Guaimaro IV de Salerno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuaimaro IV de Salerno

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1013 Editar o valor em Wikidata
Italia Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 1052 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Salerno Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of Gaeta (en) Traducir (1040–1041)
Duke of Amalfi (en) Traducir (1039–1052)
Prince of Capua (en) Traducir (1038–1047)
Prince of Salerno (en) Traducir (1027–1052) Editar o valor em Wikidata
CónxuxePorpora de Tabellaria (en) Traducir
Gemma of Capua (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosXisulfo II de Salerno
 () Gemma of Capua (en) Traducir
Gaitelgrima de Salerno
 ()
Sikelgaita (pt) Traducir
 () Gemma of Capua (en) Traducir
Gaitelgrima von Salerno und Sarno (en) Traducir
 () Porpora de Tabellaria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGuaimaro III de Salerno Editar o valor em Wikidata  e Gaitelgrima de Benevento Editar o valor em Wikidata
IrmánsGuy, Duke of Sorrento (en) Traducir, Gaitelgrima de Salerno (Altrude) e Pandulf of Capaccio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Salerno-28

Guaimaro IV (tamén coñecido como Guaimaro V), nado en Salerno cara a 1013 e finado na mesma vila o 3 de xuño de 1052, foi príncipe longobardo de Salerno desde o 1027 ata a súa morte; tamén foi príncipe de Capua (1038-1047), duque de Amalfi (1039-1043) e Gaeta (1040-1041) e duque de Puglia e Calabria (1043-1047).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi unha figura de primeiro plano na fase histórica a cabalo entre o fin do dominio bizantino no Mezzogiorno e o ascenso do poder normando. Segundo Amato de Montecassino, el foi "máis valente có seu pai, máis xeneroso e máis cortés; en efecto posuía todas as calidades que un laico debería ter – non sendo unha excesiva paixón polas mulleres".

O ascenso de Guaimaro[editar | editar a fonte]

Guaimaro nace sobre o 1013, o máis vello dos fillos de Guaimaro III de Salerno e Gaitelgrima, filla de Pandulfo II de Benevento. O seu medio irmán máis vello, Xoán (III), fillo de Porpora de Tabellaria, foi correxente xunto co pai do 1015 ao 1018, ano da súa morte. Neste momento a correxencia foille confiada a Guaimaro, que en marzo do 1027, á idade de catorce anos, sucedeu ao pai no trono de Salerno, probabelmente so a rexencia da nai. Desde o inicio do seu reinado empeñouse no intento de estender o control sobre toda a parte meridional de Italia, perseguindo un obxectivo que era x ao dos seus predecesores.

A primeira gran vitoria tívoa no 1035, cando conquistou Sorrento e lle confiou o o ducado ao seu irmán Guido. No 1037 nomeou como correxente ao fillo máis vello Xoán (IV), o cal morreu no 1039.

No 1036 sucedeu algo que tería marcado o inicio das hostilidades entre os dous príncipes. Chegáronlle novas de que o príncipe Pandulfo IV de Capua, alcuñado o Lobo dos Abruzzi, cuñado e aliado, tentara violar a súa sobriña. No entrementres, Guaimaro se aproximara aos normandos, apenas aparecidos no sur de Italia, recibindo a homenaxe do seu xefe Rainulfo Drengot, antes vasalo de Pandulfo e agora desertor. Así, Guaimaro obtivo a axuda fundamental dos normandos, potencia nacente no Mezzogiorno.

No 1038 tentou obter xustiza sobre Pandulfo de Capua presentando a querela dunha arbitraxe entre o emperador occidental e o bizantino que dirimise a cuestión da inadecuación de Pandulfo. A invitación foi recollida só polo emperador Conrado II, que se presentou no sur de Italia pedindo a Pandulfo reféns como garantía. Estes, con todo, déronse liberado e fuxir, determinando a inmediata reacción das forzas imperiais. Capua foi prontamente cercada e en breve o principado foi sometido. O emperador decidiu entón asignarllo a Guaimaro, o cal demandou ao soberano que recoñecese un título nobiliario ao seu novo vasalo normando: Conrado atribuíu a Rainulfo Drengot o título de conde de Aversa, vasalo de Salerno. O ano seguinte (1039) Guaimaro obtivo o recoñecemento da soberanía sobre Amalfi, Gaeta e sobre o ducado de Nápoles, xuridicamente un presidio bizantino.

