Guido Knopp
Guido Knopp | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de xaneiro de 1948 |
Lugar de nacemento | Treysa |
Nacionalidade | Alemaña |
Ocupación | presentador de televisión, xornalista, historiador e profesor universitario |
Premios | Golden Feather, Romy, Officer's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Goldene Kamera, Bavarian TV Awards, Bavarian TV Awards e Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany |
Na rede | |
http://www.guidoknopp.de/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Guido Knopp, nado o 29 de xaneiro de 1948 en Treysa, Hesse, é un xornalista e escritor, coñecido en Alemaña polo seus diversos documentais, especialmente sobre o Terceiro Reich e o nacionalsocialismo, como tamén sobre o stalinismo.
Vida e obra[editar | editar a fonte]
Logo de obter o doutoramento en historia e ciencias políticas, Knopp traballou para os xornais Welt am Sonntag e Frankfurter Allgemeine Zeitung. En 1978 entrou na televisión alemá, coa ZDF. Desde aquelas, produciu numerosos documentais sobre a ditadura Nazi, tales como Hitlers Helfer ("Os secuaces de Hitler"), Hitler-Eine Bilanz ("Hitler-Un balance") ou Die SS: Eine Warnung der Geschichte ("A SS: Un perigo da historia"), como tamén, por exemplo Vatikan (sobre o poder dos papas) ou Kanzler: Die Mächtigen der Republik (sobre os chanceleres posteriores á guerra). Tamén ten un show semanal na televisión alemá chamado "History". En 1999 produciu a serie chamada "100 Jahre - der Countdown", que resume ano por ano a historia do século XX, que é algunhas veces emitida pola cadea Phoenix.[1]
Para o libro Top Spione: Verräter im Geheimen Krieg ("Top Espías: Traidores na guerra secreta") (1994), Knopp traballou co Servizo de Intelixencia Alemán e con varios vellos espías que contaron as súas experiancias.[2]
A obra de Guido Knopp é criticada por ofrecer unha visión do Terceiro Reich demasiado superficialmente, rebaixando o papel da sociedade alemá que apoiou o réxime de Hitler, como tamén dos feitos da Wehrmacht na segunda guerra mundial.
No 2003 defendeu a Konrad Adenauer para ingresar da lista dos alemáns máis importantes, Unsere Besten, feita pola ZDF TV.
No 2004 recibiu unha Goldene Kamera.
No 2008 traballaba nunha película sobre Stauffenberg, sobre o seu intento de dar morte a Hitler.
Actualmente ensina xornalismo na Gustav-Siewerth-Akademie en Weilheim-Bierbronnen (Baden-Württemberg) e reside en Maguncia. A súa casa editorial é o grupo alemán de Random House (grupo Bertelsmann).[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Phoenix TV, 100 Jahre - der Countdown". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2008. Consultado o 26 de marzo de 2011.
- ↑ "Top Spione. Verräter im geheimen Krieg", ISBN 3-442-12725-4
- ↑ "Pequena biografía en www.randomhouse.de". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2008. Consultado o 26 de marzo de 2011.