Saltar ao contido

Guillermo Fernández Romo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillermo Fernández Romo
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Guillermo Fernández Romo, nado en Madrid o 23 de novembro de 1978, é un adestrador de fútbol español. Actualmente dirixe o Racing Club de Ferrol da Primeira Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional en 1997 como profesor na Escola Municipal de Fútbol de Aluche. Posteriormente traballou nas categorías inferiores de varios equipos locais: Villaverde Boetticher, Colonia Moscardó e CF Pozuelo de Alarcón. Entre 2000 e 2001 tivo a súa primeira experiencia como adestrador sénior, dirixindo o CD Racing Garvin nas categorías rexionais madrileñas. Tras adestrar os conxuntos xuvenís do CD Aviación e do CD Móstoles, no ano 2003 comezou a dirixir a Escola Deportiva Moratalaz.[1]

En 2005, tras traballar no equipo técnico da Unión Deportiva Vecindario, Fernández foi contratado como adestrador do Las Rozas CF da Terceira División.[1] Posteriormente regresou ás categorías xuvenís, primeiro no Rayo Majadahonda e despois no Pontevedra Club de Fútbol. En 2008 traballou durante un breve período de tempo coma segundo adestrador do Pontevedra B.[2] Entre 2008 e 2010 adestrou o xuvenil do Celta de Vigo na División de Honra, conseguindo un título de liga.[3][4]

No ano 2010 foi nomeado adestrador do SD Noja.[5] En 2011 foi contratado como asistente de Óscar Cano no Melilla.[6] Tras a saída de Cano en xuño de 2012, comezou a dirixir o Villalonga Club de Fútbol. Posteriormente volveu traballar como asistente de Cano, primeiro no Betis B e despois no CD Alcoyano.[7][8]

En xullo de 2015, Guillermo Fernández comezou a adestrar o Olímpic de Xàtiva na Segunda División B.[9] Tras ser destituído en febreiro de 2016, foi contratado como secretario técnico do Real Murcia en xuño dese ano.[1] Entre xaneiro e xuño de 2017 adestrou o Sabadell.[10] Posteriormente uniuse ao FC Jumilla, primeiro como director deportivo e despois como adestrador, contribuíndo á permanencia do equipo na Segunda División B.[11][12]

O 22 de maio de 2018, Fernández foi contratado como coordinador das seccións inferiores do Racing de Santander.[13] En agosto dese mesmo ano pasou a dirixir o SD Ejea.[14] En xuño de 2019 comezou a adestrar o UE Cornellà.[15] Deixou o equipo en maio de 2021 e regresou ao Racing de Santander para dirixir o primeiro equipo na Primeira División RFEF.[16] Na súa primeira tempada alcanzou o regreso do club cántabro á Segunda División.[17]

O 12 de decembro de 2022, tras cinco derrotas consecutivas, Fernández foi destituído como adestrador do Racing.[18] En xuño de 2023 foi contratado para dirixir o UD Ibiza, recén descendido á Primeira Federación.[19] Marchou do club en abril de 2024.[20] Entre xaneiro e xuño de 2025 foi adestrador do FC Cartagena.[21][22] Despois de 7 meses sen equipo, en xaneiro de 2026 foi anunciado como novo adestrador do Racing Club de Ferrol para o resto da súa tempada.[23]

  1. 1 2 3 "Fernández Romo, nuevo secretario técnico del Real Murcia" (en castelán). Gol de Murcia. 8 de xuño de 2016. Consultado o 7 de maio de 2022.
  2. "Ferreira sustituye a Bastos y a Ojeda al frente del filial" (en castelán). La Voz de Galicia. 8 de abril de 2008. Consultado o 7 de maio de 2022.
  3. "Los mejores juveniles de España" (en castelán). Atlántico Diario. 14 de novembro de 2008. Consultado o 6 de maio de 2022.
  4. ""No tuvimos dudas en ningún momento del campeonato"" (en castelán). Faro de Vigo. 17 de marzo de 2009. Consultado o 13 de maio de 2021.
  5. "El técnico del Noja considera "sorprendente" que la Segoviana juegue en tercera" (en castelán). El Adelantado. 1 de xuño de 2011. Consultado o 6 de maio de 2022.
  6. "Cano y Romo, hermanos de banquillos" (en castelán). Hoy. 16 de outubro de 2021. Consultado o 6 de maio de 2022.
  7. "Guillermo Fernández deja el Vilalonga y ficha por el Betis" (en castelán). La Voz de Galicia. 11 de decembro de 2012. Consultado o 6 de maio de 2022.
  8. "Guillermo Fernández será el segundo entrenador del Alcoyano" (en castelán). Página 66. 17 de xuño de 2014. Consultado o 6 de maio de 2022.
  9. "Dos nuevos refuerzos para el Olímpic" (en castelán). Golsmedia. 17 de xullo de 2015. Consultado o 6 de maio de 2022.
  10. "Fernández Romo, nou entrenador del CE Sabadell: "és necessari que mostrem uns valors d'equip més alt"" (en catalán). iSabadell. 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 6 de maio de 2022.
  11. "Romo vuelve... al Altiplano" (en castelán). La Verdad. 19 de xullo de 2017. Consultado o 6 de maio de 2022.
  12. "La afición espera la reacción del Jumilla con Fernández Romo" (en castelán). La Opinión de Murcia. 13 de abril de 2018. Consultado o 6 de maio de 2022.
  13. "Guillermo Fernández Romo, nuevo Coordinador de las Secciones Inferiores del Racing" (en castelán). Racing de Santander. 22 de maio de 2018. Consultado o 7 de maio de 2022.
  14. "Guillermo Romo nuevo entrenador" (en castelán). SD Ejea. 13 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 7 de maio de 2022.
  15. "COMUNICADO OFICIAL | GUILLERMO FERNÁNDEZ ROMO, NUEVO ENTRENADOR DE LA UE CORNELLÀ" (en castelán). UE Cornellà. 10 de xuño de 2019. Consultado o 7 de maio de 2022.
  16. "El nuevo jefe es Guillermo Fernández Romo" (en castelán). Diario AS. 19 de maio de 2021. Consultado o 7 de maio de 2022.
  17. "Guillermo Fernández Romo: "El lugar donde más ha vivido el Racing es Primera... "" (en castelán). Marca. 6 de maio de 2022. Consultado o 7 de maio de 2022.
  18. "Guillermo Fernández Romo no continúa al frente del banquillo del Racing 2022/23" (en castelán). Racing de Santander. 12 de decembro de 2022. Consultado o 13 de decembro de 2022.
  19. "Comunicado oficial: Guillermo Fernández Romo" (en castelán). UD Ibiza. 6 de xuño de 2023. Consultado o 6 de xuño de 2023.
  20. "Comunicado oficial: Guillermo Fdez. Romo" (en castelán). 29 de abril de 2024. Consultado o 29 de abril de 2024.
  21. "Guillermo Fernández Romo, nuevo entrenador del FC Cartagena" (en castelán). FC Cartagena. 14 de xaneiro de 2025. Consultado o 14 de xaneiro de 2025.
  22. "Romo: "Me voy con la pena de no haber podido revertir la situación"" (en castelán). Diario AS. 1 de xuño de 2025. Consultado o 2 de xuño de 2025.
  23. "Guillermo Fernández Romo dirixirá ao Racing Club Ferrol". Racing de Ferrol. 12 de xaneiro de 2026. Consultado o 12 de xaneiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]