Guillermo Schulz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Guillermo Schulz
Guillermo Schulz (Oviedo) (2).jpg
Nacemento6 de marzo de 1805
 Dörnberg
Falecemento1 de agosto de 1877
 Aranjuez
NacionalidadeAlemaña e España
Ocupaciónenxeñeiro de minas, catedrático de universidade e xeólogo
editar datos en Wikidata ]

Guillermo Schulz, nado co nome de Wilhelm Phillip Daniel Schulz en Dörnberg, Habichtswald (Alemaña) o 6 de marzo de 1805 e finado en Aranjuez o 1 de agosto de 1877, foi un enxeñeiro de minas hispano-alemán. Desenvolveu o seu labor en España, estando afincado en Ribadeo varias décadas. Ten no seu haber diversas publicacións derivadas dos seus estudos xeolóxicos, entre as que se atopa a Descripción geognóstica del Reyno de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Detalle da colección de rochas de Galicia de Guillermo Schulz (1832-1834), conservada no Museo Xeomineiro (do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, en Madrid).

En agosto de 1826 trasladouse a España. En 1830 é nomeado Comisario de minas. En 1833 é ascendido a Inspector de Distrito en Galiza e Asturias. Neste tempo elaborou escritos fundamentais sobre a minería en España e as minas de carbón. En 1844 converteuse en Inspector Xeral destinado en Asturias.

A raíña Isabel II distinguiuno en 1849 polos seus méritos. De 1854 a 1857 foi profesor na Escola Especial de Enxeñeiros de Minas de Madrid. Despois foi presidente da comisión que debía realizar o mapa xeolóxico de España. Con este mapa debían atoparse os tesouros do chan do país para a súa posterior explotación. En 1857 foi vicepresidente do Instituto Geológico de Madrid.

Guillerme Schulz é considerado un pioneiro da xeoloxía e a minería en España. Adquiriu un alto recoñecemento científico e un mérito polo seu impulso da minería española. Por estas razóns, rúas en cidades como Mieres ou Xixón, así como a EPS de Enxeñería Xeolóxica da Universidade de Oviedo, levan o seu nome.

Morreu aos 72 anos en Aranjuez, onde se retirou a vivir. Existe un monumento no seu honor no seu lugar de orixe, Dörnberg, creado en 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.