As relacións cos Hauteville[editar | editar a fonte]

Guaimaro, príncipe longobardo, foi ben logo en estreitas relacións coa máis potente familia normanda, a dos Hauteville. Os bizantinos, que non responderan á chamada de Guaimaro para a arbitraxe sobre os deméritos de Pandulfo, estaban preparando naqueles anos unha expedición a Sicilia baixo o mando do gran xeneral Xurxo Maniaces. Ao seu requirimento, o príncipe de Salerno enviou un continxente de guerreiros longobardos e normandos, guiados por un tal Guillerme que en Sicilia se gañara o sobrenome de Braccio di Ferro.

No 1038, con todo, a fráxil alianza rompeu: normandos e longobardos tornaron á posición de rebelión cara aos emperadores bizantinos e invadiron rapidamente a Puglia greca. Neste punto, Guaimaro ofreceu aos seus aliados normandos o apoio político e no 1042, a petición dos mesmos, aprobou a elección a conde de Puglia de Guillerme Brazo de Ferro, obtendo a cambio a aclamación a duque de Puglia e Calabria (1043), en aberta oposición ás reivindicacións bizantinas.

Guaimaro, segundo os ditames da teoría feudal, garantiu aos normandos o dominio directo sobre Melfi e o mantemento do modelo republicano, existente cando chegaron. O fundamento feudal, con todo, resultaba contraditorio e non atopaba fundamento na lei: Guaimaro era duque só con base na aclamación popular, por resolución da parte dos homes que el mesmo nomeara vasalos seus; e en virtude da autoridade do mesmo título ducal, el enfeudara os seus vasalos a Melfi. Un conflito de lexitimidade que máis adiante lle causou diversos problemas.

No 1044, Guaimaro e Brazo de Ferro iniciaron a conquista da Calabria e construíron unha ampla fortaleza en Squillace. Pero o dominio do príncipe de Salerno, aínda que en continua expansión, non era xa facilmente xestionábel: nos últimos anos da súa vida, Guaimaro atopou de feito numerosas dificultades para conservar as súas posesións contra as reivindicacións do emperador e dos mesmos normandos, at ao daquel aos seus fieis vasalos. Rainulfo Drengot, que continuara a ter o dominio de Aversa, que lle concedera orixinariamente o duque de Nápoles, morreu no 1045 e o seu feudo, contra as protestas de Guaimaro, pasou ao sobriño Asclettino. Case a finais deste mesmo ano, Guaimaro opúxose á sucesión do curmán de Asclettino, Rainulfo II Trincanotte, pero aínda outra vez a súa autoridade foi atropelada. Estes condes levaron a Aversa, nun tempo leal ao príncipe salernitano, a se aliar con Pandulfo, volto do seu exilio de Constantinopla. A guerra contra Pandulfo reiniciouse no 1042 e durou cinco longos anos, durante os cales Guaimaro reforzou a propia posición a través dun rápido recoñecemento, no 1046, do irmán do defunto Guillerme, Drogón de Hauteville, ao que concedeu como esposa a irmá Gaitelgrima. O obxectivo era claramente o de manter aos normandos da súa parte e en posición de vasalaxe.

Os últimos anos[editar | editar a fonte]

No 1047, con todo, a que fora para Guaimaro a empresa dunha vida foi completamente anulada: o emperador Henrique III, giunto no sur de Italia a demandar acto de submisión a todos os príncipes locais, restituíu Capua a Pandulfo e puxo baixo a súa directa xurisdición os dominios de Aversa e de Melfi. En fin, privou a Guaimaro do título ducal de Puglia e Calabria, poñendo fin a aquela singular condición de soberanía tan incómoda para a coroa imperial.

