Gyromitra caroliniana
| Gyromitra caroliniana | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Sinonimia[1] | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Gyromitra caroliniana é unha especie de fungo ascomiceto do xénero Gyromitra, dentro do grupo dos Pezizales. Atópase en bosques temperados de frondosas e mixtos do sur dos Estados Unidos, onde frutifica en primavera pouco despois da fusión da neve.
O corpo frutífero ou ascocarpo aparece no chan dos bosques e pode medrar ata ter un gran tamaño. O seu píleo está moi engurrado e é de cor marrón avermellada, de forma de case esférica a elíptica, e adoita medir de 15 a 20 cm de alto e de 6 a 13 cm de ancho. O estipe ou pé é masivo, de ata 11 cm de grosor, cunha superficie parecida ao feltro branco. A carne do fungo é crebadiza e está densamente empaquetada no píleo formando pregamentos moi retortos que forman lóculos internos. O himenio é liso, o píleo convexo, o pé espido, a impresión das esporas é amarela e son saprófitos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]
A especie denominouna orixinalmente Morchella caroliniana o botánico francés Louis Augustin Guillaume Bosc en 1811,[8] e posteriormente foi sancionada con ese mesmo nome por Elias Fries en 1822.[9] Despois, Fries transferiuna ao xénero Gyromitra en 1871.[10] Gyromitra caroliniana é a especie tipo do subxénero Caroliniana do xénero Gyromitra. Este agrupamento comprende especies que na súa madureza teñen ascósporas bastamente reticuladas (é dicir, sen unha rede de cristas na súa superficie) con moitas espiñas romas que se orixinan do retículo das esporas. Outras especies deste subxénero son G. fastigiata e a especie centoeuropea G. parma.[11] En 1969, Erich Heinz Benedix cría que a reticulación das esporas era o suficientemente exclusiva como para merecer a creación dun xénero separado, e así describiu o xénero Fastigiella para conter G. caroliniana.[6] Harri Harmaja non estivo de acordo, e situou despois Fastigiella como sinónimo de Gyromitra.[12]
Nunha revisión de 2009 do xénero Gyromitra, os autores van Vooren e Moreau afirman que a descrición da especie orixinal de Bosc é ambigua, que deixa moita marxe para a interpretación, e suxiren que varios informes da aparición desta especie en Europa deberían referirse en realidade a Gyromitra fastigiata. Sinalaron que en 1970 o micólogo estoniano Ain Raitviir considerou a Morchella caroliniana de Bosc un nomen dubium, así como a descrición de Fries como nomen confusum, e mostráronse partidarios de abandonar o epíteto específico caroliniana.[13] A principios da década de 1970, Kent McKnight redefiniu o taxon e seleccionou un neotipo, baseado en cinco espécimes de Lorton, Virxinia en 1942.[14][15] O epíteto específico refírese ás Carolinas, onde foi recollida cientificamente por primeira vez.[16][17][18]
Descrición
[editar | editar a fonte]O píleo é aproximadamene esférico ou elíptico, e presenta unha superficie engurrada ou pregada que lembra un cerebro. Ten áreas con ocos máis ou menos simétricos ou costelas dispostas verticalmente.[19] A marxe do píleo é pechada no estipe e ás veces adhírese a el. A cor é de avermellada a marrón avermellada, pero faise máis escura en espécimes gastados;[19] o lado inverso é abrancazado.[20] O corpo frutífero é duns 6–7 cm de ancho, pero pode medrar moito máis.[19] Fred J. Seaver informou dun espécime que medrara ata unha altura de 27 cm,[21] pero unha altura máis usual é de 15–20 cm.[22] A parte inferior é abrancazada, pero non é doada de ver. O estipe ou pé é curto e gordo, con sucos, normalmente de 6–10 cm de longo e 4–6 cm de largo, pero por veces é moito máis grande, e xeralmente máis groso na base. É branco puro cando o fungo é novo e con superficie parecida ao feltro, pero decolórase co tempo e ao manipulalo.[22] A porción superior do estipe adoita estar ramificada, mais as ramas están agochadas polo píleo.[20] A carne abrancazada forma lóculos (cámaras) e está densamente empaquetada no estipe e no píleo, formando ramas ata os puntos de unión.[19][23]
As esporas son elípticas esteitas, hialinas (translúcidas), e apiculadas (cunha punta moi aguda), e miden 30–33 por 11,5–14 μm. As esporas normalmente teñen unha gran pinga de aceite e unha ou dúas pingas máis pequenas. A superficie da espora, inicialmente lisa, faise reticulada e basta, desenvolvendo pequenas verrugas.[19] o uso de microscopia electrónica de varrido revelou ata 6 curtas apículas (a parte da espora que se une aos esterigmas) que se orixinan de extensións da reticulación.[24][25] Os ascos (células que levan esporas) miden 320–420 por 18,5–23 μm, e as paráfises son de 6,5–5,9 μm de ancho.[19][23]
