Asasinato de Guillem Agulló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Guillem Agulló»)
Infotaula de personaAsasinato de Guillem Agulló

Guillem Agulló Editar o valor em Wikidata
Outro
ImputaciónHomicidio Editar o valor em Wikidata

Guillem Agulló i Salvador, nado en Burjassot en 1974,[1] e finado en Montanejos o 11 de abril de 1993, foi un mozo valenciano, militante de movementos independentistas de esquerda, que foi asasinado por un grupo de militantes de extrema dereita. No momento da súa morte, Agulló militaba na organización xuvenil da esquerda independentista Maulets, en Burjassot (l'Horta) e no movemento antirracista e antifascista SHARP (Skinheads Against Racial Prejudice).[2] Tamén foi membro do grupo ultra do Levante Unión Deportiva Força Llevant.[3]

No ano 2020, os pais de Guillem, Guillem Agulló Lázaro e Carme Salvador, foron galardoados coa Creu de Sant Jordi, «polo seu compromiso coa loita antifascista e por combater o crecemento da extrema dereita, despois da morte do seu fillo a mans dun militante neonazi».[4]

Feitos[editar | editar a fonte]

A mañá do 11 de abril de 1993, Guillem Agulló atopábase en Montanejos, de vacacións de Semana Santa de acampada cuns amigos, cando foron asaltados por un grupo de mozos fascistas berrando «Sieg Heil» e «Viva España»,[5] e un deles deull unha coitelada no corazón, o cal lle provocou a morte. Os agresores marcharon cantando himno fascista español «Cara al Sol».[6]

Os familiares e as organizacións de esquerdas e independentistas denunciaron que o motivo do crime fora político, xa que os mozos que interviñeron no asasinato eran coñecidos pola súa ideoloxía españolista e fascista e que tamén sabían da ideoloxía antifascista de Guillem.[7] Todos os partidos políticos condenaron os feitos, agás o Partido Popular, Unió Valenciana e a Falange Española.[8][9]

Polo asasinato foron arrestados Gerardo Mora, Juan Manuel Sánchez (alcumado "el Picha"), José Cuñat (alcumado "el Pollo"), Francisco García (alcumado "el Mody") e Pedro Cuevas (alcumado "el Ventosa"), sendo este último o autor material do crime. Todos formaban parte do grupo valenciano de extrema dereita «Komando Marchalenes IV Reich», chamado así na honra do réxime nazi.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vilaweb, ed. (1 de agosto de 2013). "La ciutat de Vic fa un homenatge a Guillem Agulló". Consultado o 19 de novembro de 2013. 
  2. "Burjassot recorda Guillem Agulló". El Punt Avui. 11 de abril de 2011. 
  3. Diari la Veu (27 de abril de 2018). "Una pancarta recorda Guillem Agulló al camp del Llevant". 
  4. "Creu de Sant Jordi per als pares de Guillem Agulló" (en catalán). Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  5. Martí, Genar (15 de abril de 1993). "Un neonazi d'Alacant es confessa autor de la mort d'un jove antiracista". Diari Avui. 
  6. El País, ed. (7 de abril de 2013). "La lacra ultra sobre los Agulló" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  7. Peiró, Empar (21 de xullo de 2009). "«El mataren per independentista»". El Punt. 
  8. Vital, Ferran (11 de abril de 2011). Sàpiens, ed. "Guillem Agulló, divuit anys després". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 19 de novembro de 2013. 
  9. "20 anys de l'assassinat de Guillem Agulló". 28 de marzo de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2014. 
  10. Cadenes, Núria (10 de abril de 2018). Vilaweb, ed. "La impunitat de l'assassí de Guillem Agulló" (en catalán). Consultado o 9 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fuster, Jaume (1996). La mort de Guillem. Valencia: 3 i 4 edicions; 50. p. 192. ISBN 84-7502-491-2. 
  • Fernández, David (2006). Cròniques del 6 i altres retalls de la claveguera policial. Barcelona: Virus. ISBN 9788492559039. OCLC 965794088.