Grupo Farmacéutico Chiesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da compañía.

O Grupo Farmacéutico Chiesi é unha compañía farmacéutica multinacional con sede en Parma.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada en 1935, Chiesi centra as súas actividades no desenvolvemento de fármacos para o aparello respiratorio, cardiovascular, muscular, esquelético e para neonatoloxía. Ademais dos fármacos desenvolvidos nos propios laboratorios de Chiesi, tamén ten unha política de alianzas con moitas empresas farmacéuticas internacionais. A compañía conta con arredor de 3.500 empregados entre Italia e as súas sedes no resto do mundo. Ademais, conta con 550 patentes internacionais e emprega a aproximadamente 300 investigadores de centros de investigación en Parma, París e Rockville, Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.