitat é unha área ecolóxica ou ambiental habitada por unha ou máis especies vivas.[1] O ambiente mariño soporta moitos tipos destes hábitats, formando ecosistemas mariños.

Os hábitats mariños poden dividirse en hábitats costeiros e de alta mar. Os hábitats costeiros encóntranse na área que se estende desde onde chegan as mareas altas na costa ata o bordo da plataforma continental. A maioría da vida mariña atópase en hábitats costeiros, malia que a área da plataforma ocupa só o 7 % da área oceánica total. Os hábitats de alta mar encóntranse no océano profundo alén do bordo da plataforma continental.

Alternativamente, os hábitats mariños poden dividirse en zona peláxica e zona demersal. Os hábitats peláxicos están preto da superficie ou na columna de auga, lonxe do fondo do océano e nela viven os organismos peláxicos como os peixes peláxicos. Os hábitats demersais están preto ou no fondo do océano, onde viven os organismos demersais, como os peixes demersais. Os hábitats peláxicos son intrinsecamente cambiantes e efémeros, dependendo da influencia das correntes oceánicas.

Os hábitats mariños poden ser modificados polos seus habitantes. Algúns organismos mariños, como o coral, kelp, mangleiro e plantas mariñas, son enxeñeiros de ecosistemas que remodelan o ambiente mariño ata o punto que crean máis hábitat para outros organismos. Por volume o océano proporciona a maior parte do espazo habitable do planeta.[2]

Introdución

[editar | editar a fonte]

En contraste cos hábitats terrestres, os hábitats mariños son cambiantes e efémeros. Os organismos que nadan encontran un bo hábitat en áreas do bordo dunha plataforma continental, pero só cando os afloramentos traen nutrientes ricos en auga á superficie. O marisco encontra bos hábitats en praias areosas, pero as tormentas, mareas e correntes fan que o hábitat se reinvente continuamente.

Só o 29 % da superficie do mundo é terra. O resto é o océano, fogar dos hábitats mariños. Os océanos teñan case 4 km de profundidade como media e están limitados por liñas costeiras que teñen case 380.000 km.

A presenza de auga salgada é común a todos os hábitats mariños. Ademais, moitas outras cousas determinan se unha área mariña é un bo hábitat e o tipo de hábitat. Por exemplo:

  • Temperatura.– Afectada pola latitude xeográfica, correntes oceánicas, tempo climatolóxico, a descarga dos ríos e pola presenza de fontes hidrotermais submarinas e emanacións frías
  • Luz solar.– Os procesos fotosintéticos dependen da profundidade e turbidez da auga.
  • Nutrientes.– Transportados polas correntes oceánicas a diferentes hábitats mariños por medio da escorredura superficial terrestre, ou por afloramentos que ascenden do mar profundo, ou afúndense no mar formando a chamada neve mariña.
  • Salinidade.- Variable, especialmente en estuarios ou preto dos deltas fluviais, ou de fontes hidrotermais.
  • Gases disoltos.– Os niveis de oxíxeno en particular, poden incrementarse pola acción das ondas do mar e diminúen durante unha proliferación de algas.
  • Acidez.– Débese en parte aos gases que se disolven da atmosfera, xa que a acidez do océano está en gran medida controlada pola cantidade de dióxido de carbono que se disolve na auga.
  • Turbulencia.– As ondas oceánicas, correntes rápidas e a axitación da auga afecta a natureza dos hábitats.
  • Refuxio.– A capacidade de refuxio, como a proximidade do fondo do mar ou a presenza de obxectos flotantes.
  • Substrato.– O noiro, orientación, pefil e rugosidade de substratos duros e tamaño de partículas, clasificación granulométrica e densidade dos sedimentos de fondo non consolidados poden supoñer unha gran diferenza para as formas de vida que se poden establecer neles.
  • Os propios organismos ocupantes.– Os organismos modifican os seus hábitats ao ocupalos, e algúns, como os corais, kelp, mangleiros e plantas mariñas, crean máis hábitat para outros organismos.

Hai cinco grandes océanos, dos cales o océano Pacífico é case tan grande coma todos os demais xuntos. A lonxitude conxunta das costas é de 380.000 km.

Océano Área
millóns de km2
% Volume[3]
millóns de km3
% Profundidade media
km
Profundidade máxima
km
Liña de costa
km
% Ref
Océano Pacífico 155,6 46,4 679,6 49,6 4,37 10,924 135.663 [4]
Océano Atlántico 76,8 22,9 313,4 22,5 4,08 8,605 111.866 [5]
Océano Índico 68,6 20,4 269,3 19,6 3,93 7,258 66.526 [6]
Océano Glacial Antártico 20,3 6,1 91,5 6,7 4,51 7,235 17.968 [7]
Océano Glacial Ártico 14,1 4,2 17,0 1,2 1,21 4,665 45.389 [8]
Total 335,3 1370,8[9] 4,09 10,924 377.412
A escorredura superficial que se verte no mar pode conter nutrientes.

En conxunto, o océano ocupa o 71 % da superficie mundial, e como media ten case 4 km de profundidade. Por volume, o océano contén máis do 99 % da auga líquida da Terra.[10][11][12][13]

Os hábitats mariños poden dividirse en peláxicos, lonxe do fondo, e demersais, preto do fondo. Os hábitat peláxicos son efémeros porque dependen das correntes oceánicas.

Os ecosistemas terrestres dependen da parte superior do solo e da auga doce, mentres que os ecosistemas mariños dependen de disolver os nutrientes que se arrastran desde terra.[14]

A desoxixenación oceánica supón unha ameaza para os hábitatas mariños, debido ao crecemento de zonas con baixo nivel de oxíxeno.[15]

Correntes oceánicas

[editar | editar a fonte]
Esta proliferación de algas ocupa as augas epipeláxicas bañadas polo sol da costa sur de Inglaterra. As algas probablemente se nutriron da escorredura superficial ou de afloramentos no bordo da plataforma continental.
Os xiros oceánicos rotan no sentido das agullas do reloxo no hemisferio norte e no sentido contrario no sur.

Nos sistemas mariños, as correntes oceánicas teñen un papel clave na determinación de cales áreas son hábitats apropiados, xa que transportan os nutrientes básicos que cómpren para soportar a vida mariña.[16] O plancto está constituído por formas de vida que habitan no océano e son demasiado pequenas (menos de 2 mm) para poder nadar con efectividade pola auga na dirección que queiran e teñen que ir á deriva arrastradas polas correntes. Se a corrente carrexa os nutrientes necesarios, e se tamén flúe a unha profundidade axeitada onde hai abundancia de luz, entón esas correntes son un bo hábitat para as diminutas algas fotosintetizadoras que forman o fitoplancto. Estas algas diminutas son os produtores primarios do océano, situadas no inicio da cadea trófica. Á súa vez, a medida que crece a poboación do fitoplancto á deriva, a auga faise un hábitat axeitado para o zooplancto, que se alimenta de fitoplancto. O zooplancto son diminutos animais que van á deriva, como larvas de peixes e invertebrados mariños. Se se establece unha cantidade suficiente de zooplancto, a corrente convértese nun posible hábitat para peixes que se alimentan del. E se hai suficientes peixes nesa área, convértese en adecuada para os peixes predadores e outros animais mariños que se alimentan de peixes. Por este modo dinámico, a propia corrente pode co tempo ser un hábitat para múltiples tipos de vida mariña.

