Guacimara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guacimara
Lugar de nacementoTenerife
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Guacimara é o nome dunha muller guanche, filla do rei ou mencey de Anaga á chegada dos conquistadores europeos a finais do século xv.[1]

Aparece por primeira vez como personaxe do poema épico Antigüedades de las Islas Afortunadas de Antonio de Viana, publicado en 1604, de quen o copian autores posteriores como Tomás Arias Marín de Cubas ou José de Viera y Clavijo, polo que a súa existencia histórica non está confirmada.[2][3][4][5]

Polo que respecta ó nome Guacimara, os historiadores modernos opinan que é outra das invencións de Viana para nomear ós seus personaxes aborixes. Porén, tamén indican que o termo si podería ser de procedencia guanche, sendo traducido por algúns autores como 'o forte, poderoso, capaz'.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alejandro Cioranescu (ed.). Conquista de Tenerife. Aula de Cultura del Cabildo Insular de Tenerife. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  2. "El poema de Antonio de Viana" (16). Patronato de la Casa de Colón. ISSN 0570-4065. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  3. "Topónimos y antropónimos guanches en el "Poema" de Viana" (50-51). Instituto de Estudios Canarios. ISSN 0423-4804. 
  4. Ángel de Juan Casañas (ed.). Historia de las siete islas de Canaria. Real Sociedad Económica de Amigos del País de Gran Canaria. ISBN 84-398-7275-5. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  5. Elías Serra Rafols (ed.). Noticias de la historia general de las Islas Canarias (definitiva ed.). Goya Ediciones. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2021. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  6. "Antropónimos de Canarias" (2). Patronato de la Casa de Colón. ISSN 0570-4065. 
  7. "Guacimara". ÍNSULOAMAZIQ Diccionario histórico-etimológico del amaziq insular (Canarias) (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.