Guillermo Ochoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guillermo Ochoa
Información persoal
Nome Francisco Guillermo Ochoa Magaña
Nacemento 13 de xullo de 1985
Lugar de nacemento Guadalaxara
Altura 183 centímetros
Posición gardameta
Na rede
Facebook: 1.G.Ochoa Twitter: yosoy8a Instagram: yosoy8a FIFA: 215285 UEFA: 104387 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Francisco Guillermo Ochoa Magaña
Francisco Guillermo Ochoa Magaña.

Francisco Guillermo Ochoa Magaña (Guadalaxara, Xalisco, México, 13 de xullo de 1985) é un futbolista mexicano, xoga como gardameta e o seu actual equipo é o Standard Lieja do Prol League de Bélxica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse futbolisticamente no Club América en 2004; posteriormente trasladouse a Francia coa AC Ajaccio, Foi o primeiro gardameta mexicano en xogar en Europa.[1] Tivo a posibilidade de xogar na selección do Resto do mundo xunto con estrelas como: Roberto Carlos Abbondanzieri, Carles Puyol, David Beckham, Alessandro Nesta, Ronaldinho, Cristiano Ronaldo, Raúl González e Javier Zanetti, entre outros.[2] Ademais, logrou aparecer na lista do Balón de Ouro 2007 no lugar 30 con 1 voto a favor, logrando así ser o primeiro mexicano en saír en dita lista.

Asistiu a 4 mundiais coa selección mexicana. Nos dous primeiros non logrou participar, sendo o tercer porteiro en Alemaña 2006 e segundo porteiro en Suráfrica 2010. Para o mundial do Brasil de 2014 e o de Rusia de 2018 foi elixido como porteiro titular.[3][4]

AC Ajaccio[editar | editar a fonte]

O 8 de xullo de 2011, confirmouse a fichaxe de Ochoa, asinando un contrato por tres anos coa AC Ajaccio de Francia, sendo así a contratación forte do club para dita tempada.[5] Os seus primeiros 2 partidos foron amigables, o primeiro foi ante o FC Bordeaux no que perdeu o equipo de Ochoa por 2-1. O segundo foi ante a Real Sociedad de Fútbol, no que tamén perderon pero esta vez por un 4-0. Fixo o seu debut en Ligue 1 contra o Toulouse FC. perdendo por 2-0.

Málaga C.F.[editar | editar a fonte]

Guillermo Ochoa adestrando xunto cos seus compañeiros no partido de liga que disputou fronte ao Deportivo da Coruña.

O 1 de agosto de 2014 confírmase a súa chegada ao Málaga C.F. por tres anos coa carta de liberdade, tras máis dun mes de reflexión e intereses doutros equipos españois como a Real Sociedad de Fútbol, o Getafe Club de Fútbol ou mesmo do Club Atlético de Madrid.[6] Chega ao Málaga co cartel de fichaxe estrela tras a súa gran actuación na Copa do Mundo. Con todo non conseguiu facerse coa titularidade.

Selecta C.F.[editar | editar a fonte]

O 22 de xullo de 2016 despois de 2 anos de pouca actividade e faltando un ano de contrato co club, Ochoa foi cedido por unha tempada ao Selecta C.F.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ligue1.com. "Player profile Guillermo OCHOA". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 11 de marzo de 2012. 
  2. Guillermo Ochoa xogará na Selección Resto do Mundo
  3. Rafael Alcivia Peña (8 de mayo de 2014). "Exclusiva: Los 23 convocados de México al Mundial". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2018. Consultado o 9 de mayo de 2014. 
  4. "Lista de jugadores. Copa Mundial de la FIFA Rusia 2018" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xuño de 2018. Consultado o 4 de junio de 2018. 
  5. "Ochoa ficha por el Ajaccio" (PDF). 
  6. "Ochoa ficha por el Málaga" (PDF). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]