As correntes oceánicas poden xerarse por diferenzas na densidade da auga, a cal depende da súa salinidade e temperatura. Estas diferenzas crean a corrente. A auga máis salgada ou máis fría será máis densa e tenderá a afundirse en relación coa auga que a rodea. Inversamene, a auga máis cálida e salgada tende a flotar. Os ventos atmosféricos e as diferenzas de presión tamén producen correntes de superficie, ondas mariñas e seichas. As correntes oceánicas tamén se xeran polo tirón gravitacional do Sol e da Lúa (mareas) e a actividade sísmica (tsunamis).[16]

A rotación da Terra afecta a dirección que toman as correntes mariñas, e explica a dirección de rotación dos grandes xiros oceánicos circulares na imaxe de arriba á esquerda. Supoñamos unha corente no ecuador que se dirixe ao norte. A Terra rota cara ao leste, así que a auga posúe ese momento rotacional. Pero canto máis se move a auga cara ao norte, máis lentamente se move a Terra cara ao leste. Se a corrente se movese cara ao polo norte, a Terra acabaría por non moverse en absoluto cara ao leste. Para conservar o seu momento rotacional, o efecto final é que a corrente se curva á dereita. Este é o chamado efecto Coriolis. É máis débil no ecuador e máis forte nos polos. O efecto é o oposto ao sur do ecuador, onde as correntes se curvan á esquerda.[16]

Topografía

[editar | editar a fonte]
Mapa do mundo coa topografía oceánica.

A topografía oceánica é a forma que ten a paisaxe (topografía) da terra cando se une ao océano, xerando as formas das costas, pero tamén hai unha topografía vertical baixo a auga creada polo perfil do fondo. A efectividade dos hábitats mariños queda definida parcialmene por estas formas, incluíndo o modo en que interaccionan coas correntes e as modelan, e a forma en que a luz solar diminúe cando esas formas do relevo están a cada vez maiores profundidades. Porén, as redes mareais, é dicir, os sistemas de canles na costa creados polo fluxo e refluxo das mareas, dependen do equilibrio entre os procesos sedimentarios e a hidrodinámica, e as influencias antropoxénicas poden ter un impacto no sistema natural maior que as físicas.[17]

A topografía mariña comprende accidentes xeográficos que van desde estuarios costeiros e liñas de costa a plataformas continentais e arrecifes de coral. Máis en mar aberto, comprenden características do fondo e mar profundo como elevacións oceánicas e montes submarinos. A superficie somerxida pode ter caracerísticas montañosas, como un sistema de dorsais mesooceánicas que percorren os océanos do mundo, así como volcáns submarinos,[18] fosas oceánicas, canóns submarinos, mesetas oceánicas e chairas abisais.

A masa dos océanos é de aproximadamente 1,35·1018 toneladas métricas, ou de aproximadamente 1/4400 da masa total da Terra. Os océanos cobren unha área de 3,618·108 km2 cunha profundidade media de 3.682 m, o que resulta nun volume estimado de 1,332·109 km3.[19]

Profundidade (metros)[20] Área do fondo do mar (km2) Porcentaxe do fondo do mar
0 – 20026.402.0007,30 %
201 – 100015.848.0004,38 %
1001 – 4000127.423.00035,22 %
4001 – 6000188.395.00052,08 %
6001 – 70003.207.0000,89 %
7001 – 8000320.0000,09 %
8001 – 9000111.0000,03 %
9000 – 10.00037.0000,01 %
10.000 +2.000< 0,01%
Véxase tamén: Biomasa mariña.

Unha medida da importancia relativa dos diferentes hábitats mariños é a velocidade á que se produce biomasa.

Produtor Produtividade de biomasa
(gC/m2/ano)
Ref Área total
(millóns de km2)
Ref Produción total
(miles de millóns de toneladas de C/ano)
Comentario
pantanos e marismas 2.500 [21] Inclúe augas doces
arrecifes de coral 2.000 [21] 0,28 [22] 0,56
leitos de algas 2.000 [21]
estuarios fluviais 1.800 [21]
alta mar 125 [21][23] 311 39

Hábitat costeiro

[editar | editar a fonte]
As cosas poden ser hábitats volátiles.
Artigo principal: Ecosistemas costeiros mariños.

As costa mariñas son ambientes dinámicos que cambian constantemente, como o océano que parcialmente lles dá forma. Os procesos naturais da Terra, incluíndo o tempo climalóxico e o aumento do nivel do mar, resulta na erosión, a acreción e a remodelación das costas así como a inundación e creación de plataformas continentais e vales fluviais inundados (rías).

Os principais axentes responsables para a deposición e erosión ao longo das costs son as ondas mariñas, as mareas e corentes. A formación de costas tamén depende da natureza das rochas que as forman, que canto máis duras son, menos probable é que se erosión, así que a variación na dureza das rochas ten como resultado costas con diferentes formas.

As mareas a miúdo determinan a extensión en que se depositan sedimentos ou se erosionan. As áreas con rangos de marea altos permiten que as ondas cheguen máis arriba da costa, e as áreas con rangos de mareas baixos producen a deposición a un intervalo de elevación menor. O rango das mareas está influído polo tamaño e forma da liña de costa. As mareas non causan normalmente erosión por si soas; porén, os macareos poden erosionar cando as ondas soben polos estuarios fluviais desde o océano.[24]

As costas que parecen permanentes na curta perspectiva dunha vida humana están de feito entre as estruturas mariñas máis temporais.[25]

As ondas erosionan a liña de costa a medida que rompen contra ela liberando enerxía; canto maior é a onda, máis enerxía libera e máis sedimentos move. Os sedimentos depositados polas ondas proceden das paredes erosionadas dos cantís e a ondas transpórtanos ao longo da costa. Os sedimentos depositados polos ríos son o que máis inflúe sobre a cantidade de sedimentos localizados na costa.[26]

O sedimentólogo Francis Shepard clasificou as costas como primarias ou secundarias.[27]

  • As costas primarias son modeladas por procesos non mariños, por cambios na forma da terra. Se a costa está basicamente na mesma condición na que estaba cando o nivel do mar estaba estabilizado despois da última idade do xeo, chámase costa primaria.[27] "As costas primarias son creadas pola erosión (que desgasa solos e rochas), deposición (acumulación de sedimenos ou areas) ou actividade tectónica (cambios na estrutura da rocha e solo debido a terremotos). Moitas destas costas formáronse a medida que subiu o nivel do mar nos últimos 18.000 anos, somerxendo vales fluviais e glaciares formando rías e fiordes."[28] Un exemplo de cosa primaria é un delta fluvial, que se forma cando un río deposita solo e outros materiais a medida que desemboca no mar.[28]
  • As costas secundarias prodúcense por procesos mariños, como a acción do mar ou por criaturas que viven nel. As costas secundarias presentan cantís, illas barreira, chairas de lodo, arecifes de coral, pantanos de mangleiral e marismas salinas.[28]
     A plataforma continental global, salientada en cor verde clara, define a extensión de hábitats de costas mariñas e ocupa un 5 % da área total mundial.

As costas continentais usualmente teñen unha plataforma continental, unha plataforma de augas relativamente pouco profundas, de menos de 200 metros de profundidade, que se estende 68 km como media desde a costa. En todo o mundo as plataformas continentais ocupan unha área total duns 24 millóns de km2, o 8 % da área total do océano e case o 5 % da área total do mundo.[29][30] Como a plataforma continental adoita ser de menos de 200 metros de profundidade, os habitantes que forman a biota da costa son xeralmente fóticos, situados na zona epipeláxica á que chega a luz do sol. Isto significa que as boas condicións para os procesos fotosintéticos tan importantes para a produción primaria, están localizados nos hábitats mariños costeiros. Como a terra está próxima, hai grandes verteduras da escorreduras superficiais ricas en nutrientes en augas costeiras. Ademais, os afloramentos periódicos que soben do fondo oceánico poden proporcionar correntes frías e abundantes en nutrientes ao longo do bordo da plataforma continental.