No 1048 Pandulfo, de novo príncipe, estaba outra volta en guerra con Guaimaro. Todo naceu da necesidade de asegurarlle unha rexencia ao infante Ermanno, fillo e sucesor de Rainulfo II Trincanotte, morto naquel ano. Tras o falecemento do primeiro rexente, un tal Bellebouch (Belaboca), a cuestión complicouse, pois non había dispoñíbel ningún parente directo do príncipe menor de idade. O único entre estes, Ricardo Drengot, curmán de Ermanno, estaba daquel apreso en Melfi por ter principiado batalla contra Drogón. Guaimaro interveu no asunto: negociou a liberación de Ricardo e conduciuno persoalmente a Aversa, onde este tomou posesión como rexente e pouco despois como verdadeiro conde. Deste modo, o príncipe Guaimaro recuperara a alianza do condado de Aversa.

A morte e a herdanza[editar | editar a fonte]

Guaimaro e Drogón de Hauteville continuaban a manter sólidas relacións de alianza, constituíndo xuntos unha potencia política e militar envexada por moitos. Os dous volvéranse de feito branco de odios cruzados e reivindicacións por todas partes, que no 1052 levaron aos dous a un fin indecoroso: Drogón cae asasinado, probabelmente obra dunha conxura bizantina. A mesma sorte tocoulle xusto despois ao mesmo Guaimaro, que o 3 de xuño de 1052 foi asasinado no porto de Salerno polos seus catro cuñados, que ocuparon a cidade coas armas e elixiron príncipe a Pandulfo III. Neste momento o irmán do príncipe morto, o duque Guido de Sorrento, volveuse aos normandos Umfredo de Puglia e Ricardo de Aversa, que xunto a el asediaron aos conxurados en Salerno. As familias dos catro irmáns caeron logo nas mans dos seus inimigos e os asasinos de Guaimaro decidíronse a negociaren a súa liberación poñendo en liberdade a Xisulfo, fillo e herdeiro de Guaimaro. Guido aceptou a súa rendición pouco despois e fixo xuramento de non recorrer a vinganzas. Polo contrario, os normandos, que non se consideraron sometidos ao xuramento de Guido, masacraron a Pandulfo III cos seus secuaces, e os catro irmáns xunto a outros trinta e seis familiares, un por cada coitelada que atoparon no corpo de Guaimaro. Nisto, os normandos amosáronse leais a Guaimaro mesmo despois da súa morte.

A herdanza de Guaimaro incluía o dominio sobre Salerno, Amalfi, Gaeta, Nápoles, Sorrento, Puglia, Calabria e de xeito alterno sobre Capua. El foio derradeiro gran príncipe longobardo do sur de Italia e segundo algúns historiadores o mellor en termos absolutos. O que máis valor lle valeu foi sobre todo o seu carácter. Outros motivos foron a súa intelixencia política, o favor papal e imperial de occidente, e a espada dos normandos.

A Guaimaro sucedeuno Xisulfo II, o fillo tido con Gemma, filla do conde de Capua Laidulfo. Este foi chamado á correxencia no 1042 e foi posto polos normandos baixo a súa protección. Xisulfo tivo dúas irmás famosas: Gaitelgrima, que casou con Xordano I de Capua, e Sichelgaita, que casou con Robert Guiscard. O destino da terceira, Sicarda, énos descoñecido. Xisulfo II tivo tamén cinco fillos: Pandulfo, Guaimaro (V) - que máis tardei foi correxente con Xisulfo - , Landulfo, Guido e Xoán. Cómpre lembrarmos tamén á sobriña Guida, filla de Guido, que foi esposa de Guillerme Brazo de Ferro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gwatkin, H.M., Whitney, J.P. (ed) et al. The Cambridge Medieval History: Volume III. Cambridge University Press, 1926.
  • Norwich, John Julius. The Normans in the South 1016-1130. Longmans: Londres, 1967.
  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LX Grosso – Guglielmo da Forlì. Roma, 2003.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]