Guerras polaco-suecas
Aparencia
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
| Guerras polaco-suecas | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Durante o período 1563 - 1721, leváronse seis guerras entre a Unión polaco-lituana e Suecia. En sentido amplo, refírense aos conflitos habidos entre 1563 e 1721, e máis en concreto ás guerras entre 1600 e 1629. Un dos motivos das guerras foi a reclamación da dinastía de Vasa polaca sobre a coroa sueca e outro motivo foi a expansión de Suecia no Báltico.
O himno polaco facía referencia a estas guerras. En 2021, un proxecto de lei di que se cambiarán as estrofas segunda e terceira do himno que inclúen estas referencias.[1]
| Nome | Ano | Comezada por | Gañador | Paz | Notas |
|---|---|---|---|---|---|
| Primeira guerra polaco-sueca | 1563-1568 | Polonia | Suecia | A paz formal nunca se chegou a formalizar. A guerra rematou cando Xohán III se converteu en rei de Suecia en 1568 | |
| Guerra contra Sexismundo | 1598-1599 | Polonia | Suecia | Paralización en Mem e paralización en Stångebro | Sexismundo deixou Suecia para nunca volver |
| Guerra polaco-sueca | 1600-1629 | Suecia | Suecia | Paralización en Altmark | Non se concluíu ningunha paz real con Polonia até o tratado de Oliva en 1660 |
| Campaña da Gardieska | 1609-1610 | Suecia | Polonia | Da "Gardies dagtingan" | Intervención sueca durante a guerra polaco-rusa (1609–1618)
Os suecos tiveron vía libre contra a promesa de non loitar por Vasily Shuysky |
| Guerra polaca de Carlos X Gustavo | 1655-1660 | Suecia | Polonia | A Paz de Oliva | Johan Kasimir renunciou a todas as reclamacións sobre a coroa sueca. Polonia recoñeceu as participacións de Suecia en Estonia, Ösel e Livonia |
| Gran guerra do Norte | 1700-1721 | Polonia | Suecia | Paz en Varsovia, Declaración con Polonia | Suecia puxo no trono un rei amigo de Suecia e Polonia deixou de ser un dos inimigos de Suecia durante os anos 1705-1709. A Declaración con Polonia en 1732 estabeleceu a relación de paz imperante de facto entre os países xa que un novo acordo de paz nunca foi redactado ou subscrito oficialmente ao final da guerra. |
| Guerra da Cuarta Coalición | (1806-1807) | Tratado de Poznań | Parte das Guerras Napoleónicas, na que Polonia, que daquela estaba dividida, estivo representada polas lexións polacas ao servizo de Napoleón. | ||
| Guerra da Sexta Coalición | (1812-1814) | Congreso de Viena | Parte das Guerras Napoleónicas, o Ducado de Varsovia era un aliado napoleónico, mentres que o Reino de Suecia participaba na coalición antinapoleónica. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zmiana w hymnie Polski? Owszem - jest projekt ustawy". rozrywka.blog - Cyfrowy styl życia (en polaco). 2021-10-06. Consultado o 2022-04-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guerras polaco-suecas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sundberg, Ulf (2002). Svenska krig 1521-1814 (2. uppl.). Estocolomo: Hjalmarson & Högberg. Libris 8815985. ISBN 91-89660-10-2