Johan Ernst Gunnerus
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de febreiro de 1718 Christiania, Noruega (pt) |
| Morte | 25 de setembro de 1773 Kristiansund, Noruega (pt) |
| Lutheran Bishop of Nidaros (en) | |
| 1758 – 1773 ← Frederik Nannestad (pt) | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo noruegués |
| Relixión | Luteranismo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Botánica, micoloxía, ornitoloxía e teoloxía |
| Ocupación | botánico, profesor universitario, liquenólogo, micólogo, filólogo, filósofo, teólogo, briólogo, zoólogo, ornitólogo, pteridólogo, pastor luterano |
| Empregador | Universidade de Copenhague |
| Membro de | |
| Profesores | Erik Nicolai Arbien e Jacob Rasch |
| Obra | |
| Abreviación dun autor en botánica | Gunnerus |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Johan Ernst Gunnerus, nado en Christiania (Oslo) o 26 de febreiro de 1718 e finado en Kristiansund (Noruega) o 23 de setembro de 1773, foi un naturalista, profesor, botánico, micólogo e bispo noruegués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gunnerus naceu en Christiania. Foi bispo de Trondheim desde 1758, e profesor de teoloxía na Universidade de Copenhaguen.
Gunnerus tiñaa un grande interese pola historia natural e acumulou unha gran colección de espécimes das súas excursións polo centro e o norte de Noruega. Tamén solicitaba aos seus coñecidos que llos enviaran.
Xunto co historiador Gerhard Schönning e Peter Friederich Suhm fundou a Sociedade Trondheim en 1760.
En 1767 recoñecéuselle o seu labor nomeándoo membro da Real Sociedade das Ciencias e as Letras de Noruega, da que foi vicepresidente e Director Perpetuus desde 1767 a 1773.
A Sociedade comezou a publicar, en 1761, un semanario titulado Det Trondhiemske Selskabs Skrifter, actualmente publicado como Det Kongelige Norske Videnskabers Selskabs Skrifter.
En 1765 Gunnerus publicou a descrición dun tiburón neste semanario, dándolle o nome científico de Squalus maximius, hoxe denominado Cetorhinus maximus (Gunnerus).
Gunnerus foi o primeiro en suxerir que as luces do norte (auroras boreais estaban causadas polo Sol, e que tamén podería haber auroras polares ao redor da Lúna, Venus e Mercurio.
Epónimos
[editar | editar a fonte]O xénero de plantas Gunnera L. 1756 foi nomeado na súa honra.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Gunnerus emprégase para indicar a Johan Ernst Gunnerus como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
- A abreviatura Gunnerus emprégase para indicar a Johan Ernst Gunnerus como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Johan Ernst Gunnerus |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Johan Ernst Gunnerus |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Johan Ernst Gunnerus en IPNI (Índice Internacional de Nomes das Plantas). (en inglés) Consultada o 9/12/2012.
- Publicacións de Gunnerus Arquivado 19 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. en GDZ. Consultada o 9/12/2012.
- Libros de e sobre Gunnerus en WorldCat. Consultada o 9/12/2012.
- Biografía de Gunnerus en Nordisk familjebok. (en noruegués) Consultada o 9/12/2012.