Guéthary
| Getaria (eu) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
| Departamento | Pireneos Atlánticos | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.315 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Bayonne Functional Area (en) Q3550935 | ||||
| Superficie | 1,4 km² | ||||
| Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
| Altitude | 40 m-0 m-73 m-35 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 64210 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | guethary.fr | ||||
Getaria (en eusquera) / Guéthary (en francés) é un Concello do litoral francés de Iparralde, na provincia dos Pireneos Atlánticos (Nova Aquitania). Tiña unha poboación en 2022 de 1315 habitantes en 1,4 km². Limita ó norte con Bidart / Bidarte e ó sur con Saint-Jean-de-Luz (Donibane Loizune).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Hidrografía
[editar | editar a fonte]A comuna é drenada polo Baldareta e dous pequenos regatos, cunha lonxitude total de 1 km.[1][2]
Transportes
[editar | editar a fonte]Estradas
[editar | editar a fonte]Está atravesada pola RD 810 (antiga nacional 10). que conduce ó sur cara San Xoán de Luz e Hendaia, e ó norte cara Bidarte e Baiona.
Autoestrada
[editar | editar a fonte]Está atravesada pola A63, mais sen conexión no concello.
Transporte ferroviario
[editar | editar a fonte]A estación está na liña de Bordeos a Irún. Acolle paradas de trens TER Nova-Aquitania cara Bordeos, Dax ou Baiona ó norte e Hendaia ó sur.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Historia
[editar | editar a fonte]Antigüidade
[editar | editar a fonte]A descuberta en 1984, en zona próxima á estación de ferrocarril, de vestixios dunha fábrica de garum e salgados testemuña de presencia humana dende o 1º século, así como da importancia dos recursos mariños naquel entón. Asemade, foi atopado un epitafio en latín na contorna de dita fábrica no 1988.
Século XX
[editar | editar a fonte]O ano 1905 lembrou moitos incidentes no seo do consello municipal, mesmo demandando a vixilancia das forzas de orde público. A oposición, que rexeitaba todas as propostas do alcalde e reclamaba a disolución do consistorio obtivo o que quería por decreto en 1906, pasando a ser os antes opositores alcalde e adxunto.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Cultura
[editar | editar a fonte]Biblioteca
[editar | editar a fonte]A biblioteca (Mediateca Norda) ocupa un pequeno edificio á beira da estación de ferrocarril. Ten (2025) uns 2000 volumes nunha única sala, sendo a mais pequena das mediatecas da Rhune.[3] O local for renovado, rematando as obras en xaneiro de 2025 e tomando o nome de Norda en honra de André Auguste Hontaas, alcumado Norda.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Biblioteca de Getaria / Guethary. Interior
-
Biblioteca de Getaria / Guethary. Edificio
-
Biblioteca de Getaria / Guethary
-
Biblioteca de Getaria / Guethary. Caseta de intercambio de libros
-
Bosquexo do interior da biblioteca
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nouvelle-Aquitaine siges". www.siges.fr (en francés). 2025-09-26. Consultado o 2025-10-05.
- ↑ "Géoportail". www.geoportail.gouv.fr. Consultado o 2025-10-05.
- ↑ En conversa con Catherine, bibliotecaria, 1/10/2025.Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria
- ↑ "Guéthary : la médiathèque adopte le nom de Norda". SudOuest.fr (en francés). 2025-01-30. Consultado o 2025-10-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guéthary |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Colectivo, Guéthary, Ekaina, 1991, 315 px.
