De amor e desamor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Grupo de Amor e Desamor»)
De amor e desamor
Tipocolectivo literario
Data de fundaciónanos 1980
Nº de membros8 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

De amor e desamor foi un colectivo poético[1] fundado en 1984 na cidade da Coruña.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Integrárono[2] Lino Braxe, Xosé Devesa (José-Maria Monterroso Devesa), Miguel Anxo Fernán-Vello, Miguel Anxo Mato Fondo, Pilar Pallarés, Lois Pereiro, Manuel Rivas, Francisco Salinas Portugal, Xavier Seoane e Xulio López Valcárcel.

De amor e desamor deu título tamén a dous volumes[1] aparecidos en 1984 e 1985, editados por Ediciós do Castro e hoxe fóra de catálogo, que incluían textos dos membros do grupo. A súa posta en escena[3] foi o recital[4] de formato clásico, apoiado ás veces en músicos coma Alfonso Morán ou César Morán. As presentacións do colectivo contaron con gran asistencia de público.

Tras disolverse De amor e desamor moitos dos seus autores e autoras seguiron destacando en solitario. No ano 2010 celebrouse o XXV aniversario do colectivo cun recital poético[5]. Lois Pereiro foi homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas no ano 2011.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cordal, Xabier (23/1/2009). "De amor e desamor: 25 anos". Galicia Hoxe. 
  2. "De amor e desamor - Literalingua". www.blogoteca.com. Consultado o 10/9/2022. 
  3. "O grupo poético De Amor e Desamor celebra os seus 25 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-01-15. Consultado o 10/9/2022. 
  4. Ferreiro, Alfredo (2009-01-15). "O colectivo poético De Amor e Desamor celebra os 25 anos". O levantador de minas (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2022. Consultado o 10/9/22. 
  5. ""De amor e desamor". Gala XXV Aniversario.". Consultado o 10/9/2022.