Guadalaxara, México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.



Guadalaxara (en castelán Guadalajara) é unha importante cidade de México, a segunda do país, capital do estado de Jalisco, no centro-leste do altiplano (a 1.589 m de altitude), e a uns 500 km ao leste do Distrito Federal. Ten unha poboación de seu de 1.600.894 (2005).

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación colonial española entre 1529 e 1542 (varios traslados por ataques indíxenas) por Cristóbal de Oñate, capitán de Nuño de Guzmán quen era orixinario de Guadalaxara en España. A súa planta reflexa a orixe colonial, en cuadrícula cunha praza maior onde ubícanse os edificios representativos do poder civil e relixioso.

Foi nomeada capital do Reino de Nova Galicia no lugar da primitiva capital do reino que fora Compostela de Indias dentro do Virreinato de Nova España.

No século XX converteuse nun importante centro industrial, comercial e cultural, sendo a súa feira do libro a máis importante en lingua castelá.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]