Guntimil, Guntimil, Xinzo de Limia
| Guntimil | |
|---|---|
Igrexa de San Xoán de Guntimil | |
| Parroquia | Guntimil |
| Concello | Xinzo de Limia |
| Coordenadas | 42°01′07″N 7°45′31″O / 42.0185261, -7.7587328 |
| Poboación | 41 hab. (2022) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Guntimil é un lugar da parroquia de Guntimil, no concello ourensán de Xinzo de Limia, na Comarca da Limia. No ano 2022 tiña 41 habitantes, dos cales 23 eran homes e 18 mulleres.[1]
Situación
[editar | editar a fonte]

A aldea atópase ao pé do monte do Castelo e a uns cinco quilómetros da vila de Xinzo de Limia. Ó seu arredor están as aldeas de Gudes, Mosteiro e Lamas.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]En Guntimil pódese observar como principal monumento a igrexa de San Xoán, unha das 9 igrexas que se conservan no concello de Xinzo de Limia e son un referente de arte románica da Limia. Grazas a unha inscrición situada a carón da porta lateral, coñécese a súa data de modificación e ampliación da nave que é en 1617.
Tamén conta cun pazo tradicional, que a día de hoxe están restaurando para alugar como casa rural para turistas e co antigo forno que xa non se lle da uso pero que se conserva como monumento antigo.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía da poboación baséase principalmente na gandaría xa que hai diversas granxas de ovellas e porcos, máis unha industria do sector da maquinaria e a metalurxia. Tamén unha pequena parte da poboación son serradores.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas parroquiais celébranse na fin de semana máis próxima ao 24 de xuño, día de san Xoán. O sábado faise unha sardiñada no campo da festa, acompañada de música, e o domingo hai unha procesión levando os santos dende a igrexa, dando volta pola aldea do lado e ó regresar celébrase unha misa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Guntimil
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Guntimil no concello de Xinzo de Limia (Ourense) | |
|---|---|
Parroquias de Xinzo de Limia
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 20 de febreiro de 2023.