Guido IV de Spoleto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século IX Geographical region of Italy |
| Morte | 897 (Gregoriano) Roma |
| Causa da morte | homicidio |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Outro | |
| Título | Príncipe de Benevento (895–897) Duque de Spoleto (889–897) Margrave of Camerino (en) |
| Familia | Dinastía Guidoni |
| Pai | Guido II de Spoleto |
| Irmáns | Itta of Spoleto |
Guido IV de Spoleto e I de Benevento, foi margrave de Camerino e duque de Spoleto como sucesor do seu tío Lamberto II de Spoleto (fillo de Guido III de Spoleto) o 889, quen lle cedeu o goberno, pero conservou algúns dereitos. Era fillo de Guido II de Spoleto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 895 ocupou o ducado de Benevento e proclamouse duque. Ofreceu a rexencia ao seu aliado e cuñado Guaimaro I de Salerno, casado coa súa irmá Itta, pero Guaimaro foi capturado cando ía para Benevento por Adelfer, o gastaldo de Avellino. Guido tivo que cercar Avellino para conseguir a liberación do seu cuñado.
Despois de case dous anos de gobernar Benevento e de oito anos de gobernar Camerino e Spoleto, foi a Roma para entrevistarse co seu tío Lamberto II e cando estaba no Tíber foi asasinado por axentes de Alberico, un nobre romano emparentado coa familia dos condes de Tusculum, que se proclamou margrave e duque (Alberico I)
| Principado de Spoleto | ||
|---|---|---|
Segue a: Lamberto II de Spoleto |
Guido IV de Spoleto | Precede a: Alberico I de Spoleto |
| - | ||
| Principado de Benevento | ||
|---|---|---|
Segue a: León VI o Sabio |
Guido IV de Spoleto | Precede a: Radelchis II de Benevento |
| - | ||