Grupo de Traballo Galego de Londres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grupo de Traballo Galego de Londres
Tipoasociación cultural
Data de fundación1970
SedeLondres
PaísReino Unido
editar datos en Wikidata ]

O grupo de traballo galego de Londres (GTG) é unha asociación fundada no 1970, por causa da aprobación da Ley General de Educación (LGE) que por primeira vez incorporaba ao sistema educativo as linguas vernáculas de cada comunidade autónoma, onde os estudantes podían coller a súa lingua como unha materia optativa ou coa posibilidade de pedir exención. Este feito foi para os eruditos unha chamada de atención para comezar a traballar desde o estranxeiro a lingua galega.

A orixe deste nome, fundado por Xavier Toubes, provén de que ía ser unha cooperativa para traballar e non para falar.

Historia[editar | editar a fonte]

Este conxunto divídese en épocas: desde a primeira até a quinta que corresponde coa da actualidade.

Primeira época[editar | editar a fonte]

No 1964 Fernando Pérez-Barreiro Nolla e a súa muller Teresa Barro mudáronse a Londres por cuestións de traballo e descontento co réxime franquista. Debido ao requisito de contrato de traballo para entrar e quedar no país, había moi poucos españois e galegos polo que era case inexistente o trato con eles en Inglaterra. En Londres tiveron contacto con Carlos Durán xunto con Xavier Toubes descoñecendo a este último. Máis adiante chega Manolo Fernández Gasalla co propósito de probar fortuna en terras británicas.

Alén disto, en xullo do 1970, Teresa Barro e máis o seu marido volven á Coruña por uns meses onde teñen ao seu terceiro fillo. En setembro viran para Londres onde fundaron oficialmente o grupo, tendo as reunións os sábados na casa do matrimonio. Comezaron o seu labor de traballo mandando cartas e boletíns á mestres de Galiza e á xente interesada onde informaban da creación deste, obtendo respostas de apoio como Manuel Rodrigues Lapa, Agostinho da Silva, Ricardo Carballo Calero, Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ramón Piñeiro e Xosé Manuel Beiras. No mesmo ano, Ramón Piñeiro aconsellou a Teresa Barro que fixera un plan pedagóxico alternativo para Galiza, facéndolle caso, o publicou con Carlos Durán na revista Grial e tamén foi asignado co nome do Grupo, mais no ano 1974 o Grupo de Traballo Galego da primeira época decidiron non traballar máis e pensaron que era o fin desta organización.

Segunda e terceira época[editar | editar a fonte]

Ricardo Palmás, arxentino fillo de pais galegos, chegou a mediados dos 70 a Londres despois de que tratara con grandes escritores galegos como Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo e Rafael Dieste que estaban nese momento na Arxentina. Xosé Manuel Beiras levou a Palmás á Santiago de Compostela para ser partícipe nun proxecto. Este último torna á Londres no 1978 onde acrecentan amizade e é no 1979 cando chegan á conclusión de que necesitan unha segunda etapa do GTG para intentar cambiar a situación de Galiza

Nesta etapa do grupo aínda seguían a reunirse os sábados pola tarde na casa de Teresa e Fernando, tamén seguían escribindo boletíns que enviaban tanto a fóra como a dentro de Galiza. Non ían asinados por eles senón que se enviaban de maneira anónima pero cabe destacar que non clandestinamente.

Canto á terceira época foi moi seguida da segunda mais no ano 1984 pararon de facer boletíns e de traballar no grupo.

No ano 2004, Fernando e Teresa apesarados pola situación que vivía Galiza, chegaron á conclusión que o boletín era unha boa maneira de achegar pensamento e reflexión á xente. Xa nesta época faleceron Manolo Gasalla e Ricardo Palmás. O matrimonio pensou en colgar o boletín na Internet intentando contar coa axuda de Toubes e a viúva de Gasalla, así foi que comezaron a cuarta época do GTG aínda que preferirían ter máis integrantes. Teresa máis Fernando levaban a cabo as correspondentes actividades como adoitaban facer antes, incluso mantendo as reunións a pesar de viviren na mesma casa. É no 2000 cando incluso se chegan a comparar co Think Tank, aínda que non se soubera nada deles até os 90.

Cuarta época[editar | editar a fonte]

Esta etapa comezou no ano 2002, en Londres, e seguiu en Lancaster, cidade onde se mudaron Fernando e Teresa, mais Fernando morreu en xaneiro de 2010. Isto supuxo un punto de inflexión no desenvolvemento do GTG, porén Teresa atopou un correo dun mozo que vivía na cidade onde se formou o grupo, dicindo que estaba interesado nesta fundación e que ao igual que el, había máis galegos e galegas preparados que querían colaborar. Despois disto, Teresa e o mozo decidiron levar a cabo a quinta época e a pesar de que todos vivían en Londres menos ela, a reunión fundacional foi en Lancaster. Teresa ten a esperanza de que o GTG volva renacer no 2011 xunto con esa xente tan preparada e que tal e como ela di, “axudará a que Galicia desenvolva a súa personalidade, acade unha visión orixinal e destemida e chegue a ocupar un lugar destacado no mundo.”[Cómpre referencia]

Quinta época[editar | editar a fonte]

Neste período do GTG, abandonan a referencia da cidade de Londres, para xustificar que hai moitos galegos arredor do mundo e non só en Inglaterra.

