Saltar ao contido

Gustav Kirchhoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGustav Kirchhoff

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1824 Editar o valor en Wikidata
Königsberg (Reino de Prusia) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de outubro de 1887 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Berlín (Reino de Prusia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAlter St.-Matthäus-Kirchhof Berlin (pt) Traducir, P-W-023 52°29′19″N 13°21′58″L / 52.48853, 13.36622 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Königsberg (1842–1847)
Kneiphof Gymnasium (en) Traducir (–1842) Editar o valor en Wikidata
Tese académicaUeber den Durchgang eines elektrischen Stromes durch eine Ebene, insbesondere durch eine kreisförmige Editar o valor en Wikidata (1847 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseFranz Ernst Neumann e Friedrich Julius Richelot Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica e mecánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, enxeñeiro, químico, matemático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Frederico Guillerme de Berlín (1875–1887)
Universidade de Heidelberg (1855–1875)
Universidade de Breslau (1850–1854)
Universidade Frederico Guillerme de Berlín (1848–1850) Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosÁgost Heller, Sofia Kovalewska, Rudolf Benedikt, Wilhelm Feußner (pt) Traducir e Dmitry Lachinov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoGabriel Lippmann, Ernst Schröder, Max Noether, Jacob Lüroth, Viktor Lvovich Kirpichov (pt) Traducir, Heinrich Martin Weber, Hermann Aron (pt) Traducir, Johannes Knoblauch (pt) Traducir, Loránd Eötvös (pt) Traducir, Theodor Adrian (en) Traducir e Arthur Schuster Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLuise Brömmel (1872–1887)
Clara Richelot (1857–1869), morte Editar o valor en Wikidata
PaisFriedrich Kirchhoff Editar o valor en Wikidata  e Juliane Kirchhoff Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie
Heidelberger Gelehrtenlexikon 1803–1932, (p.135) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Kirchhoff-197 Find a Grave: 19896895 Editar o valor en Wikidata

Gustav Robert Kirchhoff, nado en Königsberg o 12 de marzo de 1824 e finado o 17 de outubro de 1887, foi un físico alemán cuxas principais contribucións científicas estiveron no campo dos circuítos eléctricos, a espectroscopia e a emisión de radiación dos corpos negros. Kirchoff propuxo o nome de radiación do corpo negro en 1862. É responsable dos conxuntos de leis fundamentais na teoría clásica de circuítos eléctricos e na emisión térmica. Aínda que ambas se denominan Leis de Kirchhoff, probablemente esta denominación é máis común no caso das Leis de Kirchhoff da enxeñería eléctrica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gustav Kirchhoff naceu en Königsberg, Prusia (actualmente Kaliningrado, Rusia). Era fillo de Friedrich Kirchhoff (avogado) e Johanna Henriette. Graduouse na Universidade Albertus de Königsberg en 1847 e casou con Clara Richelot, filla de Friedrich Richelot, un dos seus profesores de matemáticas. Aquel mesmo ano trasladáronse a Berlín, onde permaneceu ata que lle outorgaron unha praza de catedrático en Breslau (na actualidade Wrocław) onde traballou entre 1850 e 1854 para trasladarse posteriormente á Universidade de Heidelberg e anos máis tarde á Universidade de Berlín. En 1886 o empeoramento da súa saúde obrigouno a retirarse falecendo un ano máis tarde.

Kirchoff formulou a súa lei da voltaxe para a análise de circuítos en 1845 sendo aínda un estudante. Propuxo a súa lei de emisión de radiación térmica en 1859 proporcionando probas dela en 1861. En Breslau colaborou en traballos sobre espectroscopia con Bunsen sendo codescubridor xunto a el dos elementos cesio e rubidio en 1861 estudando a composición química do sol a través do seu espectro.

Máis adiante propuxo as tres leis empíricas que describen a emisión de luz por obxectos incandescentes:

  • Un obxecto sólido quente produce luz nun espectro continuo.
  • Un gas tenue produce luz con liñas espectrais en lonxitudes de onda discretas que dependen da composición química do gas.
  • Un obxecto sólido a alta temperatura rodeado dun gas tenue a temperaturas inferiores produce luz nun espectro continuo con focos en lonxitudes de onda discretas cuxas posicións dependen da composición química do gas.

A existencia destas leis discretas foron explicadas máis tarde por Niels Bohr, contribuíndo decisivamente ao nacemento da mecánica cuántica.