Saltar ao contido

Gunpei Yokoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGunpei Yokoi
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Kyoto, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Prefectura de Ishikawa, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Dōshisha Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoVideoxogo Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndeseñador de xogos, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata - 1997 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0948386 WikiTree: 橫井-4 Find a Grave: 116910308 Editar o valor en Wikidata

Gunpei Yokoi (en xaponés: 横井 軍平), nado en Kyoto o 10 de setembro de 1941 e falecido na prefectura de Ishikawa o 4 de outubro de 1997, foi un desenvolvedor de videoxogos xaponés que traballou para Nintendo. Posuidor dunha gran inventiva e creatividade, inventou a afamada consola portátil Game Boy e os Game & Watch, moi populares naquel entón, considerados ser o prototipo da primeira mencionada. Tamén foi o home que desenvolveu as franquías de Metroid e Kid Icarus.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gunpei Yokoi comezou a traballar en Nintendo en 1965, despois de graduarse cun título universitario en Electrónica pola Universidade de Doshisha. Yokoi comezou a traballar na cadea de montaxe das cartas hanafuda (produto de Nintendo) como enxeñeiro de mantemento.[1]

En 1966 o presidente de Nintendo nese momento, Hiroshi Yamauchi, chegou á fábrica na que estaba a traballar Yokoi e chegou a ver un xoguete, unha especie de brazo extensíbel, que Yokoi fixera para entreterse nos seus intres libres como home de mantemento. Yamauchi ordenou a Yokoi desenvolver o xoguete como produto orientado ás compras de Nadal. A Ultra Man foi un gran éxito, vendendo aproximadamente 1,2 millóns de unidades. Grazas a isto, Yokoi foi transferido de mantemento ao sector de desenvolvemento de produtos. Yokoi pasou a desenvolver moitos outros produtos para Nintendo na época en que a compañía se adicaba á produción de xoguetes, entre os que había unha aspiradora en miniatura a control remoto, chamada Chiritory; unha máquina lanza pelotas de béisbol, chamada a Ultra Máquina e un "test do amor". Outra das súas invencións, en colaboración con Masayuki Uemura de Sharp, foi o canón de feixe de Nintendo, o precursor da NES Zapper. Gunpei Yokoi creou en 1980 dous xoguetes mentais mecánicos ("quebracabezas") que confirmaron unha vez máis a súa intelixencia creativa e abstracta. Trátase do "Ten Billion Barrell" e o Trillion (que nos Estados Unidos comercializou "Ideal Toys"), ambos os cubertos na patente norteamericana US4376537 de 1980. En 1982, Yokoi acreditou para Nintendo a patente doutro xogo mental chamado "Crossover" (patente US4402510). En 2007, o Ten Billion Barrell foi reeditado con forma de estrela como unha edición especial para os membros do Club Nintendo xaponés.

Cando finalmente Nintendo comezou a vender videoxogos, Yamauchi preguntoulle a Yokoi se podería desenvolver algún produto neste campo. Despois de ver a un aburrido home de negocios xogando cunha calculadora nun tren bala, Yokoi inventou un prototipo. O resultado inicial foi a popular serie de consolas portátiles Game & Watch, a cal tivo 59 títulos entre 1980 e 1991.

Xogo da Game & Watch: Ball
Game & Watch, a primeira consola de Yokoi.
A Game Boy orixinal foi a obra máis importante de Gunpei Yokoi.
Virtual Boy, obra de Yokoi que foi un fracaso comercial.

Após o éxito das Game & Watch, quizais o traballo máis notábel de Yokoi na área do soporte físico (hardware) foi a consola portátil Game Boy, lanzada ao mercado en 1989.[2] A Game Boy parecía ser a sucesora dos xogos Game & Watch. Porén, na Game Boy podíanse xogar numerosos títulos a través dun sistema baseado en cartuchos, e os xogos eran presentados nunha pantalla monocromática. En resumo, a consola tiña a portabilidade dos xogos da Game & Watch e a capacidade de intercambio de cartuchos da Famicom.

Grazas ao éxito da Game Boy e de anteriores traballos, Gunpei Yokoi converteuse nun dos membros máis respectados de Nintendo. Porén, boa parte da súa reputación caeu de forma dramática co desenvolvemento da Virtual Boy, unha consola de sobremesa que presentaba xogos en cores vermella e negra, que foi un fracaso comercial. A Virtual Boy presentaba imaxes en 3D; pero o ton vermello presentado pola máquina irritaba os ollos dos xogadores e ademais a máquina en si era sumamente incómoda de utilizar. A Virtual Boy chegou a posuír un total de só 22 xogos. Como resultado, non tivo ningún éxito nin no Xapón nin en América do Norte e, por conseguinte, xamais foi lanzada en Europa. Yokoi estaba devastado por mor do fracaso que supuxera a Virtual Boy, e o seu fallo con este produto fixo que moitos empregados de Nintendo cuestionasen o seu potencial e as súas habilidades. De acordo cun episodio de Icons na canle G4 TV, Yokoi era tratado dunha forma excluínte, como un rexeitado, iñantes de deixar Nintendo o 15 de agosto de 1996, a só uns días de que a Game Boy Pocket fose lanzada ao mercado.

Pouco despois de deixar Nintendo, Yokoi comezou a súa propia compañía, chamada Laboratorios Koto, en Kioto. Alí empezou a desenvolver a consola WonderSwan, unha portátil desenvolvida en asociación entre Laboratorios Koto e Bandai. Yokoi xamais viu o resultado final da WonderSwan, que foi lanzada en 1999, dous anos após a súa morte.

Falecemento

[editar | editar a fonte]

O 4 de outubro de 1997, Gunpei Yokoi viaxaba nun coche conducido por Etsuo Kiso, un home de negocios de Nintendo, cando chocaron cun camión pola autoestrada de Neagarimachi.[3][4] Cando ambos saíron a comprobar os danos do vehículo, Yokoi foi atropelado por un terceiro vehículo, tras o cal Yokoi rompeu varias costelas e Kiso sufriu dúas fracturas e graves traumatismos cervicais. Dúas horas despois, Yokoi foi declarado morto no hospital, aos 56 anos de idade.[5] O seu derradeiro proxecto persoal nunca chegou a ver a luz.

Videoxogos e consolas

[editar | editar a fonte]

Deseñador

[editar | editar a fonte]
  1. "Forgotten Giant: The Brilliant Life and Tragic Death of Gunpei Yokoi". Game Informer 12 (105): 116. Xaneiro de 2002. 
  2. "Farewell, Game Boy". Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (102): 20. Decembro de 1998. 
  3. "Virtual Boy – What about Channel 4?". www.rfgeneration.com. Consultado o 2019-04-16. 
  4. "Game Boy Inventor Dies in Car Crash". IGN. IGN Entertainment, Inc. 06-10-1997. 
  5. "IGN: Gunpei Yokoi Biography". Stars.ign.com. Arquivado dende o orixinal o 13-09-2008.