Grumman F6F Hellcat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grumman F6F Hellcat
Tipocaza embarcado
FabricanteGrumman
Primeiro voo26 de xuño de 1942
Introducido1943
Retirado1960
Principais usuariosArmada dos Estados Unidos
Corpo de Marines dos Estados Unidos
Royal Navy
Armada de Francia
Produción1942 - 1945
Unidades construídas12 275

O Grumman F6F Hellcat é un caza embarcado estadounidense da segunda guerra mundial. Deseñado para substituír o anterior F4F Wildcat e contrarrestar ao Mitsubishi A6M Zero xaponés, foi o caza dominante na Armada dos Estados Unidos na segunda metade da campaña do Pacífico. Nese rol prevaleceu sobre o seu competidor máis rápido, o Vought F4U Corsair, que tivo problemas de visibilidade e coas aterraxes en portaavións.

Impulsado por un Pratt & Whitney R-2800 Double Wasp de 2 000 cabalos, o mesmo motor usado tanto polo Corsair como polo Republic P-47 Thunderbolt da USAAF, o F6F era un deseño completamente novo, pero asemellábase ao Wildcat en moitos aspectos.[1] Algúns observadores militares etiquetaron ao Hellcat como o "irmán maior do Wildcat".[2]

O F6F fixo a súa estrea en combate en setembro de 1943, e foi coñecido sobre todo como un caza embarcado resistende e ben deseñado, que era capaz de superar ao A6M Zero e axudar a asegurar a superioridade aérea no teatro do Pacífico. En total 12 275 unidades foron construídas en pouco máis de dous anos.[3]

Os Hellcat foron acreditados coa destrución de 5 223 aeronaves inimigas en servizo coa Armada dos Estados Unidos, o Corpo de Marines, e na Fleet Air Arm (FAA) da Royal Navy.[4][5] Os Hellcat derrubaron máis avións inimigos que calquera outra aeronave embarcada aliada.[6] Tras a guerra os Hellcat foron retirados da primeira liña de servizo nos Estados Unidos, pero os F6F-5N equipados con radar estiveron en servizo ata 1954 como cazas nocturnos.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thruelsen 1976, p. 135
  2. Sullivan 1979, p. 4.
  3. Kinzey 1996, p. 4
  4. Tillman 1996, p. 81
  5. Tillman 1996, pp. 78-79
  6. Murray, Williamson (2002). War in the air, 1914-1945. London: Cassell Military. ISBN 0-304-36210-7. OCLC 51669096. 
  7. "Goldilocks Fighter: What Made the F6F Hellcat “Just Right”?". HistoryNet (en inglés). 2017-03-08. Consultado o 2022-05-06. 
  8. "F6F-5N HELLCAT". Erickson Aircraft Collection (en inglés). Consultado o 2022-05-06. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kinzey, Bert. F6F Hellcat in detail and scale: Revised edition (D&S Vol.49). Carrollton, Texas: Squadron/Signal Publications Inc., 1996. ISBN 1-888974-00-1.
  • Sullivan, Jim. F6F Hellcat in action. Carrollton, Texas: Squadron/Signal Publications Inc., 1979. ISBN 0-89747-088-5.
  • Thruelsen, Richard. The Grumman Story. Westport, Connecticut: Praeger Publishers, 1976. ISBN 0-275-54260-2.
  • Tillman, Barrett. Hellcat Aces of World War 2. London: Osprey Aerospace, 1996. ISBN 1-85532-596-9.