Na actualidade[cando?] hai que comprender que hai moita emigración en Galiza, polo que se definiron dous tipos de Galiza “a de fóra e a de dentro” polo que esta nova xeración do GTG quere abolir esta segmentación co motivo de demostrar que só hai unha Galiza e non se admiten ningún tipo de divisións.[Cómpre referencia] O GTG define Galiza como “unha adolescente á que non lle gusta o seu corpo. Intenta mutilalo, modificalo. Despreza a súa propia xeografía. Interpreta a palabra “progreso” como a destrución da natureza e o rexeitamento de todo o que non sexa urbano.” Este grupo propón que Galiza debe rebelarse contra as estruturas existentes no país. E quere que a xente faga reflexión sobre cuestións como: cales foron os grandes fracasos da sociedade galega; que é o que a levou a ter as estruturas que ten hoxe Galiza ou cales poden ser as solucións á esta situación. Por último intentan concienciar de que Galiza ten que empezar unha nova etapa e de que é a hora de que os galegos se ergan para superar a situación da súa terra.

Os criterios[editar | editar a fonte]

Cada un dos integrantes do grupo pertencían ao partido político PSdG, mais intentaron en todo momento que as súas ideoloxías políticas non se relacionaran co grupo. Os criterios que tiña este grupo foron cambiando paulatinamente. Nos inicios os fundadores tiñan como obxectivo potenciar o ensino do galego entre os profesores. Nun principio consideráronse un grupo independente, alleo a partidos políticos.

Para ser un grupo alternativo subvencionábanse eles mesmos, para así manter a independencia, mais unha vez rematada a primeira época houbo un cambio nos criterios da cooperativa, esta vez ían entrar de cheo no ámbito político, dado que no 1978 a ditadura franquista xa non estaba en España, e daquela había moita máis liberdade de pensamento e opcións. Xa na quinta etapa notábase certa ruptura mais ao mesmo tempo seguían coa tónica do grupo: “sempre rachou con todo, coas eivas e coas lacras que impediron o desenvolvemento normal de Galicia, e que, corenta anos máis tarde, aínda o impiden. Por iso, rachar con elas segue sendo necesario.”

Integrantes[editar | editar a fonte]

Primeira etapa
  • Fernando Pérez-Barreiro Nolla (fundador)
  • Teresa Barro (fundadora)
  • Carlos Durán
  • Xavier Toubes
  • Manolo Fernández Gasalla
Segunda etapa
  • Teresa Barro
  • Fernando Pérez-Barreiro Nolla
  • Ricardo Palmás
  • Carmen Vázquez
  • Xavier Toubes
  • Manolo Fernández Gasalla
Terceira etapa
  • Fernando Pérez-Barreiro Nolla
  • Teresa Barro
  • Ricardo Palmás
  • Manolo Fernández Gasalla
Cuarta etapa
  • Fernando Pérez-Barreiro Nolla
  • Teresa Barro (Fundadora)
Quinta etapa
  • Teresa Barro
  • Inma Gil Rosendo
  • Eva Moreda
  • Susana malleiro Vázquez
  • Melissa Caramés Asorey
  • Adriana Páramo Pérez
  • Raimundo Vázquez Villaverde

Plan pedagóxico galego[editar | editar a fonte]

O plan pedagóxico galego menciona o país de Gales. O galés ten recoñecemento oficial e desfruta de moitas facilidades como por exemplo a impresión de libros en galés está subvencionada con fondos públicos, hai programas de televisión na lingua vernácula etc. Explica o porque hai que conservar as falas vernáculas.

Galiza: neste plan pedagóxico a autora di: “o primeiro factor distintivo da situación bilingüe de Galicia é que o Galego non é lingua minoritaria. É -aínda- a lingua da maioría do pobo galego, a de Portugal, Brasil, Angola, Mozambique e outros pobos de África e Asia.

O segundo factor distintivo é que os galegos teñan vergoña de falar na súa lingua. A lingua romance máis prestixiosa da península.

A lingua galega sufriu un proceso de humillación que durou séculos;[Cómpre referencia] unha lingua antes prestixiosa e refinada, chegou a ser dentro de España sinónimo de ignorancia.[Cómpre referencia]

Ao analizar a situación da lingua vernácula en Galicia hai que recoñecer dous feitos: o pobo galego non elixiu estes séculos falar galego, falouno porque non tiña outro remedio, é dicir, porque non sabían falar castelán, a lingua galega como resultado do seu illamento rural está empobrecida.

O obxectivo do ensino da lingua galega terá de ser o de acadar esa facultade de expresión plena. O cultivo da lingua galega deberase facer en todos os niveis de ensino. Tamén sería aconsellable que se creara sociedades locais de defensa da lingua galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]