Guajara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuajara
Biografía
NacementoTenerife Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1494 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTinguaro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Guajara ou Guaxara é o nome dunha muller guanche, personaxe do poema épico Antigüedades de las Islas Afortunadas de Antonio de Viana.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A única referencia da existencia deste personaxe débeselle ó poeta tinerfeño Antonio de Viana, quen publica a súa obra en 1604. Neste relato, Guajara é retratada ao principio como amante de Tinguaro, irmán do rei ou mencey Bencomo de Taoro, e como unha das amigas da infanta Dácil. Así mesmo, o autor indica que Guajara posúe dereitos á herdanza do reino de Anaga.

Á chegada dos conquistadores casteláns en 1494 ó mando do capitán Alonso Fernández de Lugo, o mencey de Anaga Beneharo promete a Tinguaro a man da súa filla Guacimara e a herdanza do seu reino se sae vitorioso na batalla. Celosa polo interese de Tinguaro en alcanzar a recompensa, Guajara manipula a Ruymán, sobriño de Tinguaro e amante de Guacimara, para que evite o matrimonio prometido. Finalmente, despois da fuxida de Ruymán e Guacimara, Bencomo obriga a Tinguaro a casar con Guajara, entregándolles tamén o goberno de Anaga. Porén, Tinguaro morre pouco despois na batalla de La Laguna, deixando á súa muller desconsolada.

Autores posteriores complementan a lenda de Guajara facéndoa tolear pola perda do seu amante ou por crelo en brazos de Guacimara, e optando por vagar pola illa ata que decide acabar coa súa vida botándose dende o alto dunha montaña, que por ela tomou o nome.[2][3] Porén, os historiadores modernos consideran que foi ao revés, sendo Viana quen utilizou o topónimo dunha das montañas da contorna das Cañadas do Teide —Montaña Guajara— para nomear ó seu personaxe.[4][5][6]

Para o médico-historiador Juan Bethencourt Alfonso, Guajara e Tinguaro tiveron cinco fillos que ó bautizarse tomaron os nomes de Ana Hernández Pérez, Pedro Hernández, Francisca Pérez, Inés Pérez e Juana Pérez.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alejandro Cioranescu (ed.). Conquista de Tenerife. Aula de Cultura del Cabildo Insular de Tenerife. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  2. Ritos y leyendas guanches (5ª ed.). Miraguano. ISBN 84-85639-545. 
  3. Un verano en Tenerife. Viceconsejería de Cultura y Deportes. ISBN 97-88479-47036-4. 
  4. "Topónimos y antropónimos guanches en el "Poema" de Viana" (50-51). Instituto de Estudios Canarios. ISSN 0423-4804. 
  5. "Antropónimos de Canarias" (2). Patronato de la Casa de Colón. ISSN 0570-4065. 
  6. "Mapa Topográfico Integrado". Gobierno de Canarias. 
  7. Historia del Pueblo Guanche: Etnografía y organización socio-política (2ª ed.). Francisco Lemus Editor. ISBN 84-879-7300-0.