Guerra anfibia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A guerra anfibia refírese á utilización de poder de fogo naval, loxística e estratexia, para proxectar unha forza militar nunha praia.

En tempos anteriores era o principal método de envío de tropas a un terreo descontinuo en poder do inimigo. Na era moderna a guerra anfibia persiste na forma de inserción de unidades comando por medio de minisumerxíbeis, botes patrulla e lanchas tipo Zodiac.

Na guerra moderna, unha chegada anfibia de tropas de infantaría a unha praia é a máis complicada de todas as manobras militares. A toma require un intricado nivel de coordinación de numerosos especialistas militares, incluíndo o fogo aéreo, naval, transporte, planeamento loxístico, equipo especializado, guerra en terra, tácticas, e un extensivo adestramento nos aspectos desta manobra por parte do persoal involucrado.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.