Grigor Parlichev
Nome orixinal | (bg) Григор Пърличев |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (bg) Григор Ставрев Пърличев 18 de xaneiro de 1830 Ohrid (Imperio Otomán) |
Morte | 25 de xaneiro de 1893 (63 anos) Ohrid (Imperio Otomán) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Otomán |
Educación | Universidade de Atenas - medicina, filosofía |
Actividade | |
Ocupación | lingüista , escritor , tradutor , poeta , mestre |
Lingua | Lingua búlgara, lingua grega e lingua grega moderna |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Cyril Parlichev (en) |
Parentes | Cyril Parlichev (en) (bisneto) Petar Manev (en) (neto) Hristo Popsimov (en) (neto) |
Grigor Stavrev Parlichev (búlgaro: Григор Ставрев Пърличев; grego:Γρηγόριος Σταυρίδης; macedonio Григор Прличев:Григор Прличев), nado o 18 de xaneiro de 1830 en Ohrid e finado na mesma cidade o 25 de xaneiro de 1893 foi un escritor e tradutor búlgaro,[1][2][3] considerado macedonio en Macedonia do Norte.[4][5][6][7]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no entón Imperio Otomán, Parlichev estudou nunha escola grega en Macedonia. Na década de 1850 traballou como profesor de grego en Tirana, Prilep e Ohrid. En 1858 Parlichev principiou a estudar medicina en Atenas mais pasou á Facultade de Lingüística en 1860. Ese mesmo ano Parlichev participou na competición poética anual que organizaba a Universidade de Atenas, gañando o primeiro premio polo seu poema "O Armatolos" (Ο Αρματωλός), escrito en grego. Aclamado como un "segundo Homero", a universidade ofreceulle bolsas de estudo nas universidades en Oxford e Berlín pero Parlichev declinou o ofrecemento.
En 1862 Parlichev uniuse á loita por unha igrexa búlgara independente e polo establecemento de escolas búlgaras, malia iso continuou a ensinar grego. Despois de pasar un tempo en Constantinopla en 1868 familiarizándose coa literatura en antigo eslavo eclesiástico, volveu a Ohrid defendendo a substitución do grego polo búlgaro nas escolas e as igrexas da cidade. Nese ano as autoridades arrestárono e pasou varios meses nunha prisión otomá ata que o bispo grego de Ohrid pediu a súa liberación.
A partir de 1869 Parlichev ensinou búlgaro en varios lugares do Imperio, como Struga, Gabrovo, Bitola, Ohrid e Tesalónica. En 1870 Parlichev traduciu o poema premiado pola universidade unha década antes ao búlgaro para popularizalo entre a audiencia búlgara, só se conserva un fragmento. Escribiu tamén o poema Skanderbeg. En 1880 participou na creación do primeiro centro de educación secundaria en búlgaro de Macedonia, na cidade de Tesalónica.
Ata a súa morte Parlichev continuou escribir só en búlgaro, publicando poemas e artigos en diversos periódicos e unha autobiografía (1884). Parlichev foi o primeiro tradutor búlgaro da Ilíada de Homero, que recibiu fortes críticas polo seu estilo e pola elección da variedade dialectal. O búlgaro na época non tiña unha norma aceptada, existindo múltiples propostas para a súa codificación, e mestres Parlichev utilizou noutras obras unha lingua fortemente influída polo antigo eslavo eclesiástico, na Iliada utilizou o dialecto nativo de Ohrid, que el consideraba búlgaro pero moi diferente da norma baseada nos dialectos orientais que acabou establecéndose como estándar da lingua búlgara. Por iso está considerado como a figura fundadora da, posteriormente estandarizada, lingua macedonia.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Language and national identity in Greece, 1766-1976, Peter Mackridge, Oxford University Press, 2009, ISBN 0-19-921442-5, p. 189. Books.google.com. Consultado o 2013-11-18.
- ↑ Detrez, Raymond (2007). Canonization through Competition: The Case of Grigor Părličev (part of the "Literature Thoughts collection"). Literature institute. pp. 57–58.
- ↑ Becoming Bulgarian: the articulation of Bulgarian identity in the nineteenth century in its international context: an intellectual history, Janette Sampimon, Pegasus, 2006, ISBN 90-6143-311-8, pp. 61; 89; 124.
- ↑ Григор Пърличев, Автобиография, "Избрани произведения", Бълг. писател, София, 1970, гл. 16.
- ↑ Macedonia and Greece: The Struggle to Define a New Balkan Nation, John Shea, p. 199. Books.google.mk. Consultado o 2013-11-18.
- ↑ "Gligor Prlicev". Cs.earlham.edu. Consultado o 2013-11-18.
- ↑ Prlicev and Sazdov, Gligor,Tome. Izbor. Matica. ISBN 978-86-15-00214-5.
- ↑ L. M. Danforth: The Macedonian Conflict: Ethnic Nationalism in a Transnational World, Princeton University Press 1995, p.50, 62.