Como resultado, a vida mariña costeira é a máis abundante do mundo. Atópase en pozas de marea, fiordes e estuarios, preto de costas areentas e rochosas, arredor de arrecifes de coral e en ou sobre a plataforma continental. Os peixes costeiros comen o fitoplancto e os peixes predadores aliméntanse deles. Os peixes herbívoros prosperan en augas preto da ribeira onde a alta produtividade resulta de afloramentos e da escorredura superficial costeira de nutrientes. Algúns son residentes parciais que desovan en ríos, estuarios e baías, pero a maioría completa o seu ciclo vital na mesma zona.[31] Pode haber mutualismo ente especies que ocupan hábitats mariños adxacentes. Por exemplo, os arrecifes marxinais xusto baixo o nivel da marea baixa teñen unha relación mutuamente beneficiosa cos bosques de mangleiros no nivel da marea alta e pradeiras de plantas mariñas intercaladas: os arrecifes protexen os mangleiros e as plantas mariñas das correntes fortes e ondas que as danarían ou erosionarían os sedimentos nos cales están enraizados, mentres que os mangleiros e as plantas mariñas protexen o coral dos grandes fluxos de limo, auga doce e contaminantes. Este nivel adicional de variedade nos ambientes é beneficioso para moitos tipos de animais do arrecife de coral, que por exemplo poden alimentarse das plantas mariñas e usan os arrecifes para a súa protección ou reprodución.[32]

Os hábitats costeiros son os hábitats mariños máis visibles, pero non son os únicos hábitats mariños importantes. Dado que as costas mundiais miden 380.000 km e o volume total do océano é de 1.370 millóns de km3. Isto significa que por cada metro de costa, hai 3,6 km3 de espazo oceánico dispoñible para os hábitas mariños.

As ondas e correntes modelan a costa intermareal, erosionando as rochas máis moles e transportando e seleccionando por tamaño as partículas soltas en grava, area e lodo.

Intermareal

[editar | editar a fonte]

A zona intermareal é a área preto da costa que diariamente queda exposta e despois cuberta polas augas das mareas. É unha zona con gran riqueza de vida mariña. Contén unha gran diversidade de especies e a zonación creada polas mareas fai que os territorios das especies estean comprimidos en bandas moi estreitas, o que as fai máis fáciles de estudar. As comunidades das costas moi batidas polas ondas tamén teñen un alto recambio debido ás alteracións, así que é posible observar alí unha sucesión ecolóxica en anos en vez de en décadas. Como a zona está alternativamente mergullada e exposta ao aire, os organismos que viven alí deben estar adaptados a condicións húmidas e secas. A biomasa da zona intermareal reduce o risco de erosión costeira pola intensidade das ondas, aínda que algúns organismos tamén poden producir bioerosón.[33] Habitantes típicos da zona intermareal son ourizos de mar, anemones, percebes, quitóns, cangrexos, isópodos, mexillóns, estrelas de mar e moitos moluscos gasterópodos mariños, como patelas e caramuxos.[34]

Os hábitats costeiros superiores abranguen desde as zonas intermareais superiores a áreas onde a vexetación terrestre xa é predominante. Poden quedar mergullados diariamente ou só moi infrecuentemente. Moitas especies preeiras viven alimentándose da vida mariña que as augas traen á ribeira. Moitos animais terrestres tamén utilizan moito os hábitats costeiros e intermareais.

Costas areosas

[editar | editar a fonte]
As costas areosas proporcionan lugares cambiantes para vivir a moitas especies.
Véxase tamén: Praia.

As costas areosas ou praias, son as zonas costeiras onde se acumula area. As ondas e correntes moven a area, construíndo e erosionando decote estas costas. As correntes de deriva litoral flúen en paralelo ás praias, facendo que as ondas rompan oblicuamente sobre a area. Estas correntes transportan grandes cantidades de area ao longo da costa, formando cordóns litorais, illas barreira e tómbolos. Tamén poden formar bancos de area, que dan ás praias máis estabilidade ao reduciren a erosión.[35]

As costa areosas están cheas de vida. Os grans de area hospedan diatomeas, bacterias e outros organismos microscópicos. Algúns peixes e tartarugas volven a certas praias para desovaren na area. Moitas aves habitan nas praias, como as gaivotas, movellas, escolopácidos, carráns e pelicanos. Os mamíferos acuáticos, como os leóns mariños descansan nelas. As ameixas, minchas, cangrexos, camaróns, estrelas de mar e ourizos de mar son frecuentes nas praias.[36]

A area é un sedimento formado por pequenos grans ou partículas con diámetros entre 60 μm e 2 mm.[37] O lodo (ver chaira de lodo máis abaixo) está formado por partículas máis finas que a area. Este pequeno tamaño de partícula significa que as partículas de lodo tenden a pegarse entre si, mentres que as de area non. O lodo non é trasladado doadamente polas ondas e correntes, e cando seca, faise sólido, pero as ondas poden mover doadamente a area e cando seca pode ser transportada polo vento, acumulándose en dunas móbiles. Alén da marca da marea alta, se a praia é baixa, o vento pode formar outeiros redondeados de dunas. As dunas pequenas cambian e remodélanse pola acción do vento, pero as dunas grandes poden estabilizar a area co recremento de vexetación.[35]

Os proesos oceánicos causan unha gradación dos sedimentos soltos segundo o tamaño da partícula, que vai de areas a grava e croios. Ao romperen as ondas na praia poden deixar unha berma, que é unha crista de pedriñas e area na marca da marea alta. As praias de pedras redondeadas son peores hábitats. Hai menos vida porque as ondas e correntes revolven e fan chocar as pedras.[35]

Costas rochosas

[editar | editar a fonte]
As pozas de marea en costas rochosas son o hábitat de moitas formas de vida mariña.

A solidez relativa das costas rochosas parece darlles unha maior permanencia comparadas coa natureza cambiante das costas areosas. Esta aparente estabilidade non é real, incluso a escalas de tempo xeolóxicas bastante curtas, pero é suficientemente real á escala de tempo da curta vida dos organismos. A diferenza das costas areosas, as plantas e os animais poden ancorarse ás rochas.[38]

Pode producirse unha competición polo espazo nas rochas. Por exemplo, os percebes poden competir polas caras das rochas sometidas á acción das mareas ata finalmente cubriren completamente as rochas. Os percebes poden resistir o desecamento e o arrastre das ondas nas caras expostas das rochas. Porén, nas gretas das rochas os habitantes son diferentes. Alí os mexillóns poden ser especies con éxito, agarradas ás rochas polos seus filamentos do biso.[38]

As costas rochosas e areosas son vulnerables porque os humanos as encontran atractivas e queren vivr preto delas. Unha crecente porción da humanidade vive nas costas, exercendo unha presión sobre os hábitats costeiros.[38]

Chairas de lodo

[editar | editar a fonte]
As chairas de lodo son hábitats temporais para moitas aves migratorias.

As chairas de lodo son zonas húmidas costeiras que se forman cando os ríos ou mareas depositan lodo. Encóntranse en áreas abrigadas, como baías, bayous, lagoas costeiras e estuarios. As chairas de lodo poden considerarse xeoloxicamenre como capas de lodo de baía (slikke), que son o resultado da deposición en estuarios de lodos, arxilas e detritos de animais mariños. A maioría dos sedimentos dunha chaira de lodo están dentro da zona intemareal, polo que a chaira está mergullada e exposta unhas dúas veces ao día.

Mangleirais e marismas salgadas

[editar | editar a fonte]
Os mangleiros proporcionan zonas de cría para o peixes.

Os mangleirais e as marismas salinas son importntes hábitats costeiros en áreas tropicais e temperadas, respectivamente.

Os mangleiros son especies de arbustos e árbores de mediano tamaño que crecen en hábitats de sedimentos costeiros salinos nos trópicos e subtrópicos; principalmente entre as latitudes 25° N e 25° S. As codicións salinas toleradas por varias especies van desde a auga salobre ata a auga mariña pura (de 30 a 40 ppt), e á auga concentada por evaporación ata atinxir o dobre de salinidade que a auga do mar (ata 90 ppt).[39][40] Hai moitas especies de mangleiros e non todas están estreitamene emparentadas, xa que o termo "mangleiro" se usa as máis das veces para denominar todas estas especies de ecoloxía común, pero pode usarse máis estritamente para referirse só ás árbores do xénero Rhizophora.