Aínda que algunhas guías de fungos indican que a especie é comestible se se prepara axeitadamente (como ao cocela),[16] xeralmente non se recomenda para o consumo polo risco que hai de confundila cos outras especies máis tóxicas de Gyromitra que conteñen o composto xiromitrina.[26][27][28] Cando se ferve en auga ou se dixire no corpo, este composto é doadamente hidrolizado ao composto tóxico monometilhidrazina (usado como propelente nalgúns combustibles de foguetes).[29]
Especies similares
[editar | editar a fonte]Gyromitra brunnea ten un aspecto similar ao de G. caroliana e ambas teñen unha distribución xeográfica solapada. G. brunnea está claramente lobulada e arece de costelas e costelas transversais. En consecuencia, xeralmente poden atoparse "costuras" onde a superficie inferior queda exposta. En contraste, G. caroliniana case nunca está lobulada e carece desas costuras. O seu píleo, moi densamente engurrado e unido, agocha a maior parte da superficie inferior. G. korfii ten unha aparencia máis de bloque ou cadrada, e a superficie do seu píleo de cor marrón amarelada a marrón avermellada ten poucas engurras, pregamentos e circunvolucións. G. fastigiata é unha especie europea que lembra a G. brunnea noreamericana. A común e moi espallada G. esculenta ten un píleo cuns lóbulos menos apertados, de forma irregular, e parecida a un cerebro. Ten esporas máis curtas que miden 21–25 por 12–13 μm.[30]
| G. fastigiata | G. korfii | G. brunnea | G. esculenta |
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]
O fungo frutifica en solitario ou en grupos pouco densos no chan de bosques ricos en humus.[26] Os hábitats comúns inclúen os arredores de tocos de árbores e madeira morta, especialmente de carballo, e ribeiras de ríos. Nos estados so sur dos Estados Unidos, pode aparecer xa en marzo, pero noutras partes adoita frutificar en abril e maio.[19] A especie usouse como indicador que sinalaba o comezo da "tempada de pantorras".[16] As especies de Gyromitra son consideradas "oficialmente" saprobias, pero mostan algunhas tendencias a formar micorrizas e poden integrar ambos os dous estilos ecolóxicos no seu ciclo vital.[30]
A distribución de G. caroliniana comprende desde Oklahoma ás Carolinas e cara ao norte ata os Grandes Lagos. Erich Benedix informou da presenza do fungo en Turinxia e Austria, onde afirmaba que anteriormente fora identificado erradamente como unha forma xuvenil de Gyromitra infula.[31] Porén, unha revisión máis recente discute esta afirmación, dicindo o seguinte: "Os informes de Europa non están confirmados e débense á confusión con G. fastigiata e G. gigas".[32] Os corpos frutíferos desenvolvense paseniñamente e os espécimes que quedan ata o final da estación poden medrar ata pesaren 2,2 kg ou máis.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gyromitra caroliniana (Bosc) Fries 1872". MycoBank. International Mycological Association. Consultado o 2012-10-24.
- ↑ Nees von Esenback CDG. (1817). System der Pilze und Schwämme: ein Versuch [An attempt at a system of fungi and sponges] (en alemán). Würtzburg, Germany: Stahel. p. 176.
- ↑ Léveillé JH. (1846). "Descriptions des champignons de l'herbier du Muséum de Paris" (PDF). Annales des Sciences Naturelles Botanique (en francés) 5: 250.
- ↑ Imai S. (1932). "Contributions to the knowledge of the classification of the Helvellaceae". Shokubutsugaku Zasshi 46 (544): 172–5. doi:10.15281/jplantres1887.46.172.
- ↑ Eckblad FE. (1968). "The genera of the operculate discomycetes". Nytt Magasin for Botanik 15 (1–2): 1–191 (see p. 100).
- 1 2 Benedix EH. (1969). "Art- und Gattungsgrenzen bei höheren Discomyceten, III". Kulturpflanze (en alemán) 17: 253–84 (see p. 277). doi:10.1007/bf02097950.
- ↑ Cooke MC. (1879). Mycographia, seu Icones fungorum: Figures of fungi from all parts of the world. Londres, Reino Unido: William & Norgate. pp. 196 & plate 90 (figure 330).
- ↑ Bosc L. (1811). "Mémoire sur quelques espèces de Champignons des parties méridionales de l'Amérique septentrionale". Magazin der Gesellschaft Naturforschenden Freunde Berlin (en francés) 5: 86.
- ↑ Fries EM. (1822). Systema Mycologicum (en latín) 2. Lundin, Sweden: Ex Officina Berlingiana. p. 12.
