Gullspång
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Västra Götaland | ||||
| Capital | Hova (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.940 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | Västergötland Värmland (landskap) Mariestad's judgment saga (en) Skaraborg District Court (en) | ||||
| Superficie | 554,96 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Sitio web | gullspang.se | ||||
Gullspång é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] Anteriormente pertencía ao desaparecído condado de Skaraborg. A súa capital é a localidade de Hova. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 5 031 habitantes.[2]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese á das parroquias de Amnehärad, Hova e Södra Råda. Coa reforma municipal de 1862 creáronse nelas concellos rurais (landskommun) co mesmo nome.
A comunidade municipal deGullspång estableceuse o 10 de novembro de 1937 no concello rural de Amnehärad.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse os grandes concellos de Hova (a partir dos municipios de Hova e Älgarås) e Visnum (de Södra Råda e Visnum), mentres que o concello rural de Amnehärads quedou inalterado. A finais de 1958 disolveuse a sociedade municipal de Gullspång.
O actual concello de Gullspång fundouse coa reforma de 1971 a partir do concello rural de Amnehärad, edunha parte do de Hova (a parroquia de Hova för) oe unha parte do de Visnum (a parroquia de Södra Råda). A parroquia de Södra Råda foi transferida simultaneamente ao condado de Skaraborg dende o condado de Värmland.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio está situado no nordés do landskap de Västergötland, tendo unha pequena parte no sueste de Värmland (o distrito de Södra Råda), na ribeira leste do lago Vänern. O concello de Gullspång limita ao norte co de Kristinehamn no condado de Värmland, ao leste cos de Degerfors e Laxå no condado de Örebro, ao sur co de Töreboda e ao suroeste co de Mariestad. Ao oeste o municipio ten unha fronteira marítima co concello de Säffle en Värmland.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Gullspång atópase entre os grande lagos Vänern, Skagern e Unden. No río Gullspångsälven, que se estende entre o Skagern e o Vänern, hai excelentes zonas de desova para salmón e troita. O leito rochoso fracturado adoita estar cuberto de morenas e coníferas.
No noroeste do concello, en Åråsviken, hai unha gran zona con morenas terminais que ás veces forman illas alongadas en dirección noroeste-sueste. A vexetación das dorsais das morenas está dominada polo bosque de coníferas, pero tamén son habituais muros de árbores caducifolias. A zona é rica en aves, especialmente na área de Runnäsholmen, no nordeste do municipio, en Skagern, coñecida pola súa colonia de garzas.
Tanto o Skagern como o Unden son augas populares para a pesca. En Tivedsskogarna hai tamén moitos lagos pequenos que enriquecen aínda máis a natureza da zona.[4][5]
Conservación da natureza
[editar | editar a fonte]No ano 2025 había no concello oito reservas naturais.[6] Na de Gullspångsälven o Proxecto Gullspångslaxen levou á construción dunha escada para salmóns a principios da década de 2000. O obxectivo era era preservar o Gullspångslax, un dos poucos tipos de salmón que pasa toda a súa vida en auga doce, cuxo medio natural fora destruído en relación coa construción dunha central eléctrica a principios do século XX.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-21.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-05.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
- ↑ "Fiske i Gullspångs kommun". www.vastsverige.com (en sueco). Consultado o 2025-03-06.
- ↑ "Gullspång - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-06.
- ↑ "Gullspångs naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2025-03-26.
- ↑ "Laxtrappan i Gullspångsälven". www.vastsverige.com (en sueco). Consultado o 2025-03-26.
