Guerra civil no Baixo Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As vilas pertencentes á comarca do Baixo Miño sufriron os desastres da Guerra Civil española. A guerra no ámbito galego foi case inexistente, pero houbo un intento de resistencia nas vilas do Baixo Miño, entre elas Tui, A Guarda e Tomiño. En termos históricos, a comarca do Baixo Miño foi a que máis se resistiu á sublevación fascista.

Cronoloxía do Baixo Miño durante a Guerra Civil española[editar | editar a fonte]

18 de xullo 1936[editar | editar a fonte]

  • Comezo da Guerra Civil. Levantamento Militar.
  • Perda do comunicación con Madrid.
  • Tomiño. Formación dun comité de defensa da República integrado por Manuel Vicente (o alcalde), Francisco Rodríguez Otero (O "Paquiño"), concelleiros do propio concello e autoridades da Federación Agraria.

19 de xullo 1936[editar | editar a fonte]

  • Manuel Vicente, O "Paquiño" e Antón Alonso Ríos van a Tui.
  • Tui. Formación dun comité de defensa da república integrado por Guillermo Vicente Santiago (o alcalde), Hemenexildo Losada (o médico), Gumersindo Rodriguez (CNT), Manuel Romero González (comerciante), entre os máis destacados.

Do 20 ao 24 de xullo 1936[editar | editar a fonte]

  • Os gardas civís non se atopaban en Tui.
  • Marcelino Rodríguez Blanco, capitán de carabineiros a pesar de ser de dereitas estivo en contra da sublevación.
  • O comité chegou a un acordo co capitán de carabineiros. Dirixiu a defensa contra os sublevados.
  • Organizouse a milicia. Cuartel: O seminario.
  • Concentráronse os carabineiros en Tui.
  • Chega a Camposancos unha avioneta procedente de Barcelona. Voou a Vigo e esparexeu papeletas en contra dos sublevados.
  • O comité fai prender ao cura Rivas de Vilameán de tebras, a Paco Pino de Forcadela e ao "Inverno" de Barrantes.
  • O tenente de Carabineiros de Goián foxe cara Portugal.
  • Os veciños de dúas parroquias de Tui collen presos aos respectivos abades e lévanos a alcaldía. Devolven aos cregos ó bispo.

23 de xullo 1936[editar | editar a fonte]

  • Desaparición de Manecho Noia.
  • Detención en Oia de dous homes da Guarda, un deles Manecho Noia.

24 de xullo 1936[editar | editar a fonte]

  • Manecho Noia e "O Paquiño" foron sacrificados.
  • Idea de Antón Alonso Ríos de conquistar Vigo.
  • Intento de conseguir armamento para Tui en Portugal (mercado negro) pero en van.
  • Tui. Predominio do poder republicano.

25 de xullo 1936[editar | editar a fonte]

  • Brasilino e o alcalde da Guarda non tomaran medidas para cubrirse contra un ataque da parte de Oia.
  • Dúas avionetas procedentes de Marín buscaron a avioneta que se atopaba no Miño e queimárona.
  • Antón Alonso Ríos volve a Tui para reforzar as defensas da cidade.
  • Comezo da batalla nas gándaras de Budiño. Vitoria dos Rojos.

26 de xullo 1936[editar | editar a fonte]

  • Voltan os rebeldes a Tui.
  • Por falla de armamento retíranse ao Monte Aloia.
  • Sobre oitenta persoas fuxiron ao Monte Aloia.
  • Antón Alonso Ríos viaxa a Tebra.

27 de xullo 1936[editar | editar a fonte]

  • Os azuis ametrallan a todas as persoas da resistencia deixando consigo millares de mortes.

28 de xullo 1936[editar | editar a fonte]

  • O mestre Xusto como non tiña nada que temer viaxou a Tui para informar dos acontecementos que ían acontecendo en Tui.

Nos meses seguintes:[editar | editar a fonte]

  • Aparecen mortos na tráxica "Curva da Moura".