Guillerme Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Guillermo Vázquez Vázquez»)
Infotaula de personaGuillerme Vázquez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
22 de marzo de 2000 – 20 de xaneiro de 2004

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
14 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , médico , catedrático Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: guillermegz Twitter: guillermegz Editar o valor em Wikidata

Guillerme Vázquez Vázquez, nado en Pontevedra en 1952, é un médico, profesor e político galego, integrante do Bloque Nacionalista Galego. O 10 de maio de 2009 foi designado por votación para ocupar o cargo de voceiro nacional deste partido[1], dimitindo do cargo tralas eleccións galegas de 2012[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.

Militancia política[editar | editar a fonte]

Membro do BNG, foi elixido deputado do BNG no Parlamento de Galicia en 1993 pola circunscrición de Pontevedra, cargo que simultaneou co de concelleiro en Pontevedra a partir de 1995. En 1996 figura como cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións ao Congreso, e sae elixido. Renovou o posto no ano 2000 e dimitiu no ano 2003, polo que foi substituído por Olaia Fernández Dávila.

En 2003 volve ser elixido concelleiro en Pontevedra e ocupa diversas responsabilidades no goberno de coalición do BNG co apoio do PSdeG.

Tras as eleccións galegas de 2009[editar | editar a fonte]

Despois das eleccións galegas de 2009, e trala dimisión da executiva en pleno do BNG, abriuse un proceso de renovación dos organismos de dirección da fronte. Dentro dese proceso Guillerme Vázquez foi escollido para encabezar a lista impulsada pola Unión do Povo Galego e por militancia independente (coma o propio Guillerme Vázquez), denominada Alternativa pola Unidade, que o propón como candidato a Portavoz Nacional. Así, o 10 de maio de 2009 a súa candidatura foi a designada para ocupar a portavocía nacional do BNG, deixando o cargo no Consello Nacional do 27 de outubro de 2012.

Tras as eleccións galegas de 2012[editar | editar a fonte]

Despois das eleccións galegas de 2012, o Bloque Nacionalista Galego pasou de ter 13 a 7 deputados no Parlamento de Galicia perdendo un 46% dos sufraxios con respecto á anterior elección en favor de Alternativa Galega de Esquerda polo que dimitiu do seu cargo de Portavoz Nacional do BNG. Foi substituído o 17 de marzo do 2013 por Xavier Vence, e Guillerme volveu impartir clases clases no centro pontevedrés IES Frei Martín Sarmiento.[3][4]

En 2014 anunciouse a súa elección como presidente da Fundación Galiza Sempre[5], cargo que ocupou ata o 2016, sendo sucedido por Francisco Jorquera[6].

Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España foi candidato na lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vázquez, novo voceiro nacional do BNG
  2. "Guillerme Vázquez deixará de liderar o BNG tras a "reflexión" da derrota electoral", Praza Pública, 27 de outubro de 2012.
  3. Beramendi, Mario (17/3/2013). "Guillerme Vázquez: «Non conseguirán destruir ao BNG»" La Voz de Galicia (en castelán).
  4. "Guillerme Vázquez vuelve a dar clase en el Frei Martín Sarmiento" La Voz de Galicia (en castelán).
  5. La Región. Agencias (19 de xaneiro de 2014). "La Fundación Galiza Sempre será dirigida por Guillerme Vázquez". Consultado o 08-03-2016. 
  6. Galego, BNG-Bloque Nacionalista. "Francisco Jorquera, novo presidente da Fundación Galiza Sempre". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Consultado o 2021-05-19. 
  7. "Candidatura por Pontevedra". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Arquivado dende o orixinal o 31/03/2019. Consultado o 9/3/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Anxo Quintana
 Portavoz Nacional do BNG 
2009–2013
Sucesor:
Xavier Vence