Gwen Guthrie
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de xullo de 1950 Newark |
| Morte | 3 de febreiro de 1999 Orange |
| Causa da morte | cancro de útero |
| Lugar de sepultura | Fairmount Cemetery (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | cantautora, pianista, artista discográfica |
| Período de actividade | 1974 |
| Xénero artístico | Soul |
| Instrumento | Piano e voz |
| Selo discográfico | Island Records |
Gwendolyn Guthrie, nada en Newark (Nova Jersey) en 1950 e finada en Orange (Nova Jersey) o 3 de febreiro de 1999, foi unha compositora, cantante e pianista de R&B profesional americana recordada polo seu número 1 en listas "Ain't Nothin' Goin' on But the Rent" de 1986 e por participar en sesións de estudo de Aretha Franklin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestra de educación secundaria, a principios de 1970 compaxinou o seu traballo de instituto coa incorporación aos grupos vocais os Ebonettes e os Matchmakers. No 1974 tivo que substituír á vocalista e cantante de apoio de Aretha Franklin, mentres gravaban "I'm in Love", debido a unha baixa laboral por enfermidade. Guthrie e Cissy Houston tomaron o relevo.
A partir desa gravación, comezou a colaborar, en actuacións e gravacións de artistas xa consolidados, en moitas ocasións con Valerie Simpson (de Ashford & Simpson). Escribiu e compuxo cancións para Ben E. King, "Supernatural Thing" e "This Time I'll Be Sweeter". Tamén o fixo no álbum Circle Of Love de Sister Sledge de 1975: Cross My Heart, Protect Our Love, Love Don't You Go Through No Changes On Me, Don't You Miss Him Now, Pain Reliever, You're Much Better Off Loving Me, e Fireman. Tamén escribiu para "God Don't Like Ugly" de Roberta Flack.
O seu sinxelo "Can't Love You Tonight" abordou o tema da SIDA no 1988.
Compuxo cancións como Ain't Nothin' Goin' on But the Rent, polo que foi acusada de promover tendencias materialistas por parte da letra "Tes que ter un traballo se queres estar comigo/ Non hai amor sen financiamento".[1] Durante moito tempo foi proclamada a primeira dama de Paradise Garage (club nocturno de New York Garage notábel na historia moderna das culturas gais e das discotecas e da música pop e danza).
Morreu de cancro de útero o 3 de febreiro de 1999, aos 48 anos, e foi enterrada no cemiterio de Fairmount en Newark, Nova Jersey.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Portrait (Island, 1983)
- Just for You (Island, 1985)
Avaliado pola crítica como R&B eléctronico cunha letra poética de gran calidade.[2]
- Lifeline (Warner Bros, 1988)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gwen Guthrie" (en castelán).
- ↑ "Emeralds". pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-08-09.