- ↑ Fries E. (1871). "Queletia, novum Lycoperdaceorum genus, Accedit nova Gyromitrae species". Öfversigt Af Kongliga Vetenskaps-Akademiens Förhandlingar (en latín) 28 (2): 171–4.
- ↑ Abbott and Currah (1997), pp. 19–21.
- ↑ Harmaja H. (1976). "Paradiscina Benedix – a synonym of Gyromitra Fr". Karstenia 15: 33–5. doi:10.29203/ka.1976.112.
- ↑ van Nooren N, Moreau PA (2009). "Essai taxinomique sur le genre Gyromitra Fr. sensu lato (Pezizales)". Ascomycete.org (en francés) 1 (2): 15–20.
- ↑ McKnight KH. (1971). "On two species of false Morels (Gyromitra) in Utah". Great Basin Naturalist 31 (2): 35–47.
- ↑ McKnight KH. (1973). "Two misunderstood species of Gyromitra (false Morels) in North America". The Michigan Botanist 12: 147–62.
- 1 2 3 Metzler V, Metzler S (1992). Texas Mushrooms: A Field Guide. Austin, Texas: University of Texas Press. p. 324. ISBN 978-0-292-75125-5.
- ↑ Bessette AE, Roody WC, Bessette AR (2007). Mushrooms of the Southeastern United States. Syracuse, New York: Syracuse University Press. p. 279. ISBN 978-0-8156-3112-5.
- ↑ McFarland J, Mueller GM (2009). Edible Wild Mushrooms of Illinois & Surrounding States: A Field-To-Kitchen Guide. University of Illinois Press. p. 88. ISBN 978-0-252-07643-5.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Kuo M. (2005). Morels. Ann Arbor, Michigan: University of Michigan Press. pp. 188–98. ISBN 978-0-472-03036-1.
- 1 2 McKnight VB, McKnight KH (1987). A Field Guide to Mushrooms: North America. Peterson Field Guides. Boston, Massachusetts: Houghton Mifflin. p. 50. ISBN 978-0-395-91090-0.
- ↑ Seaver FJ. (1931). "Photographs and descriptions of cup-fungi: XV. The giant Elvela". Mycologia 23 (6): 409–10. JSTOR 3753905. doi:10.2307/3753905.
- 1 2 Miller HR, Miller OK (2006). North American Mushrooms: A Field Guide to Edible and Inedible Fungi. Guilford, Connecticut: Falcon Guide. p. 508. ISBN 978-0-7627-3109-1.
- 1 2 Seaver FJ. (1928). The North American cup-fungi (Operculates). New York, New York: Self published. p. 253.
- ↑ McKnight KH, Batral LR (1974). "Scanning electron microscopy in taxonomy of gyromitroid fungi". The Michigan Botanist 13 (2): 51–64.
- ↑ Medel R, Marmolejo J (2005). "Micromorfologia de esporas en algunas especies de Gyromitra s.l. (Ascomycotina, Pezizales, Discinaceae)" [Spore micromorphology of some Gyromitra s. l. species (Ascomycotina, Pezizales, Discinaceae)]. Revista Mexicana de Micologia (en Spanish) 21: 15–21.
- 1 2 Healy RA, Huffman DR, Tiffany LH, Knaphaus G (2008). Mushrooms and Other Fungi of the Midcontinental United States. Bur Oak Guide. Iowa City, Iowa: University of Iowa Press. p. 275. ISBN 978-1-58729-627-7.
- ↑ Pelouch M, Pelouch L (2008). How to Find Morels. University of Michigan Press. p. 18. ISBN 978-0-472-03274-7.
- ↑ "Poisonous Mushrooms". Missouri Department of Conservation. Arquivado dende o orixinal o 2012-08-16. Consultado o 2012-11-05.
- ↑ Ammirati JF, Traquair JA, Horgen PA (1985). Poisonous Mushrooms of Canada: Including other Inedible Fungi. Markham, Ontario: Fitzhenry & Whiteside in cooperation with Agriculture Canada and the Canadian Government Publishing Centre, Supply and Services Canada. pp. 119–20. ISBN 978-0-88902-977-4.
- 1 2 Kuo M. (xuño de 2012). "Gyromitra caroliniana". MushroomExpert.Com. Consultado o 2012-10-24.
- ↑ Benedix EH. (1966). "Art-und Gattungsgrenzen bei hoheren Discomyceten II" [Species and generic limits of higher Discomyetes. II]. Kulturpflanze (en alemán) 14: 359–371. doi:10.1007/bf02095293.
- ↑ Abbott and Currah (1997), p. 20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Abbott SP, Currah RS (1997). "The Helvellaceae: systematic revision and occurrence in northern and northwestern North America". Mycotaxon 62: 1–125.