Groasis waterboxx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Groasis waterboxx é unha caixa de plástico que recolle a auga da chuvia e do orballo da noite, manténdoa no interior para subministrarlla paulatinamente á pequena árbore que protexe. Esta caixa permite plantar árbores ou arbustos en rochas, montañas, xardíns, áreas queimadas ou desertizadas ou calquera outro lugar, sen axuda de rego, cunha alta porcentaxe de éxito (do 90% ou superior). En climas temperados o Groasis waterboxx produce un crecemento dun 15 a un 30% mais rápido, e defende as árbores dos roedores, más herbas e períodos de seca (pois distribúe a auga durante longos períodos).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]