Os mangleiros forman un hábitat boscoso ou arbustivo salino característico, chamado mangleiral, pantano de mangleiros ou bosque de mangleiros.[41] Os mangleirais atópanse en ambientes costeiros deposicionais, onde os sedimentos finos (xeralmente con alto contido orgánico) se xuntan en áreas protexidas da acción das ondas de alta enerxía. Os mangleirais dominan 3/4 das costas tropicais.[40]

Estuarios

[editar | editar a fonte]
Os estuarios orixínanse cando os ríos desembocan nunh baía ou enseada. Son ricos en nutrientes e teñen unha zona de transición entre a auga doce e a salgada.

Un estuario é un corpo de auga costeiro parcialmente encerrado no que desembocan un ou máis ríos ou regatos, e cunha conexión libre co mar aberto.[42] Os estuarios forman unha zona de transición entre os ambientes de ríos e océanos e están suxeitos tanto a influencias mariñas, como as mareas, ondas e influxo de auga salgada; coma fluviais, como o fluxo de auga doce e de sedimentos. O fluxo de augas salgadas e doces proporcionan altos niveis de nutrientes tanto na columna de auga coma nos sedimentos, o que fai que os estuarios estean entre os hábitats máis produtivos do mundo.[43]

A maioría dos estuarios formáronse pola inundación de vales erosionados polos ríos ou polos glaciares cando o nivel do mar empezou a subir hai uns 10.000-12.000 anos.[44] Están entre as áreas máis poboadas do mundo, e un 60 % da poboación mundial vive nas zonas de estuarios e na costa. Como resultado, os estuarios están sufrindo degradación por moitos factores, incluíndo a sedimentación pola erosión do solo debido á deforestación, o sobrepastoreo e outras malas prácticas agropecuarias, sobrepesca, drenaxe e recheo de zonas húmidas, eutrofización debido a un exceso de nutrientes traídos por augas residuais e residuos animais, contaminantes como os metais pesados, PCBs, radionúclidos e hidrocarburos polo influxo de augas residuais, e a construción de diques e presas para o control das cheas de ríos e a desviación da auga.[44]

Os estuarios proporcionan hábitats para un gran número de organismos e teñen unha produtividde moi alta. Os estuarios proporcionan un hábitat para o salmón e criadeiros do reo,[45] así como poboacións de aves migratorias.[46] Dúas das principais cracterísticas da vida dos estuarios son a variabilidade en salinidade e sedimentación. Moitas especies de peixes e invertebrados teñen varios métodos de control ou de acomodarse aos cambios nas concentración salinas e denomínanse osmoconfórmeros e osmorreguladores. Moitos animais tamén escavan para evitar a predación e vivir no ambiente sedimentario máis estable. Porén, gran cantidade de bacterias poden atoparse en sedimentos que teñen unha demanda de oxíxeno moi alta. Isto reduce os niveis de oxíxeno no sedimento o que adoita orixinar condicións parcialmente anóxicas, que poden ser exacerbados polo fluxo de auga limitado. O fitoplancto son os produtores primarios clave dos estuarios. Móvense coa auga e poden ser traídos e levados ao estuario polas mareas. A súa produtividade depende grandemente da turbidez da auga. Os principais compoñentes do fitoplancto son diatomeas e dinoflaxelados que son abundantes nos sedimentos.

Bosques de kelp

[editar | editar a fonte]
Os bosques de kelp proporcionan un hábitat para moitos organismos mariños.

Os bosques de kelp son áreas baixo a auga con alta densidade de kelp. Os kelps son algas de grandes dimensións que se ancoran no fondo e flotan en vertical. Forman algúns dos ecosistemas dinámicos máis produtivos da Terra.[47] As áreas máis pequenas nas que hai kelp ancorado chámanse leitos de kelp. Hai bosques de kelp en todo o mundo en costas de océanos temperados e polares.[47]

Os bosques de kelp proporcionan un hábitat tridimensional único para organismos mariños e serven para comprender moitos procesos ecolóxicos. No último século, foron obxecto de amplas investigacións, especialmente en ecoloxía trófica. Por exemplo, os bosques de kelp poden influenciar os padróns oceanográficos costeiros[48] e proporcionan moitos servizos do ecosistema.[49]

Porén, os humanos contribuíron á degradación dos bosques de kelp. Especialmente preocupantes son os efectos da sobrepesca en ecosistemas situados preto da costa, que poden liberar herbívoros da súa regulación da poboación normal e resulta no sobreconsumo do kelp e outras algas.[50] Isto pode rapidamente resultar en transicións a paisaxes ermos onde persisten relativamente poucas especies.[51]

O kelp, que frecuentemente é considerado un enxeñeiro de ecosistemas, proporciona un substrato físico e un hábitat para as comunidades do bosque de kelp.[52]

Os factores ambientais necesarios para que sobreviva o kelp son un substrato duro (xeralmente rochas), nivel elevado de nutrientes (nitróxeno, fósforo), e luz (dose de irradiancia anual mínima > 50 E m−2[53]). Especialmente os bosques de kelp produtivos tenden a asociarse con áreas de significativo afloramento oceánico, un proceso que envía auga fría rica en nutrientes desde as profundidades á capa superficial mesturada do océano.[53] O fluxo de auga e a turbulencia facilita a asimilación de nutrientes a través das frondas de kelp na columna de auga.[54] A claridade de auga afecta a profundidade á cal se pode transmitir suficiente luz. En condicións ideais, o kelp xigante (Macrocystis spp.) pode crecer uns 30-60 centímetros verticalmente por día. Algunhas especies como as do xénero Nereocystis son anuais mentres que outras como as do xénero Eisenia son perennes, e viven máis de 20 anos.[55] En bosques de kelp perennes, a velocidade de crecemento máxima ocorre durante os meses de afloramentos (normalmente en primavera e verán) e o murchamento das algas corresponde a períodos de redución da dispoñibilidade de nutrientes, fotoperíodos máis curtos e aumento da frecuencia de tormentas.[51]

Pradeiras de plantas mariñas

[editar | editar a fonte]
O bivalvo Pinna nobilis nunha pradeira de plantas mariñas do Mediterráneo.

As plantas mariñas son plantas anxiospermas de catro familias de plantas que poden vivir no ambiente mariño e orixinan as pradeiras mariñas. Denomínanse pradeiras porque as plantas que as forman teñen follas longas e estreitas e xeralmente verdes e crecen en leitos ou grandes extensións, como pradeiras, no fondo do mar. Como fan a fotosíntese e están somerxidas, deben estar na zona fótica, onde hai luz suficiente. Por esta razón, deben encontrarse en zonas pouco profundas costeiras e abrigadas, onde as plantas se ancoran na area ou lodo do fondo.

As pradeiras mariñas poden ser monoespecíficas (dunha soa especie) ou multiespecíficas. Son ecosistemas moi produtivos e diversos que albergan peixes adultos e inmaturos, macroalgas e microalgas epífitas ou de vida libre, moluscos, poliquetos e nematodos. Antes pensábase que poucas especies se alimentaban directamente das plantas mariñas (en parte polo seu baixo contido nutritivo), pero posteriores estudos e melloras nos métodos de traballo mostraron que os herbívoros que se alimentan das plantas mariñas son un elo moi importantes da cadea trófica deses ecosistemas, e centos de especies aliméntanse das plantas mariñas en todo o mundo, como as tartarugas verdes, dugongos, manatís, peixes, algunhas aves, ourizos de mar e cangrexos.

