Gylfaginning
| Gylfaginning | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Parte de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Autor/a
| |||
| Temática | |||
|
Personaxes
| |||
| Publicación | |||
|
Parte da serie
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Data de creación
| |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Descrito pola fonte
| |||
| Wikidata |

A Visión de Gylfi (en nórdico antigo Gylfaginning) é a primeira sección da Edda prosaica. O escaldo islandés Snorri Sturluson resumiu a mitoloxía nórdica nun sistema coherente; algúns din que foi por medo a que se perdese ou se distorcese baixo o dominio espiritual do cristianismo en Europa.
Sturluson baseouse en cantos escritos uns séculos antes, e mesmo nos primeiros tempos do cristianismo. Estes conserváronse principalmente na Edda poética.
As narracións mitolóxicas conservadas no Gylfaginning eran útiles para os poetas, os escaldos, xa que proporcionaron motivos e materias para os seus versos. Ademais, moitos kennings explícanse segundo as aventuras e fazañas dos deuses.
Trama
[editar | editar a fonte]Gylfi, gobernante das terras da actual Suecia, era un home sabio e experto. Sorprendíalle que os Æsir fosen tan sabios que todas as cousas se fixesen segundo a súa vontade. Gylfi pensou en poñer a proba os Æsir e viaxar a Asgard (fogar dos Æsir); porén, como eran videntes, estes souberon da viaxe e da visita de Gylfi e provocáronlle unha visión en forma de espellismo. Cando entrou na fortaleza, viu un palacio tan alto que apenas se podía albiscar o teito. Gangleri saíu ao seu encontro e díxolle que chegara alí por camiños misteriosos. Foi, a partir de entón, o seu guía e quen facía as preguntas no seu nome. Estas eran respondidas por tres personaxes: o alto, o máis alto e o igualmente alto. Estes personaxes eran, na tradución do texto ao castelán de Jorge Luis Borges, unha ironía sobre a Santísima Trindade.
Nárranse varias historias, por exemplo, que o mundo naceu da colisión dunha materia quente e outra fría no espazo máxico chamado Ginnungagap. Os primeiros seres que habitaron ese mundo foron os Ætuns. Deles, o máis vello de todos foi Ymir. Non se consideran deuses, explica Snorri, porque eran malvados, como todos os seus descendentes. A primeira divindade nace da condensación da suor de Ymir e o seu nome é Buri. Este sería o pai de Borr, que casou con Bestla, filla doutro xigante.
A formación do mundo e das criaturas
[editar | editar a fonte]Os tres primeiros fillos da primeira parella son os tres primeiros Æsir: Odín, Vili e Vé. Os Æsir fixeron a terra coa carne de Ymir, o mar e os lagos co seu sangue, as montañas cos seus ósos e as rochas cos seus dentes. Coa parte cóncava do seu cranio elevaron o ceo e coas faíscas que proviñan da terra quente crearon os astros. No centro da terra fixeron murallas coas cellas de Ymir, e estes muros protexían Midgard, é dicir, a terra dos homes. Co cerebro do xigante fixeron as nubes. Para eles, os Æsir crearon outra fortaleza ou recinto, Asgard.
Os astros principais, o Sol e a Lúa, xiran na conca do cranio de Ymir, perseguidos polos lobos. O arco da vella, o Bifrost, é a ponte entre o ceo e a terra. Por decisión dos deuses, os ananos nacidos como vermes do sangue de Ymir foron condenados a vivir baixo a terra e as pedras.
A primeira parella humana foi creada por Odín a partir de dous troncos de árbores. O home chamábase Ask e a muller Embla.
O lugar sagrado dos deuses é unha árbore, o enorme freixo chamado Ígdrasil, que se traduce como "o corsario de Ygg", un dos moitos nomes de Odín.
Yggdrasil é o lugar onde os deuses teñen o seu tribunal todos os días. As pólas desta árbore esténdense por todos os mundos e chegan máis alá do ceo, tanto as súas raíces penetran profundamente nos lugares e tempos primixenios, como o tempo dos Æsir e a súa terra e o tempo e lugar dos Ætuns. Baixo as súas raíces atópase a fonte do xigante Mímir que encerra toda a sabedoría. Odín baixou a ela pero non se lle permitiu beber dela ata que deu un ollo como ofrenda. No ceo hai outra fonte, e xunto con ela o salón onde viven as nornas, que moldean as vidas dos homes, que se chaman Urd, Verdandi e Skuld.
Na cima do freixo sagrado habitan a aguia sen nome e o falcón Veðrfölnir, que representa a sabedoría. Un esquío, Ratatösk, que simboliza o intrigante, leva e trae novas a través das pólas. Os corvos de Odín, que informan o deus supremo do panteón nórdico do que está a suceder na terra, tamén viven na cima da árbore. Tres cervos pastan preto da árbore, arrincándolle a cortiza, e o dragón Níðhöggr come as súas raíces.
No ceo do freixo está o reino dos elfos da luz, máis fermosos que o Sol, mentres que os elfos escuros, máis negros que o alcatrán, viven baixo a árbore.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sturluson, Snorri (1984) La alucinación de Gylfi, (trad.) Jorge Luis Borges e María Kodama, Alianza Editorial, España, ISBN 9504000053 ; ISBN 9789504000051 (en castelán)