Grus nigricollis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Grus nigricollis
Grus nigricollis -Bronx Zoo-8-3c.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Gruidae
Xénero: Grus
Especie: G. nigricollis
Nome binomial
Grus nigricollis
Przhevalsky, 1876
GrusNigricollisMap.svg

Grus nigricollis é unha especie de ave gruiforme da familia Gruidae que habita en Asia. É unha grúa de tamaño medio que cría na meseta tibetana e pasa o inverno en zonas do noroeste do subcontinente indio e o leste da China. En Bután, son veneradas na tradición budista e están protexidas culturalmente en toda a súa área de distribución. Existe un festival en Bután na honra destas aves e o estado indio de Jammu e Caxemira considéraa a súa ave oficial.

Descrición[editar | editar a fonte]

Detalle da súa cabeza.

Mide uns 139 cm de longo, ten unha envergadura alar de 235 cm e pesa arredor de 5,5 kg. A súa plumaxe é principalmente gris esbrancuxada, coa testa, a parte superior do pescozo e cola negros, ademais das súas plumas primarias e secundarias. O seu píleo é vermello e ten unha pequena mancha branca xunto á parte posterior do ollo. O iris dos seus ollos é amarelo esbrancuxado. O seu peteiro é claro mentres que as súas patas son negras. Ámbolos dous sexos teñen un aspecto semellante. A súa cola negra diferénzaa facilmente do grou, que a ten gris.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Grus nigricollis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 10 de maio de 2014. 
  2. Ali, S & S D Ripley. Handbook of the birds of India and Pakistan 2 (2 ed.). Oxford University Press. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]