As plantas mariñas son enxeñeiros do ecosistema porque en parte crean o seu propio hábitat. As súas follas fan que as correntes vaian máis de vagar incrementando a sedimentación, e as raíces e rizomas das plantas mariñas estabilizan o leito do mar. A súa importancia para especies asociadas é principalmente debida á provisión de refuxio (pola súa estrutura tridimensional na columna de auga), e á súa extraordinaria taxa de produción primaria. Como resultado, as plantas mariñas proporcionan zonas costeiras con servizos ao ecosistema, como zonas de pesca, protección contra as ondas, produción de oxíxeno e protección contra a erosión costeira. As pradeiras de plantas mariñas supoñen o 15 % do almacenamento de carbono total do océano.[56]

Arrecifes

[editar | editar a fonte]

Un arrecife é unha é unha crista ou rompente de rochas, coral ou materail estable similar que está baixo a superficie dun corpo natural de auga.[57] Moitos arrecifes son o resultado de procesos naturais abióticos pero os arrecifes de coral de augas tropicais están formados por procesos bióticos dominados por corais e algas coralinas. Os arrecifes de coral, igual que os restos de naufraxios ou outras estruturas antropoxénicas somerxidas, poden crearse intencionadamente ou ser o resultado dun accidente, e ás veces se lles dá o papel de mellorar a complexidade física de fondos areosos sen características especiais, o que atrae a unha ensamblaxe de organismos máis diversa. Os arrecifes están a miúdo bastante preto da superficie, pero non todas as definicións requiren isto.[57] Os arrecifes paralelos á costa, que son o tipo máis común de arrecife, encóntranse preto das costas e illas que as rodean.[58]

Arrecifes rochosos

[editar | editar a fonte]

Son afloramentos rochosos no fondo do mar rodeados dunha superficie non consolidada de variado relevo. Poden encontrarse en diversas profundidades desde a intermareal á auga profunda e proporcionan substrato para un gran diversidade de seres bentónicos sésiles e refuxio para moitos organismos móbiles.[59]

Arrecifes de coral

[editar | editar a fonte]

Os arrecifes de coral comprenden un dos hábitats máis densos e diversos do mundo. Os tipos máis coñecidos de arrecifes son os arrecifes de coral das augas tropicais; porén, pode habelos en augas frías. Os arrecifes constrúenos os corais e outros animais ou algas que depositan calcio, xeralmente sobre afloramentos rochosos no fondo oceánico. Os arrecifes poden crecer tamén sobre outras superficies, o que fai posible a creación de arrecifes artificiais. Manteñen unha enorme comunidade de seres vivos, como os propios corais, as súas zooxantelas simbióticas, peixes tropicais e multitude de invertebrados.

Estase estudando moito a influencia sobre os corais do fenómeno climático de El Niño. En 1998, os arrecifes de coral experimentaron os episodios máis graves de branqueamento en masa rexistrados, nos que vastas extensións de arrecifes de todo o mundo morreron porque a temperatura superficial da auga subiu moito máis do normal.[60][61] Algúns arrecifes están recuperándose, pero os científicos din que entre o 50 % e o 70 % dos arrecifes de coral do mundo están agora en perigo e predín que o quecemento global podería exacerbar esta tendencia.[62][63][64][65]

Augas superficiais

[editar | editar a fonte]
No océano aberto, as augas da zona epipeláxica superficial iluminada teñen luz suficiente para a fotosíntese, mais adoitan non ter suficientes nutrientes. Como resultado, grandes áreas conteñen pouca vida á parte dos animais migrantes.[66]

Microcapa superficial

[editar | editar a fonte]

A microcapa superficial do océano serve como área de transición entre a atmosfera e o océano.[67] Ten unhas propiedades biolóxicas e químicas únicas que fan que sexa un pequeno pero moi extenso ecosistema por si mesma e funciona como hábitat distinto do das augas oceánicas máis profundas.

A microcapa superficial non é de feito da mesma natureza acuosa que o resto do océano, senón é case un tipo de xel hidratado composto de nutrientes concentrados formando unha película biolóxica sobre a auga que cobre. Nesta película abundan os microbios que son os mediadores das interaccións entre o sol, a atmosfera e as augas de máis abaixo.

A microcapa superficial, aínda sendo delgada, é fundamental para a vida que hai baixo ela. Como é un ambiente rico en microbios e nutrientes, as larvas de peixes e outros animais acuáticos incúbanse na microcapa. O plancto da microcapa está adaptado para resistir altos niveis de radiación luminosa e serve como tampón para impedir que esta radiación potencialmene daniña chegue á auga profunda. Os cambios ambientais como os aerosois ou as tormentas de po poden causar que este plancto superficial se faga sobreprodutivo, orixinando floracións de algas.[67]

As larvas dos peixes hemirránfidos son uns dos organismos adaptados ás propiedades únicas da microcapa.

Debido ás propiedades únicas da microcapa, a miúdo acumúlanse nela contaminantes e adoitan chegar despois a outras partes do océano. Os compostos hidrófobos, como os do petróleo, retardantes do lume e metais pesados, teñen unha afinidade particular pola microcapa superficial. Recentemente, a abundancia de aerosois e microplásticos ten tamén un efecto sobre a microcapa e a súa acumulación ten orixinado moitos problemas, como a inxestión polos animais destes compostos que causan unha distorsión dos equilibrios e espallan estes compostos entre as comunidades mariñas.

A microcapa superficial é tamén fundamental para o intercambio de gases entre a atmosfera e o océano. Como a microcapa está chea de microbios, teorízase que exerce un papel esencial no intercambio de gases e na captación de nutrientes, pero recolléronse relativamente poucos datos ao respecto. A característica básica da microcapa é a tempertura, xa que é un indicador de como os contaminantes e a actividade humana afectan ao océano.[67]

Zona epipeláxica

[editar | editar a fonte]

As augas superficiais están iluminadas polo sol. As augas ata os 200 metros de profundidade pertencen á zona epipeláxica. Na zona epipeláxica entra luz dabondo como para permitir a fotosíntese do fitoplancto. A zona epipeláxica adoita ter escasos nutrientes. Isto en parte débese a que os residuos orgánicos producidos na zona, como excrementos e animais mortos, afúndense ás profundidades e pérdense así na zona superior. A fotosíntese pode ocorrer só se hai luz e nutrientes dabondo.[66]

Nalgúns lugares, como no bordo das plataformas continentais, os nutrientes poden ascender desde as profundidades, ou chegar procedentes da escorredura superficial terrestre e poden ser distibuídos polas tormentas e correntes oceánicas. Nestas áreas, como agora hai luz e nutrientes, o fitoplancto pode establecerse rapidamente, multiplicándose tan rápido que a auga se torna verde debido á clorofila, o que orixina unha floración de algas. Estas augas superficiais costeiras ricas en nutientes están entre as máis produtivas bioloxicamente do mundo, mantendo unha biomasa de miles de millóns de toneladas.[66]

O fitoplancto é o alimento do zooplancto, pequenos animais que, igual que o fitoplancto, van á deriva nas correntes. As especies de zooplancto máis abundantes son copépodos e o krill: pequenos crustáceos que son os animais máis numerosos da Terra. Outros tipos de zooplancto son as augamares e as larvas de peixes, vermes mariños, estrelas de mar e outros organismos mariños.[66] Á súa vez, o zooplancto é comido por animais filtradores, como aves mariñas, pequenos peixes como os arenques e sardiñas, outros máis grandes como o tiburón balea, e a manta raia, e o animal máis grande do mundo, a balea azul. Ascendendo pola cadea trófica, os peixes pequenos son comidos por outros meirandes, como o atún, marlín, tiburóns, grandes luras, aves mariñas, golfiños e outros odontocetos.[66]

Océano aberto

[editar | editar a fonte]
Gráfico da áea de elevación que mostra a proporción da área terrestre a determinadas altitudes e a proporción de área oceánica a profundidades dadas.

O océano aberto é relativamente improdutivo debido á falta de nutrientes, pero, como é tan extenso, ten máis produción primaria global que calquera outro hábitat mariño. Só un 10 % das especies mariñas viven en alta mar. Pero entre eles están os animais máis grandes e rápidos de todos os animais mariñosa, así como os animais que se mergullan máis profundamente e migran a maior distancia. Nas profundidade axexan animais que para nós poden parecer moi estraños.[68]

Mar profundo

[editar | editar a fonte]
Algunhas especies animais representativas do océano (non debuxadas a escala) nos seus hábitats ecolóxicos definidos pola súa profundidade aproximada. Os microorganismos mariños existen en superficies e dentro dos tecidos e órganos de diversos habitantes do océano en todos os hábitats oceánicos.[69]
Diagrama a escala das capas da zona peláxica.

