Gwenno Saunders
![]() (2006) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1981 ![]() Cardiff, Reino Unido ![]() |
Educación | Ysgol Gyfun Gymraeg Glantaf ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, música ![]() |
Período de actividade | 2002 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Electropop ![]() |
Influencias | |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Peski Records Heavenly Recordings ![]() |
Familia | |
Pai | Tim Saunders ![]() |
Irmáns | Ani Glass ![]() |
Sitio web | gwenno.info ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Gwenno Mererid Saunders, nada en Cardiff o 23 de maio de 1981, é unha cantante e artista galesa, coñecida artisticamente como Gwenno. Actúa como artista en solitario, e sacou o seu primeiro álbum Y Dydd Olaf con Heavenly Recordings en 2015, e o seu segundo álbum en lingua córnica titulado Le Kov, en 2018.[1][2] Tamén foi cantante no grupo indie pop The Pipettes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Saunders naceu en Cardiff.[3] É a filla do poeta e lingüista córnico Tim Saunders[4] e Lyn Mererid, quen é activista e membro do coro Côr Cochion Caerdydd e traballa como tradutora.[5] Segundo ía medrando, o seu pai faloulle en córnico e a súa nai en galés.[6]
Dende os cinco anos asistiu á Academia de Danza Irlandesa Seán Éireann-McMahon[7] e foi membro do elenco da produción de Michael Flatley Lord of the Dance[8] e Feet of Flames cando tiña 17 anos, interpretando o papel principal desta última na produción de Las Vegas Strip. En 2001, tivo un papel na serie en lingua galesa Pobol y Cwm de S4C, despois do cal conseguiría o seu programa Ydy Gwenno'n Gallu...?. É falante fluída en galés e córnico.[9][10][11]
O 18 de abril de 2019 presentou "Songs from the Edgelands", un programa sobre cancións en linguas minoritarias para BBC Radio 4.[12]
Influencia cultural
[editar | editar a fonte]En outubro de 2018, Kesva an Taves Kernewek declarou que o álbum de Saunders Le Kov contribuíu a un aumento do 15 % no número de persoas que realizaron exames de lingua córnica durante 2018.[13]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Saunders casou co produtor Rhys Edwards,[14] e ten un fillo.[15] En 2019, foi nomeada Bardo de Gorsedh Kernow polos seus "servizos á lingua córnica a través da música e os medios de comunicación".[16]
Saunders apoia o independentismo galés. Ela dixo: "E se hai outras formas de coexistir? E se podemos organizarnos doutro xeito? Hai unha anarquía innata na arte e un potencial absoluto para utilizala para o ben mentres imaxinamos futuros mellores. Queremos continuar unha conversa sobre unha autodeterminación inclusiva botando man do noso pasado, abrazando aos nosos veciños de todo o Reino Unido e do mundo cos brazos abertos, ao mesmo tempo que nos aseguramos de cantar coa mellor canción posible".[17]
Discografía
[editar | editar a fonte]Con The Pipettes
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum | Posición nas listas |
---|---|---|
UK | ||
2006 | We Are The Pipettes | 41 |
2010 | Earth vs. The Pipettes | – |
Álbums en solitario
[editar | editar a fonte]Ano | Nome | Selo | Formato | Lingua |
---|---|---|---|---|
2014 | Y Dydd Olaf | Peski, Heavenly | Descarga dixital, CD e vinilo | Galés e córnico |
2018 | Le Kov | Heavenly | Descarga dixital, CD e vinilo | Córnico |
2022 | Tresor | Heavenly | Descarga dixital, CD e vinilo | Galés e córnico |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gwenno - Y Dydd Olaf". discogs. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
- ↑ Empire, Kitty (7 de agosto de 2016). "Gwenno review – diversity for the ear". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077.
- ↑ "Sweeping The Nation: A Friendly Chat With... Gwenno". Sweepingthenation.blogspot.com. 7 de xullo de 2006. Consultado o 13 de agosto de 2015.
- ↑ "Gwenno". BBC Wales. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2007. Consultado o 6 de outubro de 2008.
- ↑ Snapes, Laura (8 de setembro de 2015). "Gwenno: the ex-Pipette is leading the Welsh-speaking music revival". The Guardian. Consultado o 6 de abril de 2018.
- ↑ Williams, Holly (12 de abril de 2018). "The rebirth of Britain's lost languages". BBC. Consultado o 12 de abril de 2018.
- ↑ [1] Arquivado 19 de agosto de 2003 en Wayback Machine.
- ↑ "Dotty about The Pipettes". Manchester Evening News. 15 de febreiro de 2007. Consultado o 29 de agosto de 2015.
- ↑ Price, Bernadette. "Gwenno at the Celtic Cafe". Celtic Cafe. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2009. Consultado o 18 de xuño de 2016.
- ↑ "Gwenno - in tune, in Cornish!". BBC Cornwall. setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2011. Consultado o 6 de outubro de 2008.
- ↑ "Gwenno » Artists". WOMAD. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 13 de agosto de 2015.
- ↑ Radio Times; 13–19 de abril de 2019
- ↑ "Gwenno 'sparks record numbers' in Cornish exams". BBC News. 20 de outubro de 2018.
- ↑ "Introducing GWENNO | The Electricity Club". electricity-club.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-08.
- ↑ Owens, David (2015-11-26). "Welsh Music Prize Winner named as Gwenno Saunders for sci-fi inspired album". Consultado o 2016-08-08.
- ↑ "12.8.19 Gorsedh Kernow names 12 new Bards for 2019". Gorsedh Kernow. 12 de agosto de 2019. Consultado o 18 de maio de 2020.
- ↑ "Gwenno". yes is more (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gwenno Saunders ![]() |