O mar profundo empeza na zona afótica, no punto onde a luz perde a maioría da súa enerxía na auga. Moitas formas de vida que viven a esas profundidades teñen a capacidade de crearen a súa propia luz por bioluminescencia.

O mar profundo esténdese cara abaixo desde a zona epipeláxica, e mantén tipos moi diferentes de formas de vida peláxica adaptadas a vivir nestas zonas profundas.[70]

Gran parte da enerxía que se obtén na zona afótica en alta mar procede dos detritos. Na auga profunda a chamada neve mariña é unha caída continua de detritos desde as capas superiores da columna de auga. A súa orixe está na zona fótica. A neve mariña inclúe o plancto morto ou moribundo, protistas como as diatomeas, materia fecal, area, feluxe e outro po inorgánico. As "folerpas" crecen co tempo e poden chegar a ter varios centímetros de diámetro, viaxando durante semanas antes de chegaar ao fondo oceánico. Porén, a maioría dos compoñentes orgánicos da neve mariña consómenos os microbios, zooplancto e outros animais que se alimentan por filtración nos primeiros 1.000 metros da súa viaxe, que están dentro da zona epipeláxica. Deste xeito, a neve mariña pode considerarse o fundamento dos ecosistemas mesopeláxico e bentónico do mar profundo: os organismos do mar profundo, dado que a luz non pode chegar a eles, dependen moito da neve mariña como fonte para obter enerxía.[71]

Algúns grupos peláxicos de mar profundo, como os Myctophidae, Melamphaidae, Sternoptychinae e Phosichthyidae son ás veces denominados pseudoceánicos porque, en vez de ter un distribución homoxénea en augas abertas, aparecen cunha abundancia significativamente maior arredor de oasis estruturais, como os montes submarinos e sobre as plataformas continentais. O fenómeno explícase pola abundancia de presas atraídas por esas estruturas.[Cómpre referencia]

Os peixes nas zonas peláxicas e bentónicas de augas profundas están estruturados fisicamente, e compórtanse de maneiras moi diferentes. Os grupos de especies que coexisten en cada zona parecen todos operar en formas similares, como os pequenos filtradores de plancto mesopeláxicos que migran verticalmente, os Lophiiformes batipeláxicos, e os Macrouridae bentónicos. "[72]

O peixe Eurypharynx pelecanoides pode tragar un peixe máis grande ca el.

As especies de acantopterixios de aletas espiñosas, son raros entre os peixes de mar profundo, o que suxire que os peixes de mar profundo son tan antigos están tan ben adaptados ao seu ambiente que as invasións que fixeron os peixes modernos non tiveron éxito. Os poucos peixes de aletas espiñosas que hai alí pertencen aos Beryciformes e Lampriformes, que son tamén formas antigas. A maioría dos peixes peláxicos de mar profundo pertencen ás súas propias ordes, suxerindo unha longa evolución no ambiente de augas profundas. En contraste, as especies bentónicas de augas profundas pertencen a ordes que inclúen moitos peixes emparentados cos de augas pouco profundas.[73]

A especie Eurypharynx pelecanoides é unha anguía de mar profundo cunha enorme boca con queixadas con frouxas articulacións. Pode abrir a súa boca tanto que traga peixes moito máis grandes ca el mesmo, e despois expande o seu estómago para acomodar a captura.[74]

Fondo do mar

[editar | editar a fonte]

Fontes hidrotermais submarinas e emanacións frías

[editar | editar a fonte]

As fontes hidrotermais submarinas que hai ao longo dos centros de expansión do fondo oceánico nas dorsais mesooceánicas actúan como oasis, como tamén o fan emanacións frías. Son lugares que manteñen uns biomas mariños únicos e neles descubríronse moitos microorganismos mariños novos e outras formas de vida.

Fosas oceánicas

[editar | editar a fonte]

A fosa oceánica máis profunda é a fosa das Marianas, preto das Filipinas, no océano Pacífico que chega ao 10.924 m de profundidade. A esas profundidades, a presión da auga é extrema e alí non chega a luz. Malia todo, nese lugar existen formas de vida. A tripulación estadounidense do batiscafo Trieste descubriu alí un peixe plano branco, un camarón e unha augamar cando se somerxeu ata o fondo en 1960.[75]

Montes submarinos

[editar | editar a fonte]

A vida mariña tamén florece arredor dos montes submarinos que se erguen desde as profundidades, onde os peixes e outros seres vivos se congregan para desovar e alimentarse.

Impactos antropoxénicos

[editar | editar a fonte]
Polución nunha chaira de lodo.

As chairas de lodo ou lama son rexións importantes para moitos seres vivos, que manteñen grandes poboacións, aínda que os niveis de biodiversidade non son especialmente altos. Son de especial importancia as aves migratorias e os cangrexos, camaróns e marisco.[76] Estas áreas ao longo das costas actúan como criadeiros para eses animais ao proporcionaren unha área de reprodución e alimentación. Porén, isto pode supoñer un problema debido ao tráfico de aves que migran para nidificar e despois marchan para tornar aos seus territorios estacionais. Os contaminantes que as aves poidan incorporar mentres se reproducen lévanos con elas á súa seguinte localización, contaminando así tamén esa área.[77] No Reino Unido as chairas de lodo foron clasificadas como un hábitat prioritario do Plan de acción da Biodiversidade. Outros países europeos, como Francia usan o Índice de Influencia Mariña para monitorizar as respostas á contaminación das plantas e animais locais e calquera tipo de desviación dos padróns naturais previos.[78]

Aínda que faltan por explorar moitas partes do fondo mariño, xa se descubriron partes que foron moi afectadas polas actividades humanas. A pesca de arrastre de fondo, a contaminación por microplásticos e os metais industriais cambiaron lentamente ata alterala significativamente a composición do fondo mariño.[79] O arrastre de fondo é un tipo de pesca que ten efectos adversos sobre o fondo do mar, xa que cambia a estrutura e composición da superficie. Ademais, a contaminación por microplásticos converteuse nun problema cada vez maior para o fondo porque os plásticos e outros residuos xa se atopan en moitos dos sedimentos.[80] Debido á acumulación de lixo, os hábitats dos organismos do fondo están sendo afectados e cambiados. Isto inclúe a vertedura polas instalacións industriais de novos metais e minerais, como o cadmio no fondo mariño, que cambian a composición química da auga e envelenan os seus habitantes.[81]

O anfípodo do mar profundo Eurythenes plasticus, recibiu ese nome polos microplásticos atopados no seu corpo, demostrando que a contaminación por plásticos afecta os hábitats mariños mesmo a máis de 6000 m de profundidade.

Hai tamén impactos antropoxénicos negativos sobre os habitantes do mar profundo, como a contaminación por lixo e a química. Especialmente importante é o lixo de plásticos de gran tamaño.[82] No mar da China atopáronse en canóns submarinos moreas de recipientes, predominando os de plástico.[82] Estes plásticos duradeiros vanse desfacendo en cachos cada vez menores e poden difundirse nos organismos máis pequenos e despois ser consumidos polo ser humano na comida.[83] Outra ameaza para os seres vivos mariños é a pesca fantasma (por aparellos abandonados que seguen atrapando animais) e as capturas secundarias ou bycatch. As redes de enmalle perdidas, por exemplo, poden quedar estendidas entre os corais e seguir atrapando animais durante un longo período de tempo,[84]

  1. ↑ Abercrombie, M., Hickman, C.J. and Johnson, M.L. 1966.A Dictionary of Biology. Penguin Reference Books, Londres
  2. ↑ Living Ocean NASA Science. Consultado o 17 de decembro de 2016.
  3. ↑ The World's Oceans and Seas. Arquivado 2006-02-24 en Wayback Machine. Encarta. Consultado o 19 de abril de 2008.
  4. ↑ CIA Factbook: Pacific ocean. Arquivado 2008-08-13 en Wayback Machine.
  5. ↑ CIA Factbook: Atlantic ocean.
  6. ↑ CIA Factbook: Indian ocean.
  7. ↑ CIA Factbook: Southern ocean.
  8. ↑ CIA Factbook: Arctic ocean.
  9. ↑ Elert, Glenn Volume of Earth's Oceans. The Physics Factbook. Consultado o 19 de abril de 2008.
  10. ↑ Where is Earth's water?, United States Geological Survey.
  11. ↑ Eakins, B.W. and G.F. Sharman, Volumes of the World's Oceans from ETOPO1, NOAA National Geophysical Data Center, Boulder, CO, 2010.
  12. ↑ Water in Crisis: Chapter 2, Peter H. Gleick, Oxford University Press, 1993.
  13. ↑ Unveiling Planet Ocean Arquivado 8 de outubro de 2022 en Wayback Machine. NASA Science, 14 de marzo de 2002.
  14. ↑ Rona, Peter A. (2003). "Resources of the Sea Floor". Science 299 (5607): 673–674. PMID 12560541. doi:10.1126/science.1080679. Consultado o 2007-02-04.
  15. ↑ Keeling, Ralph F.; Kortzinger, Arne; Gruber, Nicolas (2010). "Ocean Deoxygenation in a Warming World" (PDF). Annual Review of Marine Science 2: 199–229. Bibcode:2010ARMS....2..199K. PMID 21141663. doi:10.1146/annurev.marine.010908.163855. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-03-01.
  16. 1 2 3 Ocean Habitats Arquivado 2011-05-23 en Wayback Machine. Marietta College. Consultado o 17 de abril de 2011.
  17. ↑ Giovanni Coco, Z. Zhou, B. van Maanen, M. Olabarrieta, R. Tinoco, I. Townend. Morphodynamics of tidal networks: Advances and challenges. Marine Geology Journal. 1 de decembro de 2013.
  18. ↑ Sandwell, D. T.; Smith, W. H. F. (2006-07-07). "Exploring the Ocean Basins with Satellite Altimeter Data". NOAA/NGDC. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 1997. Consultado o 2007-04-21.
  19. ↑ Charette, Matthew A.; Smith, Walter H. F. (xuño de 2010). "The Volume of Earth's Ocean". Oceanography 23 (2): 112–114. Bibcode:2010Ocgpy..23b.112C. doi:10.5670/oceanog.2010.51. hdl:1912/3862.
  20. ↑ Calculated with GEBCO_2019 grid. (maio de 2020). "OER Depth Comparison Maps EEZ" (PDF). NOAA Office of Ocean Exploration and Research. Consultado o 19 de setembro de 2025.
  21. 1 2 3 4 5 Ricklefs, Robert E.; Miller, Gary Leon (2000). Ecology (4ª ed.). Macmillan. p. 192. ISBN 978-0-7167-2829-0.
  22. ↑ Spalding, Mark, Corinna Ravilious, and Edmund Green. 2001. World Atlas of Coral Reefs. Berkeley, CA: University of California Press and UNEP/WCMC.
  23. ↑ Park, Chris C. (2001). The environment: principles and applications (2nd ed.). Routledge. p. 564. ISBN 978-0-415-21770-5.
  24. ↑ Davidson (2002), p.421.
  25. ↑ Garrison T (2007) Oceanography: an invitation to marine science Cengage Learning, Páxina 343. ISBN 978-0-495-11286-0
  26. ↑ Easterbrook (1999).
  27. 1 2 Shepard FP (1937) Revised "Classification of Marine Shorelines" The Journal of Geology, 45(6): 602–624.
  28. 1 2 3 Habitats: Beaches - Coasts Office of Naval Research. Consultado o 17 de abril de 2011.
  29. ↑ Continental shelf areas Arquivado 2008-12-02 en Wayback Machine. Earth trends. Consultado o 25 de febreiro de 2010.
  30. ↑ World The World Factbook, CIA. Consultado o 26 de febreiro de 2010.
  31. ↑ Moyle and Cech, 2004, page 572
  32. ↑ Hatcher, B.G. Johannes, R.E., and Robertson, A.J. (1989). "Conservation of Shallow-water Marine Ecosystems". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review 27. Routledge. p. 320. ISBN 978-0-08-037718-6. Consultado o 2008-11-21.
  33. ↑ "Intertidal Zone". National Geographic Society. 2019-10-10. Consultado o 2022-04-06.
  34. ↑ "Intertidal Ecology" (PDF). USF College of Marine Science. 2002. Consultado o 31 de maio de 2023.
  35. 1 2 3 Habitats: Beaches - Characteristics Office of Naval Research. Consultado o 17 de abril de 2011.
  36. ↑ Habitats: Beaches - Animal & Plant Life Office of Naval Research. Consultado o 17 de abril de 2011.
  37. ↑ Wentworth CK (1922) "A scale of grade and class terms for clastic sediments" J. Geology, 30: 377–392.
  38. 1 2 3 Tour of Rocky Shoreline Habitats Arquivado 2011-05-24 en Wayback Machine. Marietta College. Consultado o 17 de abril de 2011.
  39. ↑ "Mangal (Mangrove). World Vegetation. Mildred E. Mathias Botanical Garden, University of California at Los Angeles". Arquivado dende o orixinal o 9 de febreiro de 2012.
  40. 1 2 "Mangrove Morphology & Physiology". www.nhmi.org. Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2012.
  41. ↑ Hogarth, Peter J. (1999) The Biology of Mangroves Oxford University Press, Oxford, England, What page? ISBN 0-19-850222-2
  42. ↑ Pritchard, D. W. (1967) What is an estuary: physical viewpoint. p. 3–5 in: G. H. Lauf (ed.) Estuaries, A.A.A.S. Publ. No. 83, Washington, D.C.
  43. ↑ McLusky, D.S. and Elliott, M. (2004) "The Estuarine Ecosystem: ecology, threats and management." Nova York: Oxford University Press Inc. ISBN 0-19-852508-7
  44. 1 2 Wolanski, E. (2007) "Estuarine Ecohydrology." Amsterdam, the Netherlands: Elsevier. ISBN 978-0-444-53066-0
  45. ↑ Gillanders, Bronwyn M.; et al. (2003). "Evidence of connectivity between juvenile and adult habitats for mobile marine fauna: an important component of nurseries" (PDF). Marine Ecology Progress Series 247: 281. Bibcode:2003MEPS..247..281G. doi:10.3354/meps247281.
  46. ↑ Jennifer A. Gill, The buffer effect and large-scale population regulation in migratory birds. 2001. Nature 412, 436-438
  47. 1 2 Mann, K.H. 1973. Seaweeds: their productivity and strategy for growth. Science 182: 975-981.
  48. ↑ Jackson, G.A. and C.D. Winant. 1983. Effect of a kelp forest on coastal currents. Continental Shelf Report 2: 75-80.
  49. ↑ Steneck, R.S., M.H. Graham, B.J. Bourque, D. Corbett, J.M. Erlandson, J.A. Estes and M.J. Tegner. 2002. Kelp forest ecosystems: biodiversity, stability, resilience and future. Environmental Conservation 29: 436-459.
  50. ↑ Sala, E., C.F. Bourdouresque and M. Harmelin-Vivien. 1998. Fishing, trophic cascades, and the structure of algal assemblages: evaluation of an old but untested paradigm. Oikos 82: 425-439.
  51. 1 2 Dayton, P.K. 1985a. Ecology of kelp communities. Annual Review of Ecology and Systematics 16: 215-245.
  52. ↑ Jones, C.G., J. H. Lawton and M. Shachak. 1997. Positive and negative effects of organisms as physical ecosystem engineers. Ecology 78: 1946-1957.
  53. 1 2 Druehl, L.D. 1981. The distribution of Laminariales in the North Pacific with reference to environmental influences. Proceedings of the International Congress on Systematic Evolution and Biology 2: 248-256.
  54. ↑ Wheeler, W.N. 1980. Effect of boundary layer transport on the fixation of carbon by the giant kelp Macrocystis pyrifera. Marine Biology 56: 103-110.
  55. ↑ Steneck, R.S. and M.N. Dethier. 1994. A functional group approach to the structure of algal-dominated communities. Oikos 69: 476-498.
  56. ↑ Laffoley, Dan (26 de decembro de 2009). "To Save the Planet, Save the Seas". The New York Times. Consultado o 17 de abril de 2011.
  57. 1 2 "Resource Library: Encyclopedic Entry: Reef". nationalgeographic.org. Washington, DC: National Geographic Society. 30 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2021. Consultado o 15 de marzo de 2021.
  58. ↑ US Department of Commerce, National Oceanic and Atmospheric Administration. "How Do Coral Reefs Form: Corals Tutorial". oceanservice.noaa.gov (en inglés). Consultado o 2022-01-16.
  59. ↑ Fisheries, NOAA (2022-09-14). "Rocky Reef on the West Coast | NOAA Fisheries". NOAA (en inglés). Consultado o 2025-05-08.
  60. ↑ NOAA (1998) Record-breaking coral bleaching occurred in tropics this year. National Oceanic and Atmospheric Administration, Nota de prensa (23 de outubro de 1998).
  61. ↑ ICRS (1998) Statement on Global Coral Bleaching in 1997-1998. International Coral Reef Society, 15 de outubro de 1998.
  62. ↑ Bryant, D., Burke, L., McManus, J., et al. (1998) "Reefs at risk: a map-based indicator of threats to the world's coral reefs". World Resources Institute, Washington, D.C.
  63. ↑ Goreau, T. J. (1992) "Bleaching and Reef Community Change in Jamaica: 1951 - 1991". Am. Zool. 32: 683-695.
  64. ↑ Sebens, K. P. (1994) "Biodiversity of Coral Reefs: What are We Losing and Why?" Am. Zool., 34: 115-133
  65. ↑ Wilkinson, C. R., and Buddemeier, R. W. (1994) "Global Climate Change and Coral Reefs:Implications for People and Reefs". Report of the UNEP-IOC-ASPEI-IUCN Global Task Team on the Implications of Climate Change on Coral Reefs. IUCN, Gland, Switzerland.
  66. 1 2 3 4 5 Ocean ecology: sunlit surface waters WWF. Consultado o 17 de maio de 2011.
  67. 1 2 3 Wurl, Oliver; Ekau, Werner; Landing, William M.; Zappa, Christopher J. (2017-06-21). Deming, Jody W.; Bowman, Jeff, eds. "Sea surface microlayer in a changing ocean – A perspective". Elementa: Science of the Anthropocene. 5 (número de artigo: 31). Bibcode:2017EleSA...5...31W. ISSN 2325-1026. doi:10.1525/elementa.228.
  68. ↑ Blue Planet: Open ocean WWF. Consultdo o 17 de maio de 2011.
  69. ↑ Apprill, A. (2017)"Marine animal microbiomes: toward understanding host–microbiome interactions in a changing ocean". Frontiers in Marine Science, 4: 222. doi 10.3389/fmars.2017.00222. O material copiouse desta fonte, que está dispoñible en Creative Commons Attribution 4.0 International License.
  70. ↑ Moyle and Cech, 2004, page 585
  71. ↑ US Department of Commerce, National Oceanic and Atmospheric Administration. "What is marine snow?". oceanservice.noaa.gov (en inglés). Consultado o 2022-06-28.
  72. ↑ Moyle and Cech, 2004, p. 591
  73. ↑ Moyle and Cech, 2004, page 586
  74. ↑ McCosker, John E. (1998). Paxton, J.R.W.N., ed. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. p. 90. ISBN 978-0-12-547665-2.
  75. ↑ Seven Miles Down: The Story of The Bathyscaph Trieste. Arquivado 2007-02-02 en Wayback Machine., Rolex Deep Sea Special, xaneiro de 2006.
  76. ↑ Walton, Mark E.; Le Vay, Lewis; Truong, Le Minh; Ut, Vu Ngoc (2006). "Significance of mangrove–mudflat boundaries as nursery grounds for the mud crab, Scylla paramamosain". Marine Biology 149 (5): 1199–1207. Bibcode:2006MarBi.149.1199W. ISSN 0025-3162. doi:10.1007/s00227-006-0267-7.
  77. ↑ Pratte, Isabeau; Noble, David G.; Mallory, Mark L.; Braune, Birgit M.; Provencher, Jennifer F. (2020). "The influence of migration patterns on exposure to contaminants in Nearctic shorebirds: a historical study". Environmental Monitoring and Assessment 192 (4): 256. Bibcode:2020EMnAs.192..256P. ISSN 0167-6369. PMID 32232588. doi:10.1007/s10661-020-8218-1.
  78. ↑ Fouet, Marie P. A.; Singer, David; Coynel, Alexandra; Héliot, Swann; Howa, Hélène; Lalande, Julie; Mouret, Aurélia; Schweizer, Magali; Tcherkez, Guillaume; Jorissen, Frans J. (2022). "Foraminiferal Distribution in Two Estuarine Intertidal Mudflats of the French Atlantic Coast: Testing the Marine Influence Index". Water 14 (4): 645. Bibcode:2022Water..14..645F. ISSN 2073-4441. doi:10.3390/w14040645.
  79. ↑ Puig, P; Canals, M; Company, J.B.; Martín, J; Amblas, D; Lastras, G; Palanques, A; Calafat, A (2012). "Ploughing the deep sea floor". Nature (en inglés) 489 (7415): 286–289. Bibcode:2012Natur.489..286P. ISSN 1476-4687. PMID 22951970. doi:10.1038/nature11410. hdl:2445/127886.
  80. ↑ Madricardo, Fantina; Foglini, Federica; Campiani, Elisabetta; Grande, Valentina; Catenacci, Elena; Petrizzo, Antonio; Kruss, Aleksandra; Toso, Carlotta; Trincardi, Fabio (2019). "Assessing the human footprint on the sea-floor of coastal systems: the case of the Venice Lagoon, Italy". Scientific Reports (en inglés) 9 (1): 6615. Bibcode:2019NatSR...9.6615M. ISSN 2045-2322. PMC 6488697. PMID 31036875. doi:10.1038/s41598-019-43027-7.
  81. ↑ Vallius, Henry (2012). "Arsenic and heavy metal distribution in the bottom sediments of the Gulf of Finland through the last decades". Baltica. Baltica, 25 (1), 23–32 25 (1): 23–32. Bibcode:2012Balti..25...23V. doi:10.5200/baltica.2012.25.02. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020.
  82. 1 2 Zhong, Guangfa; Peng, Xiaotong (2021). "Transport and accumulation of plastic litter in submarine canyons—The role of gravity flows". Geology 49 (5): 581–586. Bibcode:2021Geo....49..581Z. ISSN 0091-7613. doi:10.1130/G48536.1.
  83. ↑ Kane, I.A.; Fildani, A. (2021). "Anthropogenic pollution in deep-marine sedimentary systems—A geological perspective on the plastic problem". Geology (en inglés) 49 (5): 607–608. Bibcode:2021Geo....49..607K. ISSN 0091-7613. doi:10.1130/focus052021.1.
  84. ↑ Matsuoka, Tatsuro; Nakashima, Toshiko; Nagasawa, Naoki (2005). "A review of ghost fishing: scientific approaches to evaluation and solutions". Fisheries Science (en inglés) 71 (4): 691–702. Bibcode:2005FisSc..71..691M. ISSN 1444-2906. doi:10.1111/j.1444-2906.2005.01019.x.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]